Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE209G - Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, da calidade e do control e rastrexabilidad e dos produtos desembarcados da pesca e da seguridade das infraestruturas fronte a eventos meteorolóxicos provocados.
Regular a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruras dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, da calidade e do control e rastrexabilidade e dos produtos desembarcados da pesca e da seguridade das infraestruras fronte a eventos metereolóxicos provocados polo cambio climático.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, agrupacións de interese económico do sector pesqueiro, as organizacións de produtores do sector da pesca, as cooperativas, as asociacións profesionais de persoas pescadoras e mariscadoras e as asociacións profesionais de redeiras que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social nesta.
Non poderán obter a condición de beneficiario aquelas entidades en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) As persoas sinaladas no artigo 10.2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As persoas incursas nas circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
c) Os operadores que se atopen nalgún dos supostos establecidos no artigo 11.1 e 3 do Regulamento (UE) nº 2021/1139.
d) As persoas que non estean ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
e) Ter incumpridas as obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 ou as obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións 3ª e 4ª do capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, que regula as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, tal e como sinala a disposición adicional segunda do mesmo decreto.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro
Rua dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546142
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Orde do 16 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a segunda convocatoria para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca e da seguridade das infraestruturas fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) (DOG nº 205 do 27 de outubro de 2023).
Extracto da Orde do 16 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a segunda convocatoria para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca e da seguridade das infraestruturas fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) (DOG nº 205 do 27 de outubro de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
28/10/2023 00:00 - 27/11/2023 23:59
Para a convocatoria de 2023 o prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O formulario normalizado correspóndese co anexo I desta orde. A presentación da solicitude nun formulario distinto será causa de inadmisión.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As persoas solicitantes farán constar na solicitude de axuda (anexo I) se o ámbito de actuación comprende zonas incluídas ou que estean afectadas por:
– Rede Natura 2000.
– Áreas mariñas protexidas.
– Espazos naturais protexidos.
– Normativa de patrimonio cultural de Galicia.
– Zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.
– Zona de servidume de dominio público hidráulico.
– Zonas de servidume ou de policía
– Montes de utilidade pública.
– Vías pecuarias, ou
– Calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materia ambiental.
Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que contén esta e na cal se fan constar os seguintes aspectos:
a) Que respecta a Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea.
b) Que ten en conta e promove a igualdade entre mulleres e homes.
c) Que evita calquera discriminación por razón de xénero, orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual.
d) A veracidade de todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan.
e) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
g) Estar ao día nas obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade cos artigos 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) Non se atopan en ningún dos supostos do artigo 11.1 e 3 do Regulamento (UE) nº 2021/1139, é dicir:
1º. Que non cometeron infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello ou ao artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou conforme outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC.
2º. Que non estiveron involucrados na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008, ou dalgún buque con pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, segundo se establece no artigo 33 do devandito regulamento.
3º. Que non se ten determinado por medio dunha resolución definitiva que cometeu fraude, tal como se define no artigo 3 da Directiva (UE) nº 2017/1371, no contexto do FEMP ou do FEMPA.
i) A condición de ser ou non ser poder adxudicador nos termos da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
j) A condición de peme, se é o caso.
k) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para levar a cabo o proxecto para o que se solicita a axuda.
l) Dispoñer dos recursos e mecanismos financeiros necesarios para cubrir os custos de funcionamento e mantemento das operacións, no caso de que estas impliquen investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos e para garantir a súa sustentabilidade financeira.
m) Estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
n) Cumpre o principio de protección fronte ao cambio climático, no caso de investimentos en infraestruturas cuxa vida útil sexa como mínimo de cinco anos.
ñ) Que a operación non inclúe actividades que forman parte dunha operación suxeita a relocalización, de conformidade co artigo 66 ou que constitúen unha transferencia dunha actividade produtiva, de conformidade co artigo 65.1.a), ambos os dous do Regulamento (UE) nº 2021/1060.
o) Que os investimentos non foron iniciados.
p) No caso de ser unha confraría de pescadores, ter cumprido as obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 ou as obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións 3ª e 4ª do capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, que regula as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, tal e como sinala a disposición adicional segunda do mesmo decreto.
q) O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
r) Cumpre a normativa comunitaria, nacional e autonómica vixente, en particular a lexislación en materia de accesibilidade para as persoas con discapacidade e en materia ambiental.
3. As persoas solicitantes realizarán unha declaración responsable sobre a aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade de acordo co sinalado no anexo I bis.
4. As solicitudes estarán asinadas polo representante legal da entidade solicitante. A presentación da solicitude non asinada polo representante legal será causa de inadmisión.
5. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o interesado non poderá modificar a súa petición de axuda variando o importe do investimento subvencionable, nin modificando os investimentos e conceptos da epígrafe do orzamento para os cales solicita a axuda. Non se considera variación do importe do investimento as diferenzas ou erros materiais que se puidesen dar ao transcribir os importes dos orzamentos ou facturas pro forma.
6. O organismo intermedio de xestión (Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro), recollerá información sobre os titulares reais dos perceptores do financiamento da Unión Europea, de conformidade cos datos que figuran no anexo XVII do Regulamento (UE) nº 2021/1061, con base no establecido no artigo 62.2 de dito regulamento.
De conformidade co artigo 5, apartado 8, do Regulamento do Registro Central de Titularidades Reais, aprobado polo Real decreto 609/2023, do 11 de xullo, polo que se crea o Rexistro Central de Titularidades Reais e se aproba o seu regulamento, a información contida no rexistro será accesible, de forma gratuíta e sen restrición, unicamente para o desenvolvemento das súas misións específicas, ás autoridades e organismos nacionais que xestionen, verifiquen, paguen ou auditen fondos europeos, e cuxas funciones veñan determinadas nun Regulamento comunitario no que veña establecido que a información sobre titulares reais do beneficiario dos fondos pode cumprirse empregando os datos almacenados nos rexistros a que se refire o artigo 30 da Directiva (UE) nº 2015/849; no caso de España, o Rexistro Central de Titularidades Reais.
7. A presentación da solicitude de subvención comportará a autorización ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade das declaracións anteriores, por calquera medio ou rexistro dispoñible. No caso da declaración de cumprimento do artigo 11 do Regulamento FEMPA, a autorización terá validez nos 5 anos posteriores á concesión da axuda.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da personalidade: certificación do órgano competente en que se acredite o desempeño actual do cargo por parte do asinante e se especifique o acordo polo que se lle concede a este autorización para formalizar a solicitude. Se actua en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
b) Copia dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro correspondente.
Non será necesario achegar este documento cando xa conste nos arquivos da Consellería do Mar por telo presentado nun procedemento administrativo nos últimos cinco (5) anos. Neste caso, deberá indicarse o procedemento, a data de presentación da solicitude e o órgano ante o cal se presentou.
Quedan exoneradas do cumprimento deste requisito as confrarías de pescadores.
c) Documento que acredite que non teñen ánimo de lucro, no caso de non estar expresamente previsto nos estatutos da entidade.
d) Acreditación da capacidade legal do uso e desfrute do edificio, instalación ou establecemento autorizado de primeira venda en que se van realizar os investimentos do proxecto. A acreditación deberá realizarse presentando unha copia da concesión ou autorización administrativa, copia da cesión, da titularidade ou dun contrato de alugamento.
e) Proxecto para un tipo de investimentos que permita determinar a súa viabilidade e realizar a valoración, conforme os criterios establecidos nos artigos 20 e 21 desta orde. Forman parte do proxecto a memoria e os documentos a que se fai referencia nesta epígrafe.
Para elaborar a memoria que se xunta coa solicitude, poderán consultarse os modelos na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/). A non presentación da memoria debidamente cuberta no prazo de presentación de solicitudes ou a presentación desta en modelo diferente ou sen asinar serán causas de inadmisión.
A memoria do proxecto deberá conter:
1º. Información xeral da memoria:
i. Descrición da entidade: experiencia da entidade na xestión de proxectos financiados pola Unión Europea. Elementos que aseguran a capacidade técnica da entidade para a realización do proxecto. Equipo que a entidade vai destinar para a xestión do proxecto. Número de persoas pescadoras e acuicultoras asociadas á entidade. Historial produtivo e económico de produtos da pesca nos últimos 5 anos.
ii. Explicación das necesidades que se pretenden cubrir e obxectivos perseguidos (xerais e horizontais e específicos). Indicar como detectou a necesidade de desenvolver a actuación. Identificar como o proxecto contribuirá de xeito tanxible a mellorar os servizos diarios das persoas pescadoras e acuicultoras que empregan o porto.
iii. Descrición da situación anterior á actuación, das accións que se pretenden acometer, da súa xeorreferenciación, da situación posterior e dos resultados que se obterán coa implementación do proxecto.
iv. Explicar quen se beneficiará do proxecto, é dicir, o/os grupo/s obxectivo/s que se verán beneficiados dos resultados dos investimentos. Indicar o número de persoas pescadoras e acuicultoras que se beneficiarán do proxecto. Explicar por que razón o solicitante sería un beneficiario colectivo, o interese colectivo das accións do proxecto e o acceso público aos seus resultados.
v. Calendario de realización das accións previstas e trámites, concesións e autorizacións necesarias.
vi. Orzamento detallado de cada unha das accións propostas, en que o IVE deberá vir separado. Cada zona en que se prevé actuar incluirá: marca, modelo, breve descrición e número de unidades dos equipamentos, importes de material e man de obra. De ser o caso, incluirase a relación de ofertas solicitadas e elixidas.
vii. Información relativa aos indicadores conforme o previsto no Programa FEMPA.
viii. No caso de que o proxecto poida desenvolverse por fases susceptibles de produciren efectos independentes, farase constar de xeito expreso e describirase cada unha delas por separado.
2º. Información específica da memoria:
i. Para proxectos de modernización dos sistemas de iluminación interiores dos edificios ou instalacións por tecnoloxía led:
1) Plano da situación das instalacións de iluminación coa distribución dos equipamentos inicial (luminarias/equipamento de iluminación, sistemas de control e regulación). Relación de luminarias/equipamentos para iluminación nas diferentes zonas obxecto de actuación. Para cada zona: nome da zona, número de puntos de luz, tipo (campá, proxector...), número de lámpadas por punto de luz, tipo de lámpada e potencia (W), sistemas de control e regulación da iluminación (no caso de existir), e consumo (kWh).
2) Plano da situación das instalacións de iluminación coa distribución dos equipamentos final (luminarias/equipamento de iluminación, sistemas de control e regulación). Relación de luminarias/equipamentos para iluminación nas diferentes zonas obxecto de actuación. Para cada zona: nome da zona, número de puntos de luz, tipo (campá, proxector...), número de lámpadas por punto de luz, tipo de lámpada e potencia (W), sistemas de control e regulación da iluminación (no caso de existir), e consumo (kWh).
3) Comparación dos consumos nas situacións anterior e posterior á actuación, e indicar o consumo que se prevé reducir coa actuación prevista (potencia inicial kW, consumo inicial kWh/ano, potencia final kW, consumo previsto final en kWh/ano e % de aforro enerxético). Deben achegar copias das facturas de electricidade dun período anual completo tomado como referencia (ano 2022 ou últimos 12 meses), indicando a porcentaxe destas correspondente aos equipamentos de iluminación interior.
4) Equipamento novo solicitado: marca, modelo, referencia, número/tipo. Características técnicas dos equipamentos solicitados: ficha técnica ou catálogo do equipamento de iluminación polo fabricante onde figuren as características técnicas do equipamento e onde se inclúan, polo menos, os datos de potencia, fluxo luminoso, temperatura de cor, e rendemento. Marcación UE do equipamento.
5) Fotografías da situación actual.
6) Estudo lumínico da totalidade da superficie que se vai iluminar, identificando o programa de cálculo utilizado para a súa realización, en que se poidan cotexar todos os resultados lumínicos declarados na memoria.
Débese utilizar a mesma denominación para as diferentes estancias en todos o documentos técnicos e na memoria do proxecto, de forma que sexan claramente identificables, indicando o seu uso de acordo coa norma UNE-EN 12464-1 (iluminación dos lugares de traballo interiores).
ii. Para proxectos de aforro enerxético nas instalacións de produción de frío existentes e sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento:
1) Plano de situación das instalacións no establecemento coa distribución dos equipamentos.
2) Fotografías da instalación actual, incluíndo, cando proceda, a placa de características técnicas dos equipamentos sobre os que se actúa.
3) Comparación dos consumos nas situacións anterior e posterior á actuación, e indicar o consumo que se prevé reducir coa actuación prevista (potencia inicial kW, consumo inicial kWh/ano, potencia final kW, consumo previsto final en kWh/ano e % de aforro enerxético). Deben achegar copias das facturas de electricidade dun período anual completo tomado como referencia (ano 2022 ou últimos 12 meses).
4) Características técnicas dos equipamentos para os cales se solicita a axuda (catálogo, certificado ou ficha técnica), onde se inclúan datos da produtividade do equipamento e do seu consumo enerxético.
5) Cálculos xustificativos dos aforros previstos. O aforro acadado respecto á situación inicial debe xustificarse de forma clara e coherente, achegando toda aquela información necesaria que permita a súa avaliación correcta. Non se considerarán válidos para a xustificación os resultados de experiencias anteriores, agás que se presente a documentación que acredite tales aforros.
iii. Para proxectos de xeración de enerxía eléctrica renovable destinada ao autoconsumo:
1) Plano de situación onde se indique a localización dos xeradores (módulos, aeroxerador) e indicación da localización sobre foto aérea.
2) Características técnicas dos equipamentos para os cales se solicita a axuda (catálogo, certificado ou ficha técnica). No caso de dispor de almacenamento, débese especificar o tipo, capacidade e conexión deste.
3) Cálculos xustificativos da produción esperada, da potencia renovable instalada e das emisións GEI evitadas polo proxecto. Cálculos xustificativos do autoconsumo total da enerxía xerada.
4) Deben achegar copias das facturas de electricidade dun período anual completo tomado como referencia (ano 2022 ou últimos 12 meses). No caso de que nas facturas dispoñibles non se poidan diferenciar os consumos ao longo do día, deberá realizar unha distribución destes en función das potencias dos equipamentos instalados, horario de funcionamento, curvas cuartohorarias, etc., de forma que se poida diferenciar o consumo nocturno e o diúrno.
iv. Para proxectos de xeración de enerxía térmica renovable:
1) Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos.
2) Descrición da instalación proxectada. Características técnicas dos equipamentos para os cales se solicita a axuda (catálogo, certificado ou ficha técnica).
3) Cálculos xustificativos da demanda que se vai cubrir, da produción esperada, dos aforros de enerxía primaria previstos e das emisións GEI evitadas polo proxecto.
4) No caso da aerotermia: certificado do coeficiente de rendemento en modo calefacción (COP) emitido por un laboratorio independente e acreditado para realizar as probas segundo a norma que os afecte (UNE-EN 14511:2012, UNE-EN 15316:2010, UNE-EN 16147, UNE-EN 14825:2012, etc.). Para acreditar este coeficiente, deberá xuntarse a certificación emitida por Eurovent, a EPHA (Asociación Europea da Bomba de Calor) ou por un laboratorio de ensaio acreditado para este tipo de ensaios, segundo a normativa vixente. Tomaranse como temperaturas de referencia para o cálculo do COP e da potencia 0/35 ºC para bombas de calor xeotérmicas e 7/35 ºC para aerotermia.
5) No caso da solar térmica: Resolución de certificación do panel solar en vigor, emitida pola administración competente. Se na resolución de certificación non se recolle de xeito íntegro a seguinte información do panel: marca, modelo, superficie de apertura e coeficientes de rendemento, entregarase a maiores copia do ensaio realizado por unha entidade debidamente acreditada (segundo a Orde ITC/71/2007, do 22 de xaneiro, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ou, se for o caso, a norma que a substitúa) que serviu de base para a emisión da resolución de certificación.
6) No caso da biomasa: documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de rendemento e eficiencia exixidos.
A información deberá achegarse de acordo cos modelos dispoñibles para tal fin.
v. Información especifica para proxectos de mellora da seguridade e condicións de traballo das persoas pescadoras:
1) Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos.
2) Equipamento novo solicitado: marca, modelo, referencia. Características técnicas dos equipamentos solicitados: ficha técnica ou catálogo do equipamento.
vi. Información especifica para proxectos de mellora da calidade e de incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca:
1) Equipamento novo solicitado: marca, modelo, referencia. Características técnicas dos equipamentos solicitados: ficha técnica ou catálogo do equipamento.
vii. Información especifica para proxectos de obras:
1) Proxecto asinado por técnico competente ou, se non for preciso para a autorización das obras, memoria descritiva das actuacións que se van realizar asinada por técnico competente, que deberán conter:
1 - Descrición do obxecto das obras, que recollerá os antecedentes e situación previa a estas, as necesidades que se van satisfacer e a xustificación da solución adoptada, detallándose os factores de toda índole que se van ter en conta, con especial mención á xestión de residuos de construción e demolición non perigosos.
2 - Os planos de conxunto e de detalle precisos en que a obra quede perfectamente definida.
3 - Fotografías do estado anterior á actuación dos elementos sobre os que se pretende actuar.
4 - Un orzamento desagregado e detallado.
2) Informe de técnico competente que garanta a protección fronte ao cambio climático dos investimentos en infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco anos.
3) No caso de proxectos de obra que teñan como obxectivo a eficiencia enerxética, certificado de eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual e o certificado enerxético do edificio tras a reforma proposta para a que se solicita axuda. Estes certificados obteranse con algunha das ferramentas recoñecidas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, estarán asinados por técnico competente e xuntaranse os arquivos de cálculo correspondentes.
f) Declaración responsable sobre a aplicación da normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade conforme ao anexo I bis.
g) Estudo económico-financeiro externo acreditativo da viabilidade económica do proxecto ou resultado da ferramenta de autoavaliación da viabilidade que pode consultarse na páxina web da consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/).
h) Os proxectos de mellora da eficiencia enerxética e os de implantación de enerxías renovables (sistemas de enerxía fotovoltaica e eólica, sistemas de enerxías renovables de uso térmico) deben presentar informe asinado por técnico competente en que se xustifique o cumprimento da normativa de aplicación e que detallará as medidas que se van implementar, as melloras obtidas en función da tipoloxía do proxecto (aforro enerxético, diminución da demanda de enerxía, potencia renovable instalada e redución de emisións GEI), e unha análise económica que xustifique que os investimentos implicarán un aforro de enerxía e mellorarán a eficiencia enerxética.
Os modelos de informes técnicos poden consultarse na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/).
i) Documentación xustificativa de todos os custos incluídos (orzamentos, facturas pro forma, etc.) cunha información detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, equipamentos ou sistemas que os integran. De ser o caso, informe dun taxador ou perito independente.
As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables.
j) Copia dos permisos, autorizacións, informes, inscricións e/ou licenzas, de ser o caso, ou da xustificación de telos solicitado aos organismos correspondentes, necesarias para levar a cabo os investimentos previstos.
k) Plan de negocio, no caso de proxectos de importe superior a 250.000,00 €.
l) No caso de investimentos de carácter material que se localizan ou realizan fóra de solos urbanos ou urbanizables ordenados ou sectorializados, localización cartográfica (planos sobre mapas) e xeorreferenciación, incluíndo as superficies ocupadas pola actuación e tamén as zonas de obtención de recursos naturais e zonas de vertedura de augas residuais ou retornadas ou de residuos.
No caso de que a instalación ou actuación for móbil, concretarase o seu rango de mobilidade.
m) Informe de técnico competente que garanta a protección fronte ao cambio climático dos investimentos en infraestruturas cuxa vida útil sexa, como mínimo, de cinco anos.
O informe terá en conta a definición de protección fronte ao cambio climático establecida no artigo 2.42) do Regulamento (UE) nº 2021/1060, e analizará a mitigación do cambio climático (neutralidade climática) e a adaptación a este.
Este informe non se exixirá no caso de que o proxecto fose obxecto de avaliación de impacto ambiental e xa consten disposicións sobre o cambio climático no informe ou declaración de impacto ambiental. Nesta caso, considerase acreditada a condición de protección.
n) De ser o caso, presentar a declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto favorable á súa execución ou o informe de impacto ambiental favorable do proxecto, segundo se trate de avaliación de impacto ambiental ordinaria ou simplificada, respectivamente. As condicións deberán ter sido incorporadas ao proxecto, de ser o caso.
ñ) No caso de que se inclúan actuacións dentro do ámbito de aplicación do Real decreto 79/2019, do 22 de febreiro, polo que se regula o informe de compatibilidade e se establecen os criterios de compatibilidade coas estratexias mariñas, presentarán a autorización correspondente.
En proxectos sometidos a avaliación de impacto ambiental, a acreditación do cumprimento da avaliación permitirá considerar xustificado este requisito.
o) No caso de que o proxecto comprenda zonas incluídas na Rede Natura 2000, áreas mariñas protexidas ou espazos naturais protexidos, presentarán os correspondentes informes ambientais, ou, na súa falta, a solicitude ante os órganos competentes.
No caso de espazos na Rede Natura 2000 non será exixible a conformidade co artigo 6.3 da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación de hábitats naturais e da fauna e flora silvestre, no caso de operacións materiais que se localicen sobre solo urbano ou urbanizable ordenado ou sectorizado. En proxectos sometidos a avaliación de impacto ambiental, a acreditación do cumprimento da avaliación permitirá considerar xustificada esta condición.
p) No caso de actuacións que supoñan modificacións hidromorfolóxicas de masas de auga, presentarán a autorización do organismo correspondente conforme o Real decreto 907/2007, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de planificación hidrolóxica ou, na súa falta, a solicitude ante o órgano competente.
q) No caso de investimentos en novas instalacións ou ampliacións, presentarán autorización en materia de recollida de residuos e xestión de refugallos xerados ou, na súa falta, solicitude ante o órgano competente.
r) No caso de construcións que deban ser compatibles coas normas e directrices de espazos naturais, paisaxe ou patrimonio cultural, presentarán autorización ou informe favorable ou, na súa falta, solicitude ante o órgano competente.
s) No caso de actuacións de conservación, divulgación ou posta en valor de elementos do patrimonio cultural, autorización ou informe favorable da Administración competente no devandito patrimonio ou, na súa falta, solicitude ante o órgano competente.
t) No caso de actuacións prohibidas pola normativa de protección de recursos pesqueiros, medio mariño, espazos protexidos ou biodiversidade, presentarán autorización no caso de que a norma expresamente o recolla ou, na súa falta, solicitude ante o órgano competente.
u) Calquera outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación dos documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante.
c) DNI ou NIE do representante da entidade solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
g) Concesións doutras subvencións e axudas.
h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"