Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR204B
Impugnación da resolución da comisión de asistencia xurídica gratuíta.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Constitúe o obxecto da presente orde a aprobación do modelo normalizado de impugnación á resolución da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, que figura como anexo I, de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, e no artigo 21 do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, aprobado polo Decreto 269/2008, do 6 de novembro.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Anexo I
- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Documentación que acredite o motivo da impugnación.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Xustiza
Subdirección Xeral de Medios da Administración de Xustiza
Servizo de Estudos e Asistencia Xurídica Gratuíta
Rúa Madrid, 2-4 2ª planta - Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546202
Fax: 981546227
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Emerxencias da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185764
Fax: 881881084
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol
Oficina Coordinadora en Ferrol
Praza Camilo José Cela, s/n
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981337025
Fax: 981337013
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Xustiza e Administración Local de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294332
Fax: 982294295
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Xustiza e Administración Local de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 1ª planta
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386408
Fax: 988386384
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Xustiza Gratuita e Administración Local de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-9º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805370
Fax: 986805391
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Xustiza de Vigo
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817017
Fax: 986817808
Órgano responsable
-
Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia (DOG nº 242 do 15 de decembro de 2008). Ligazón á normativa
-
Orde do 15 de xullo de 2016 pola que se establecen os modelos normalizados de impugnación da resolución de asistencia xurídica gratuíta, de insostibilidade da pretensión e de queixas e denuncias. (DOG nº 149 do 8 de agosto de 2016). Ligazón á normativa
-
Decreto 138/2012, do 21 de xuño, polo que se modifica o Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2012). Ligazón á normativa
-
Decreto 134/2017, do 7 de decembro, polo que se modifica o Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2018). Ligazón á normativa
-
Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta (BOE nº 11 de 12 de xaneiro de 1996). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Inscrición no rexistro de colexios profesionais e consellos galegos de colexios profesionais.
Aberto todo o ano
Recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Insostenibilidade da pretensión de asistencia xurídica gratuíta.
Aberto todo o ano
Queixa ou denuncia de asistencia xurídica gratuíta.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano