Mobilidade eficiente e sostible
A Xunta, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pon en marcha un programa de axudas para facilitar a renovación do parque móbil galego. Inclúe a substitución de vehículos de máis de 10 anos de antigüidade por novos modelos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente. Mellorar a eficiencia enerxética no sector do transporte, a calidade do aire e contribuír á redución da emisións de gases de efecto invernadoiro son algúns dos obxectivos deste programa, compartidos polas axudas do "Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (MOVES)" que tamén xestiona o Inega na Comunidade Autónoma de Galicia.
Subvencións para a actividade de implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
Subvencións para a actividade de adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono.
Subvencións para a actividade de
Adhesión para a xestión de subvencións do Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (Programa MOVES III)
Subvencións para a mobilidade eléctrica (Programa MOVES III)
Axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (EUROTAXI), vehículos taxi de emisións CERO e vehículos taxi ECO.
Subvencións Plan Renova o Teu Vehículo.
Adhesión ás axudas para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas
Adhesión para a xestión de subvencións do Plan Renova o Teu Vehículo.