Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT411A - Axudas a entidades locais para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental.
Actuacións subvencionables.
1. Serán subvencionables os traballos de asistencia técnica para a elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental que propoñan as entidades locais en materia de adaptación ao cambio climático, entendendo por tales, aquelas que contribúan a mellorar o comportamento das entidades locais fronte ao cambio climático, con base no estado ambiental actual (enerxía, residuos, sectores produtivos, ecosistemas singulares, cidadanía), e que axuden á definición das mellores opcións de adaptación ao cambio climático.
2. As entidades solicitantes poderán subcontratar a totalidade ou parte da realización da actividade subvencionada nos termos do artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Gastos subvencionables.
1. Terán a consideración de gastos subvencionables os custos realizados relacionados directamente coa actuación para a que se solicita a axuda.
2. Non terán a consideración de gastos subvencionables, os seguintes:
- Os gastos realizados fóra do prazo de execución establecido para o desenvolvemento da actuación obxecto de subvención.
- Os gastos non xustificados correctamente ou que non sexan obxecto de subvención, así como os gastos non imputables ao investimento.
- Ningún gasto propio da entidade solicitante tales como os gastos de persoal desta (tanto propio como contratado), gastos de mantemento e explotación (alugamento, comunidade, seguros, reparación e conservación do local e mobiliario da oficina ...), gastos de subministración como servizo de telecomunicación (teléfono, fax e internet), servizo de Correos, material de oficina, electricidade, auga e limpeza ...
- O IVE (imposto sobre o valor engadido), excepto cando non sexa recuperable. Os concellos e demais entidades de dereito público non teñen a consideración de suxeito pasivo, nos termos previstos no artigo 13, número 1, da Directiva 2006/112/CE do Consello, polo que o IVE soportado por estes se considerará subvencionable.
- As taxas de calquera tipo, así como os gastos financeiros.
- Así como todos aqueles gastos que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.
Obrigas dos beneficiarios.
1. As actuacións subvencionadas deberán ter o seu inicio a partir do día 1 de xaneiro de 2016 e estar rematadas, como máximo, o 30 de novembro de 2016.
2. Segundo o establecido no artigo 15, ordinal 3º, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, toda actividade ou material (incluído o que se difunda de maneira electrónica ou empregando medios audiovisuais) que se realice contando con financiamento obtido a partir destas axudas deberá incluír expresamente a colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como a imaxe da identidade corporativa deste departamento de acordo coas normas gráficas aprobadas para o efecto e que se poden consultar no enderezo web:
http://www.xunta.es/identidade-corporativa/composicion-con-presidencia-e-consellerias
3. Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o beneficiario deberá:
a) Recoñecer o apoio do Feder á operación, mostrando en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como unha referencia ao Feder que dá apoio á operación.
b) Durante a realización do proxecto o beneficiario informará o público do apoio obtido do Feder:
i. Facendo unha breve descrición no seu sitio da internet, en caso de que dispoña dun, da actuación, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión;
ii. Colocando, polo menos, un cartel con información sobre a actuación (dun tamaño mínimo A3), no cal se mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar visible para o público. Elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio facilitará modelos aos beneficiarios a través da súa páxina web.
4. Ceder, con carácter gratuíto e non exclusivo, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o dereito de utilización da información técnica, gráfica ou doutro tipo contida na documentación presentada, así como a resultante da realización da actuación subvencionada, para o seu uso e incorporación nos sistemas de información deste departamento autonómico.
- As entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas que se lles exixen no artigo 11 da Lei 9/2007.
- Ningunha entidade solicitante poderá presentar ou figurar en máis dunha solicitude de subvención, xa sexa individualmente ou de maneira agrupada.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541743
Fax: 981541750
Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria
Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 84 do 3 de maio de 2016).
Orde do 26 de maio de 2016 pola que se modifica o prazo de presentación de solicitudes previsto na Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 104 do 2 de xuño de 2016).
Prazo de presentación: PECHADO
04/05/2016 00:00 - 21/06/2016 23:59
Segundo a Orde do 26 de maio de 2016, amplíase o prazo de presentación das solicitudes de axuda ata o 21 de xuño, incluído
-
Xunto coa solicitude deberase presentar, ademais da documentación tecnica sinalada no artigo 7 desta orde, a xenerica que se relaciona a seguir:
-
a) Certificación do secretario ou secretaria do concello en que consten os seguintes aspectos:
-
O acordo adoptado polo órgano competente da entidade local polo cal se aproba a súa participación nesta convocatoria de axuda.
-
A representación que desempeña a persoa que asina a solicitude.
-
b) Tratándose de solicitudes presentadas por un concello para unha agrupación deles, deberá achegarse un documento asinado polo secretario ou secretaria de cada unha das entidades participantes, mediante o cal se autorice o solicitante para actuar no nome do seu concello na presente convocatoria.
-
c) No caso de presentar a solicitude unha agrupación de concellos de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberán facerse constar naquela os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles.
-
d) Acreditación de que a entidade local cumpriu o seu deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas. No caso das agrupacións, deberán acreditar este requisito todos os concellos que a forman.
-
e) Declaración responsable asinada polo representante legal de cada membro do proxecto de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se conceda a axuda.
-
f) Así mesmo, ademais do sinalado con anterioridade, a entidade solicitante deberá remitir calquera outra documentación que considere oportuna.
-
Documentación tecnica relativa á actuación obxecto da solicitude
Xunto coa documentación establecida no artigo 6 desta orde, deberase remitir unha memoria motivada da conveniencia e utilidade de elaborar unha estratexia de sustentabilidade ambiental no ámbito local a que representen a/as entidade/s solicitante/s, que deberá cumprir os seguintes puntos:
-
Non poderá superar as 10 páxinas de extensión.
-
Incluirá a información tecnica oportuna en relación cos datos e aspectos que a seguir se sinalan.
-
Contido da memoria explicativa:
-
1) Denominación e breve descrición da actuación obxecto de solicitude.
-
2) Enumeración e concreción dos motivos para a elaboración da estratexia, con base nas características e potencialidades (sociais, territoriais, ambientais, económicas, etc.) da/das entidade/s local/locais solicitante/s.
-
3) Obxectivos perseguidos e destinatarios, con especificación da poboación total beneficiada pola elaboración da estratexia de sustentabilidade. Será preciso neste punto facer referencia ás potenciais melloras ou beneficios ambientais que se pretenden coa elaboración da estratexia.
-
4) Se procede, e de forma detallada, as medidas de participación pública que se preven para a elaboración (e desenvolvemento) da estratexia de sustentabilidade ambiental.
-
5) Cronograma e duración da elaboración da estratexia, tendo en conta o prazo límite establecido no artigo 19.
-
6) Orzamento detallado do custo de elaboración da estratexia.
-
7) Financiamento (importe total da actuación solicitada, fontes e porcentaxe de subvención que se solicita sobre o custo total, se e o caso).
-
8) Calquera outra información que se considere de interese.
-
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
-
Será admisible unha única solicitude por entidade. Ademais, unha mesma entidade non pode figurar simultaneamente nunha solicitude individual e nunha agrupada.
-
A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
No caso de que algún dos documentos que vaia presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante superase os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
-
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Concesión do distintivo Bandeira Verde de Galicia.
Programa de axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia.
Subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal. Fondos de recuperación e resiliencia
Subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións destinadas á mellora da xestión dos biorresiduos. Fondos de recuperación e resiliencia.