Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE107D - Axudas autonómicas para investimentos na frota pesqueira de Galicia.
A finalidade destas axudas é a de contribuír á modernización da frota pesqueira galega mediante o financiamento de investimentos a bordo dos buques pesqueiros sempre que estes investimentos poidan servir para mellorar a seguridade a bordo, as condicións de traballo, a hixiene, a calidade dos produtos, o rendemento enerxético e a selectividade, sempre que iso non aumente a capacidade pesqueira dos buques, así como a substitución dos motores, as artes de pesca e aqueloutros investimentos que reduzan os descartes, o impacto da pesca no ecosistema mariño e aqueles que protexan as capturas e as artes dos depredadores salvaxes.
Investimentos obxecto de subvención.
1. Poderán ser elixibles ao abeiro desta orde os investimentos que se realicen a bordo dos buques e que teñan as seguintes finalidades:
a) Mellora da seguridade a bordo do buque.
b) Mellora das condicións de traballo.
c) Mellora das condicións de hixiene.
d) Mellora da calidade dos produtos.
e) Mellora da selectividade.
f) Substitución do motor cos condicionantes do artigo 7 desta orde.
g) Substitución das artes de pesca por outras máis selectivas cos condicionantes do artigo 8 desta orde.
h) Mellora do rendemento enerxético (substitución de motor auxiliar).
i) Mellora do rendemento enerxético distinta da letra h), que acade: optimizar a xeración de enerxía en relación coa súa demanda no buque, o aproveitamento da enerxía residual, así como aqueles investimentos que reduzan o consumo de combustible no buque.
2. Tamén poderán ser elixibles aqueles investimentos que:
I) Permitan a conservación a bordo das capturas en que o seu descarte non estea autorizado.
II) Reduzan o impacto da pesca en especies non comerciais.
III) Reduzan o impacto da pesca nos ecosistemas e fondos mariños.
IV) Protexan as capturas e as artes dos depredadores salvaxes, sempre que non aumenten o esforzo pesqueiro nin se prexudique a selectividade das artes de pesca e se adopten todas as medidas adecuadas para evitar que se lles produzan danos físicos aos depredadores.
3. Non se concederá ningunha axuda para o aumento da capacidade ou habilidade pesqueira.
4. Tampouco se concederá ningunha axuda para o aumento de capacidade das adegas, nin para aqueles investimentos non previstos no proxecto presentado coa solicitude de axuda; nin para aqueles que supoñan a conservación, substitución ou reparación de elementos salvo que comporte unha mellora substancial nestes.
5. Os investimentos ou gastos para os que se solicita a axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio dalgunha das maneiras indicadas no artigo 9. Cando o non inicio se acredite mediante declaración responsable, a data de referencia non poderá ser anterior á apertura do prazo de presentación de solicitudes. Con carácter excepcional, poderanse subvencionar investimentos realizados antes da apertura do prazo de presentación de solicitudes sempre que previamente se autorice e se efectúe a comprobación do non inicio anticipada de acordo co número 6 do artigo 9.
6. Non serán subvencionables aqueles investimentos en que o importe da axuda resulte inferior a 600 euros.
Os beneficiarios destas axudas están obrigados a:
a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación.
b) Manter a propiedade do buque durante un período mínimo de cinco anos contados a partir do último pagamento da subvención. Se durante este período o beneficiario pretendese allealo, deberá xustificar tal petición á Consellería do Medio Rural e do Mar que, tras requirir a documentación que xulgue necesaria, en caso de autorizalo, resolverá cos condicionantes que considere oportunos. A transmisión non poderá dar lugar, en ningún caso, a un enriquecemento por parte do beneficiario da axuda.
Se o beneficiario é unha pluralidade de persoas sen personalidade xurídica propia, a agrupación non poderá disolverse ata que transcorran cinco anos desde o pagamento da axuda, aplicando o establecido no parágrafo anterior.
c) Manter o buque pesqueiro nun porto base da Comunidade Autónoma de Galicia durante un período mínimo de 5 anos contados desde a data contable do último pagamento da subvención.
d) Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar o órgano concedente ou calquera outra comprobación ou control financeiro que poidan realizar a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas ou calquera outro órgano de control competente, tanto nacional como comunitario, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.
f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
g) Comunicarlle á consellería a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.
h) Comunicarlle á Consellería do Medio Rural e do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.
i) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
j) Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se atopan ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
k) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.
Para os efectos desta orde, para calcular a idade do buque tomarase como data de inicio a de entrada en servizo do devandito buque e como data final o día en que remate o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria correspondente.
b) Ter a correspondente resolución de autorización para realizar os investimentos solicitados naqueles casos en que esta sexa necesaria.
Será necesaria a autorización para aquelas obras do buque que dean lugar á variación das características de manga, puntal, eslora total, eslora entre perpendiculares e material do casco, así como tamén para os cambios de motor propulsor ou potencia auxiliar do buque, modificación dos tanques de combustible e calquera outra reforma que poida afectar a estabilidade ou navegabilidade do buque.
c) No caso de buques cuxa primeira venda dos produtos que captura sexa en fresco e, polo tanto, obrigatoria en lonxa, o volume de vendas que se obteña da suma das notas de venda durante o ano anterior ao da convocatoria deberá ser superior ao 50 % da media obtida para ese porto base e polo tipo de frota segundo as agrupacións recollidas no número 2 do artigo 15 desta orde.
d) No caso de buques para os que a primeira venda dos produtos que captura non sexa obrigada en lonxa, o buque debe dispoñer da autorización para realizar a devandita venda.
Os beneficiarios da axuda deben estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Tampouco poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas que teñan unha sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira, nin as que participen na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, para o cal deberán cubrir o anexo IV.
Será requisito para ser beneficiario que o solicitante, para o buque para o que solicita axuda, teña constituído un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546295
Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182010
Fax: 981182027
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Celeiro)
AVDA. RAMON CANOSA, S/N - CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555035
Fax: 982555007
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Vigo)
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817129
Fax: 986817118
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota
Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos a bordo de buques pesqueiros, selectividade e rendemento enerxético, cofinanciadas nun 75 % co Fondo Europeo de Pesca (FEP), e se convocan axudas para 2015, tramitada como anticipada de gasto (DOG nº 11 do 19 de xaneiro de 2015).
Regulamento (CE) nº 1198/2006, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo da Pesca.
Prazo de presentación: PECHADO
20/01/2015 00:00 - 19/02/2015 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
-
A solicitude e demais anexos normalizados está formada por:
- Anexo I desta orde, relativo ao modelo de solicitude de axuda.
- Anexo III, formulario das obras de investimento, debidamente cuberto nas correspondentes epígrafes de investimentos elixibles coa indicación do custo máximo previsto, sen IVE, e coa memoria xustificativa da subvencionabilidade dos investimentos.
- Anexo IV, declaración responsable relativa a pagamento de sancións, pesca ilegal e seguro de danos a terceiros.
- Só no caso de que o buque poida obter puntos polo establecido no artigo 15, punto 3, desta orde, deberá cubrir o anexo V, marcando o que proceda.
- Só no caso de que os solicitantes sexan una pluralidade de persoas físicas:
-
- Anexo VI. Declaración responsable coa porcentaxe de participación e a autorización para a consulta dos datos de identidade.
- Anexo VII. Compromiso de execución e de non disolución da agrupación ata que transcorran cinco anos desde o último pagamento.
-
A documentación complementaria está formada por:
1. Acreditación da personalidade:
I. Se o solicitante e a persoa física propietaria do buque, copia cotexada do DNI só no caso de non autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG núm. 221, 13 de novembro), e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG núm. 134, 10 de xullo).
II. Se o solicitante e unha persoa xurídica:
- Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal.
- Certificación rexistral actualizada na que figure a constitución da sociedade e os estatutos vixentes.
- Poder suficiente do representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
- Copia cotexada do DNI do representante só no caso de non autorización do representante ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG núm. 221, do 13 de novembro), e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG núm. 134, 10 de xullo).
III. Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas, deberán presentar:
- Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.
- Copia cotexada do DNI de cada un dos propietarios da embarcación, só no caso de non achegar o anexo VI de autorización ao órgano xestor para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao Sistema de verificación de datos segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG núm. 221, do 13 de novembro), e Orde do 7 de xullo de 2009 (DOG núm. 134, do 10 de xullo).
- De habelo, NIF da comunidade de bens ou sociedade civil.
- Copia cotexada da escritura de constitución e a porcentaxe de participación de cada un dos seus membros, só no caso de non achegar o anexo VI. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación.
2. Autorización ou copia da solicitude de autorización para a realización do investimento previsto no caso de que esta sexa necesaria, sen prexuízo da achega da autorización previa a ditarse a proposta de resolución.
3. Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación de tela solicitado, sen prexuízo da achega da folla de asento previa a ditarse a proposta de resolución.
4. Certificación actualizada do Rexistro de Bens Mobles, Sección de Buques, acreditativa da propiedade do buque ou solicitude da devandita certificación ante o Rexistro, sen prexuízo da achega da dita certificación previa a ditarse a proposta de resolución.
5. Cando o importe do gasto unitario supere a contía de 50.000 euros no caso de execución de obras ou de 18.000 euros no caso de subministración de bens, o beneficiario deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
6. Certificación do solicitante de que cada un dos investimentos non aumentan a habilidade pesqueira.
7. Facturas pro forma dos investimentos que se van realizar. Ademais, cando se trate de motores ou outros equipamentos: catálogos, especificacións e, de ser o caso, certificado de importación.
8. Só no caso de que o buque poida obter puntos polo establecido no artigo 15, punto 4, desta orde, deberá cubrir o anexo V e achegar a seguinte documentación:
- No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe I, será verificado de oficio pola Administración.
- No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe II, deberá achegar copia dos estatutos da asociación onde se recolle este feito ou compromiso ante notario.
- No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe III, copia cotexada do rol do buque.
- No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe IV, copia cotexada do convenio colectivo ou indicación do convenio a que estea adherido.
- No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe V, certificación da OP acreditativa deste aspecto.
- No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe VI, certificación da organización promotora da dita medida.
- No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe VII, copia cotexada do certificado da entidade facultada para acreditar este feito.
- No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe VIII, documentación en que quede perfectamente acreditado este feito.
- No caso de obter puntos polo indicado na epígrafe IX, copia cotexada do contrato e documentación acreditativa da situación de discapacidade ou situación de exclusión social.
-
Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude para cada buque en cada convocatoria. No caso de que no prazo establecido se presentase máis dunha solicitude, terase en conta unicamente a presentada en último lugar, e declararase a inadmisión da(s) outra(s).
-
Considerase o mínimo imprescindible para a tramitación de solicitudes presentar os documentos seguintes:
- Anexo I asinado por persoa física; no caso de que quen asine o anexo I sexa o representante do(s) solicitante(s) deberá achegar tamen o poder en que conste tal representación.
- Anexo III debidamente cuberto nas epígrafes e coa memoria que xustifica a subvencionabilidade dos investimentos para cada un deles.
- Facturas pro forma dos investimentos que se van realizar. Ademais, cando se trate de motores ou outros equipamentos: catálogos, especificacións e, de ser o caso, certificado de importación.
- Autorización para a realización das obras obxecto de subvención ou copia da presentación da solicitude para realizar as devanditas obras, cando proceda.
- Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde) ou acreditación da presentación da súa solicitude no seu defecto.
A non presentación da devandita documentación nos termos descritos dará lugar á inadmisión da solicitude.
-
A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel (en orixinal e dúas copias) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
-
No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
-
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Sete meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Autorizacións de construción e modernización de buques pesqueiros.
Axudas autonómicas para a paralización definitiva de buques pesqueiros.
Axudas autonómicas para a paralización definitiva de buques pesqueiros afectados polo plan de xestión integral da pesca de baixura no caladoiro nacional do Cantábrico-Noroeste.
Axudas para a frota pesqueira galega polas consecuencias da guerra de Ucraína
Axudas destinadas ás empresas de comercialización e transformación de produtos da pesca, o marisqueo e de acuicultura para compensar o incremento dos prezos pola invasión de Ucraína.
Axudas para compensar ás empresas acuícolas polos custes adicionais en que incorreran como consecuencia da guerra de Ucraína.