Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

IN201H - Subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais minoristas.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 16/06/2017 - 17/07/2017.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
    • a) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e modificación deles, debidamente legalizados, de ser o caso. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.
    • b) Documento acreditativo de poder suficiente para actuar ante a Administración do representante legal da entidade solicitante.
    • c) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica: acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

Deberán constar expresamente (anexo V) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

  • d) Se a entidade solicitante está dada de alta no IAE en máis dunha actividade económica e algunha delas non é subvencionable, segundo o anexo II das bases reguladoras, deberá xustificar cal delas é a principal.

No caso de sociedades, presentará a declaración anual do IVE (modelo 390) do ano anterior e no caso de comunidades de bens ou sociedades civís documento acreditativo oficial da actividade principal.

As persoas físicas e as sociedades que non dispoñan da declaración do IRPF ou do IVE por ter iniciado a actividade recentemente, substituirán estes documentos pola declaración prevista no punto 10 da solicitude (anexo IV).

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar os documentos preceptivos co obxecto de efectuar as comprobacións oportunas, en canto dispoñan deles. De non cumprir co asinado na declaración responsable procederase ao inicio do expediente de reintegro da subvención concedida de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • e) Informe emitido pola Seguridade Social de vida laboral do último ano, con todos os códigos de conta de cotización do solicitante ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traballadores.
  • f) Memoria detallada de cada unha das actuacións para as cales se solicita a subvención, que incluirá unha descrición pormenorizada, obxectivos e valoración económica das actuacións que se pretenden executar. Estarán exentas da presentación de memoria as solicitudes de subvención para a actuación prevista no artigo 1 punto 3.3.
  • g) Proxecto técnico de decoración e interiorismo asinado por un profesional da decoración, interiorismo ou arquitectura, no cal deberán incluírse as distintas actuacións para as que se solicita a subvención, que deberán coincidir coa memoria presentada, e o deseño gráfico do resultado final que se pretende obter, no caso de comerciantes retallistas que soliciten as actuacións definidas no artigo 1 punto 3.1 das bases da convocatoria.
  • h) Fotografías ou documentos gráficos do local antes de iniciar as actuacións, agás no caso de que teñan realizado as actuacións con anterioridade á data da publicación desta orde.
  • i) Facturas ou, na súa falta facturas, pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel. Estarán exentas da presentación das facturas ou orzamentos as solicitudes do tícket de xestión de redes sociais previsto no artigo 1 punto 3.3.

As ofertas presentadas e os provedores elixidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de ser beneficiario da axuda. Non se considerarán subvencionables, parcial ou totalmente, aqueles investimentos dos cales non se presente documentación económica completa conforme o aquí recollido.

  • j) Para os efectos sinalados no artigo 9 destas bases, achegarase, de ser o caso, a seguinte documentación, que en ningún caso será obxecto de requirimento:
    • Certificado expedido polo órgano competente de estar integrado nun centro comercial aberto, asociación de comerciantes, empresarios ou artesáns.
    • Documentación acreditativa de ter participado nun programa de relevo comercial promovido pola Administración pública, asociación ou federación de comerciantes de Galicia, ou cámara oficial de comercio, industria e navegación de Galicia, agás nos casos de axudas convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (IN216A).
  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
  • b) NIF da entidade solicitante.
  • c) DNI ou NIE da persoa representante legal.
  • d) Certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dado de alta o/a solicitante.
  • e) Certificación expedida pola Axencia Tributaria da declaración do imposto da renda das persoas físicas para as persoas físicas inscritas.
  • f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
  • g) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
  • h) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
  • A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
  • Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requerirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
  • No caso de que algún dos documentos que deben presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

SERVIZO DE ORDENACIÓN
Edificio Administrativo San Caetano, 3ª planta
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981545507 / 981545525 Fax: 981545541
Email: cei.dxc.axudas@xunta.es
Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24.12.2013, L352/1).

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

En concreto, consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19.

3.1. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto técnico de decoración e interiorismo.

En concreto, considéranse gastos subvencionables:

a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.

b) A adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

c) As actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 30.000 € (IVE excluído) e o investimento mínimo, de 15.000 € (IVE excluído).

A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

O investimento máximo subvencionable ampliarase ata 2.000 € para atender os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto técnico de interiorismo e decoración, sempre que este non supere o 10 % do investimento total solicitado.

3.2. Proxectos de renovación e mellora da imaxe comercial, sempre que impliquen unha renovación clara e directa da imaxe do establecemento comercial.

En concreto considéranse gastos subvencionables:

a) As obras de reforma e acondicionamento da superficie de exposición e venda do local comercial.

b) A adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

c) As actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

Para o conxunto das actuacións relacionadas na alínea a) do punto 3.2, o investimento máximo subvencionable será de 60 € (IVE excluído) por metro cadrado da superficie de exposición e venda do local comercial e o investimento mínimo do conxunto das actuacións subvencionables, de 3.000 € (IVE excluído), no caso de que a superficie de exposición e venda sexa igual ou superior aos 50 metros cadrados. Nos establecementos comerciais cunha superficie de exposición e venda inferior a 50 metros cadrados o investimento mínimo do proxecto subvencionable non poderá ser inferior a 1.500 € (IVE excluído).

O investimento máximo para o conxunto das actuacións é de 9.000 € (IVE excluído).

A porcentaxe de subvención será o 40 % do investimento máximo subvencionable.

3.3. Servizos dun xestor de redes sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do Programa de Social Commerce que se vai desenvolver en colaboración coa Federación Galega de Comercio durante o ano 2017.

4. Non se consideran gastos subvencionables:

– As obras ou actuacións en probadores, cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda.

– Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.

– A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.

– A adquisición de materiais ou outros elementos para a realización das obras por parte do propio solicitante.

– A adquisición de bens usados, de moblaxe e artigos de exposición e proba, susceptibles da venda posterior ao público e de expositores de carácter temporal ou de uso exclusivo en campañas promocionais.

– A adquisición de televisores e reprodutores de son ou imaxe.

Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.

Requisitos:

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

– Que estea dada de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante.

– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

Non poderán ser beneficiarias destas axudas: as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2 número 18 do Regulamento (CE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE do 26.6.2014, L 187/1); nin aqueles que tendo sido beneficiarios do procedemento IN201H, renunciasen a el ou perdesen o dereito ao cobramento total da subvención.

AUTONÓMICA

Orde do 4 de setembro de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 172 do 11 de setembro de 2017).

AUTONÓMICA

Orde do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2017.

Anexos asociados

Prazo de presentación pechado (16/06/2017 - 17/07/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional