Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR486A - Subvencións a concellos para infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais
1. Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2017, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións de concellos, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, que se indican a seguir:
a) Instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública.
b) Pavimentación de vías públicas municipais, que non estean incluídas no programa de mellora de camiños de titularidade municipal.
c) Construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de espazos públicos: prazas, paseos, rúas, parques públicos e parques infantís.
d) Construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos básicos e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias.
e) Construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de instalacións deportivas de uso público e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.
2. Para rendibilizar os recursos económicos das administracións públicas, en cumprimento dos principios de eficacia, eficiencia e economía que debe presidir toda actividade administrativa, as actuacións previstas na presente orde e integradas dentro da correspondente medida do PDR evitarán toda duplicidade con outras actuacións financiadas con cargo ao programa e xestionadas polas distintas unidades administrativas da Xunta de Galicia.
3. O obxecto desta orde, de conformidade coa submedida 7.40 do PDR 2014-2020, é proporcionar á poboación rural os servizos básicos que cubran as súas principais necesidades, proporcionando benestar e facilitando a implantación de actividades que poidan xerar emprego e fixar poboación, apoiando a implantación e mellora dos servizos á poboación rural e procurando satisfacer as novas necesidades dos habitantes e das empresas das áreas rurais.
Gastos subvencionables e requisitos dos proxectos.
1. Para os efectos desta orde, considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante, con posterioridade á presentación da solicitude da axuda, como consecuencia da realización de proxectos acordes cos requisitos e criterios indicados neste artigo.
2. Para ter a consideración de gastos subvencionables deben respectar o previsto no artigo 45 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005, do Consello, e demais normativa de aplicación.
3. Serán gastos subvencionables aqueles que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser proxectos que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto antes da resolución de concesión da subvención sempre que acrediten que non está iniciado na data de solicitude da axuda mediante acta que reflicta fidedignamente o non inicio da obra ou instalación, na forma establecida nos artigos 6 e 7 destas bases reguladoras.
Non obstante, consideraranse subvencionables os custos xerais previstos no artigo 45.2.c) do Regulamento (UE) 1305/2013, tales como honorarios de arquitectos e enxeñeiros, e a compra de terreos ata un 10 % dos custos totais subvencionables da operación de que se trate, aínda que estes gastos sexan anteriores á presentación dunha solicitude de axuda, sempre que se trate de gastos imputables ao exercicio orzamentario 2017.
b) En todo caso, as subvencións están destinadas á realización de investimentos, polo que serán subvencionables a execución de obras e a adquisición de equipamentos que sexan imputables ao capítulo VI do orzamento de gastos da entidade local, de conformidade coa clasificación económica establecida pola Orde EHA/3565/2008, do 8 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais.
c) A actuacións que se subvencionarán deberán responder ás seguintes tipoloxías:
a. Construción, adquisición ou mellora de inmobles.
A adquisición de terreos será subvencionable sempre que se cumpran as seguintes condicións:
1. Non estar edificados, ou que o estean con construcións que teñan que ser demolidas como medio para o desenvolvemento e execución da actividade subvencionable.
2. Que importe do investimento aplicable á adquisición de terreos non supere o 10 por cento do importe total dos gastos subvencionables da operación.
3. Presentar un certificado dun taxador independente debidamente acreditado ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, en que se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado.
No tocante á compra de edificios, o importe do investimento aplicable á adquisición do edificio, non superará o 10 por cento do importe total dos gastos subvencionables da operación. Deberá achegarse certificado de taxador independente debidamente acreditado ou de órgano ou organismo público debidamente autorizado, no cal se confirme que o prezo de compra non excede o valor de mercado.
Os edificios non poderán ter recibido, nos últimos dez anos, ningunha subvención nacional ou comunitaria e non poderán ter albergado servizos comunitarios de carácter público.
b. Obra civil, maquinaria e bens de equipo, incluídos os soportes lóxicos de ordenador, así como outros investimentos materiais e inmateriais necesarios para a execución do proxecto.
c. Custos xerais asociados aos investimentos que se efectúen, tales como honorarios de arquitectos e enxeñeiros. O importe total dos custos xerais non poderá superar o máximo do 12 % do investimento subvencionable.
d) Serán proxectos completos (fase única) e susceptibles da súa posta en servizo inmediata como consecuencia directa da execución do proxecto subvencionado. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.
4. Sen prexuízo de calquera outra actuación que non se considere subvencionable como consecuencia do previsto nesta orde, na normativa xeral de subvencións ou na normativa específica que regula os fondos Feader, en ningún caso serán subvencionables:
a) O imposto sobre o valor engadido (IVE).
b) A adquisición de terreos por un importe superior ao 10 % do total dos gastos subvencionables da operación de que se trate.
c) Os gastos orixinados para a creación ou adquisición de bens que reúnan as seguintes características:
1) Ser bens funxibles.
2) Ter unha duración previsiblemente inferior ao exercicio orzamentario.
3) Non ser susceptibles de inclusión en inventario.
4) Ser gastos previsiblemente reiterativos.
d) Sen prexuízo do establecido no artigo 20.3, e para os efectos do previsto no artigo 1.2 destas bases reguladoras non serán subvencionables os proxectos de enerxías renovables, os proxectos relacionados coa prevención e extinción de incendios forestais e aquelas actuacións sobre a rede viaria municipal financiadas polo Programa de camiños de titularidade municipal e polo Plan marco de mellora de camiños municipais. Tampouco serán subvencionables os investimentos que substitúan outros financiados anteriormente polo Feader e nos que aínda non pasasen cinco anos desde a certificación da súa realización, así coma os investimentos de reforma de locais cuxa construción ou adquisición fosen xa subvencionados anteriormente polo Feader e nos que aínda non pasasen 5 anos desde a súa execución.
e) Os investimentos de carácter inmaterial non incluídos no número 3.b) deste artigo, as obras de reparación e de mantemento, como rozas e limpezas de gabias ou reparación de fochas en vías públicas, as simples substitucións de lámpadas ou luminarias na luz pública ou a substitución ou reparación de pezas illadas en mobiliario ou equipamentos públicos.
Aqueles concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que teñan menos de 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 1 de xaneiro de 2015, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.
b) Ter remitidas as contas do concello correspondentes ao exercicio orzamentario de 2015 ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
No caso de agrupación ou asociación de concellos, deberán cumprir con estes requisitos todos os concellos agrupados ou asociados. A falta de acreditación do requisito de remisión das contas ao Consello de Contas por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención supoñerá a inadmisión desta.
a) Cada concello poderá presentar ata dúas solicitudes, sempre e cando unha delas sexa individual, e a outra sexa unha solicitude conxunta, de agrupacións ou asociacións de concellos. En todo caso, ambas as solicitudes deberán ser para actuacións diferentes.
A inclusión dun concello nunha solicitude de xestión compartida dunha asociación ou agrupación de concellos exclúe a posibilidade de participar con outros concellos noutra solicitude e só é compatible coa presentación dunha solicitude individual de concellos.
Cando o órgano tramitador observe que un concello participa en máis dunha solicitude individual de concellos e/ou en máis dunha solicitude de agrupacións ou asociacións de concellos, poñerallo de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo.
De non se ter recibido a comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que o concello participe.
b) Con carácter xeral, cada solicitude corresponderase cun único proxecto, aínda que en cada proxecto se poderá incluír máis dunha actuación. Malia o anterior, nas solicitudes para investimentos presentadas por agrupacións ou asociacións de concellos cada proxecto deberá corresponderse cunha única actuación e constituirá causa expresa de inadmisión a presentación de solicitudes conxuntas para a realización dun proxecto de investimento que inclúa máis dunha actuación.
c) Os proxectos non poderán estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto antes da resolución de concesión da subvención sempre que acrediten que non está iniciado na data de solicitude da axuda mediante acta expedida por un/unha técnico/a que teña a condición de empregado público, no modelo do anexo VI que reflicta fidedignamente que non se iniciaron traballos previstos na solicitude de subvención.
Para os efectos desta orde, considerarase proxecto aquela actuación ou conxunto de actuacións, susceptibles de definición individualizada, para as cales se solicita subvención.
Cada actuación virá definida no documento que corresponda segundo a súa tipoloxía:
a. Equipamento: memoria detallada e valorada.
b. Obras: proxecto/s ou anteproxecto/s.
O orzamento total da solicitude, e xa que logo do proxecto, é o resultado da suma dos orzamentos parciais das actuacións que o integran, con exclusión do IVE.
d) Que sobre os terreos ou predios en que se pretende realizar as actuacións o concello teña a titularidade municipal e a plena dispoñibilidade ou unicamente a dispoñibilidade. Estes requisitos deberán estar cumpridos antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditaranse mediante a certificación emitida pola secretaría do concello solicitante no modelo do anexo II ou pola secretaría do concello representante no modelo do anexo III, segundo proceda. Neste último caso, a certificación emitirase de acordo coa emitida pola secretaría do concello que teña a titularidade ou a dispoñibilidade dos terreos ou predios en que se vaian desenvolver as actuacións que integran o proxecto.
Para os efectos desta orde entenderase que existe plena dispoñibilidade cando as actuacións para as cales se solicita subvención non están pendentes de ningunha autorización ou licenza urbanística ou sectorial tanto municipal como por parte doutros organismos ou administracións públicas en materia de dominio público hidráulico, patrimonio cultural ou estradas, entre outras, ben por dispoñer dela ou por non ser preceptiva.
Sen prexuízo do anterior, para os efectos do establecido no artigo 198.5 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, entenderase que concorre a plena dispoñibilidade se non existe limitación para o uso pretendido, acreditada nun informe urbanístico favorable.
e) Que existe acordo do concello polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde con base no proxecto, anteproxecto ou memoria detallada ou valorada, segundo o caso, e se aceptan expresamente as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela. Este acordo deberá estar adoptado antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante certificación emitida pola secretaría do concello solicitante no modelo do anexo II ou pola secretaría do concello representante no modelo do anexo III. Neste último caso emitirase a certificación con base nos acordos adoptados, antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, por cada un dos concellos que integran a asociación ou agrupación, e incluirá a designación dun/dunha alcalde/alcaldesa como representante único que actuará como coordinador/a e interlocutor/a ante a Dirección Xeral de Administración Local e será quen reciba e xustifique a subvención.
f) Sen prexuízo doutros supostos en que proceda a inadmisión da solicitude, para as solicitudes formuladas por agrupacións ou asociacións de concellos establécese expresamente a inadmisión daquelas solicitudes en que non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para a cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.
Para os efectos desta orde, consideraranse solicitudes conxuntas aquelas que supoñan a execución de actuacións ou a prestación de servizos en beneficio dos intereses comúns das entidades agrupadas.
Os concellos que desexen formular unha solicitude conxunta, deberán regular a agrupación ou asociación mediante un convenio de colaboración que achegarán xunto coa solicitude e que terá o contido mínimo obrigatorio que se establece no artigo 7.8 desta orde.
O incumprimento de calquera das condicións ou requisitos establecidos neste artigo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes constituirá causa de inadmisión da solicitude, sen prexuízo de calquera outra que poida derivar da normativa aplicable.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais
Praza de Europa, 5-A, 4º - Polígono de Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546220
Fax: 981546569
Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais
Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2017).
Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se amplía a dotación económica e se modifica o prazo de execución e xustificación dos proxectos subvencionados, establecidos na Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2017)
Orde do 14 de agosto de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 161 do 25 de agosto de 2017).
Orde do 27 de outubro de 2017 pola que se modifica o prazo de execución e xustificación dos proxectos subvencionados, establecidos na Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 207 do 31 de outubro de 2017).
Resolución do 8 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 20 de xaneiro) (DOG nº 45 do 5 de marzo de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
21/01/2017 00:00 - 20/02/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
-
Documentación que integra a solicitude individual:
Para solicitar as subvencións que se regulan mediante esta orde, o concello peticionario presentará a documentación que se indica a continuación:
1. Solicitude no modelo normalizado que se xunta como anexo I (PR486A) a esta orde.
2. Declaración responsable asinada polo representante do concello solicitante, incluída no anexo I desta orde, na cal se fai constar:
a) O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos e o compromiso de comunicar de contado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
-
b) Que o concello non está incurso en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.
Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que o concello está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non e debedor por resolución de procedemento de reintegro.
c) Que todos os datos contidos na solicitude, incluídos os relativos á conta bancaria en que se realizará o pagamento da subvención, de ser o caso, e nos documentos que se achegan son certos.
3. Certificación emitida polo/pola secretario/a do concello solicitante no modelo do anexo II, na cal se faga constar:
a) O acordo do concello polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela. No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
b) A remisión das contas do concello ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario de 2015, á cal fai referencia o artigo 3.1.b) desta orde. No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de remisión ao Consello de Contas e non se admitirán aquelas en que non se faga constar a data de remisión. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
c) A titularidade e plena dispoñibilidade ou unicamente a dispoñibilidade do concello sobre os terreos e predios no/s que se van desenvolver as actuacións. Deberá quedar acreditado que o/s concello/s, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, xa e titular ou son titulares dos terreos ou predios e/ou teñen a dispoñibilidade sobre eles. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
Naqueles supostos en que o concello teña unicamente a dispoñibilidade sobre os terreos, deberá quedar acreditado que a manterá durante o período mínimo de cinco anos.
O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
d) Dereitos recoñecidos netos (capítulos I, II e III do estado de ingresos) do orzamento liquidado da entidade do ano 2015, para o cálculo do esforzo fiscal do concello.
4. Memoria xustificativa da necesidade das obras ou equipamentos para as cales se solicita a subvención, asinada polo representante da entidade local.
5. Acta expedida no modelo do anexo VI por un/unha tecnico/a, que teña a condición de empregado público, que reflicta fidedignamente que non se iniciaron os traballos previstos na solicitude de subvención na data de presentación desta.
6. Ademais da documentación indicada nos puntos anteriores, nas solicitudes de subvención para obras, deberá achegarse proxecto ou anteproxecto da obra que se vai realizar, co seguinte contido mínimo:
Memoria explicativa.
Orzamento detallado.
Planos a escala suficiente.
Plano do Sixpac indicando as coordenadas UTM de cada actuación.
No caso de parques infantís será obrigatoria a súa adaptación á normativa europea para este tipo de instalacións.
7. Nas solicitudes de subvención para equipamento, ademais da documentación indicada nos puntos anteriores, deberá achegarse unha memoria detallada e valorada do equipamento para os cales se solicita subvención, asinada polo representante do concello solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.
-
Documentación que integra a solicitude conxunta:
Para solicitar as subvencións que se regulan mediante esta orde, a agrupación ou asociación de concellos presentará a documentación que se indica a continuación:
1. Solicitude no modelo normalizado que se xunta como anexo I (PR486A) a esta orde.
2. Declaración responsable subscrita polo/pola alcalde/alcaldesa representante da asociación ou agrupación de concellos incluída no anexo I, na cal se fai constar, con base nas declaracións responsables emitidas polos/as alcaldes/as de cada un dos concellos asociados ou agrupados participantes na solicitude:
a) O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos e o compromiso de comunicar de contado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
b) Que ningún dos concellos integrantes da solicitude está incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.
Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que o concello está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non e debedor por resolución de procedemento de reintegro.
c) Que todos os datos contidos na solicitude, incluídos os relativos á conta bancaria en que se realizará o pagamento da subvención, de ser o caso, e nos documentos que se achegan son certos.
As declaracións orixinais emitidas polos concellos integrantes da asociación ou agrupación deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
3. Certificación emitida polo/a secretario/a do concello representante no modelo do anexo III, na cal se faga constar, con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos asociados ou agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos participantes na solicitude:
a) Que acordan solicitar subvención para as obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, mediante a fórmula de xestión compartida.
b) Que aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela. No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
c) O nomeamento do/a alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación ou asociación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a, perceptor/a e xustificador/a da axuda.
d) O compromiso solidario de execución e de aplicación solidaria da subvención.
e) Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do exercicio orzamentario 2015 ao Consello de Contas, segundo exixe o artigo 3.1.b) desta orde. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que a data de sinatura do certificado implicará que a data de remisión das respectivas contas ao Consello de Contas se efectuou en todo caso nunha data anterior á emisión do certificado.
f) A titularidade e plena dispoñibilidade ou unicamente a dispoñibilidade do concello ou concellos sobre os terreos e predios no/s que se van desenvolver as actuacións. Deberá quedar acreditado que o/s concello/s, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, xa e titular ou son titulares dos terreos ou predios e/ou teñen a dispoñibilidade sobre eles. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
Naqueles supostos en que o concello teña unicamente a dispoñibilidade sobre os terreos deberá quedar acreditado que a manterá durante o período mínimo de cinco anos.
O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
g) Certificación referida aos dereitos recoñecidos netos (capítulos I, II e III do estado de ingresos) dos orzamentos liquidados dos concellos do ano 2015, para o cálculo do esforzo fiscal da entidade solicitante.
h) Certificación referida ao importe total dos capítulos de gasto de capital dos orzamentos vixentes dos concellos participantes na solicitude.
Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta de referencia expresa ao contido determinado en calquera das letras desta alínea 3, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas ou asociadas, determinará a inadmisión da solicitude conxunta.
Os acordos orixinais emitidos polos concellos integrantes da asociación ou agrupación así como as certificacións emitidas polos/as secretarios/as destes concellos, entre as cales se atopará, en todo caso, a certificación de titularidade e plena dispoñibilidade dos terreos emitida polo/a secretario/a do concello en que se van desenvolver as actuacións, deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
4. Memoria xustificativa da necesidade das obras ou equipamentos para as cales se solicita a subvención, asinada polo representante da entidade solicitante.
Esta memoria xustificativa conterá unha memoria de aforro de custos, na cal se fará constar en cadro comparativo a diferenza dos custos da execución compartida respecto da execución individual por cada concello participante. Neste cadro comparativo consignaranse o importe do orzamento da actuación conxunta e os importes en euros que representen o cálculo do custo que a execución individual da actuación produciría para cada un dos concellos.
5. Acta expedida no modelo do anexo VI por un/unha tecnico/a, que teña a condición de empregado público, que reflicta fidedignamente o que non se iniciaron os traballos previstos na solicitude de subvención na data de presentación desta.
6. Ademais da documentación indicada nos puntos anteriores, nas solicitudes de subvención para obras, deberá achegarase proxecto ou anteproxecto da obra que se vai realizar, co seguinte contido mínimo:
Memoria explicativa.
Orzamento detallado.
Planos a escala suficiente.
Plano do Sixpac indicando as coordenadas UTM da actuación.
No caso de parques infantís será obrigatoria a súa adaptación á normativa europea para este tipo de instalacións.
7. Nas solicitudes de subvención para equipamento, ademais da documentación indicada nos puntos anteriores, deberá achegarse unha memoria detallada e valorada do equipamento para o que se solicita subvención, asinada polo representante do concello solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.
8. Convenio de colaboración que regule a asociación ou agrupación de concellos, co seguinte contido mínimo obrigatorio:
a) Concellos que subscriben o convenio e capacidade xurídica con que actúa cada unha das partes.
b) Obxecto do convenio, obxectivos e actuacións que acorden desenvolver para o cumprimento da actuación subvencionada, de ser o caso.
c) Designación de alcalde ou alcaldesa como representante único que actuará como coordinador/a e interlocutor/a ante a Dirección Xeral de Administración Local e será quen reciba e xustifique a subvención.
d) Os compromisos de execución asumidos por cada membro da asociación ou agrupación de concellos.
e) Porcentaxe e/ou importes de financiamento do proxecto que achegará cada un dos concellos participantes. En ningún caso a participación de cada un dos concellos poderá ser inferior ao 25 % do orzamento total do proxecto. En agrupacións ou asociacións de catro ou máis concellos, as porcentaxes de participación deberán ser a partes iguais.
f) O compromiso solidario de execución e de aplicación solidaria da subvención.
g) O compromiso de non disolver a agrupación ou asociación mentres non transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 65 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
-
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
-
A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
-
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.
-
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos.
Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a Concellos asociados ou agrupados.
Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a Entidades Locais.
Distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes.