Cooperación para o desenvolvemento
A política de cooperación para o desenvolvemento da Xunta de Galicia está regulada na Lei 3/2003, do 19 de xuño e desenvolvida en diferentes plans: o último é o III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017, que recolle unha serie de compromisos. Para o seu cumprimento xogan un papel importante os axentes galegos de cooperación: organización non gobernamentais para o desenvolvemento (ONGD), universidades, empresas e outros axentes.
A promover as accións destes axentes destínanse unha serie de liñas de axudas, dirixidas á posta en marcha de proxectos de investigación, de cooperación, de educación e de acción humanitaria no exterior.
