Alugueiro de vivenda
As accións do goberno galego en materia de vivenda teñen, como obxectivos prioritarios, o fomento da rehabilitación e do alugueiro de vivendas. No marco deste último, destácanse nesta páxina os programas, liñas de axuda, complementos, bonos e subvencións máis relevantes, todos eles dirixidos a favorecer o mercado do alugueiro de vivendas privadas e a facilitar o acceso a unha vivenda, en réxime de alugamento, a determinados colectivos. Entre estes últimos, as unidades familiares ou de convivencia con ingresos que non superen os niveis do IPREM determinados en cada caso (con prioridade segundo colectivos e nivel de ingresos), a mocidade ou as persoas pensionistas da seguridade social na súa modalidade non contributiva.
Cómpre destacar, entre as distintas liñas de axuda convocadas, aquelas que teñen como beneficiarias as persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas en trámite de incorporación no marco do programa de vivendas baleiras ou as que facilitan o cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.
Renovación da axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025.
Depósito de fianzas de arrendamento.