O recibo de presentación xerado polo Rexistro electrónico da Xunta de Galicia garante a constancia da entrada no Rexistro electrónico así como a súa integridade e non repudio.
O recibo inclúe os datos de identificación da persoa interesada, o procedemento, a unidade destinataria, a data e hora de presentación e un resumo electrónico, ou pegada dixital, de cada un dos documentos achegados.
O recibo é un documento electrónico asinado cun selo da Xunta de Galicia para garantir a súa integridade e autenticidade.
Ademais, inclúe un código de verificación electrónica (CVE) que permite comprobar a súa autenticidade mediante o acceso aos arquivos electrónicos da Xunta de Galicia nesta sede electrónica.
A inclusión no recibo do resumo electrónico, ou pegada dixital, de cada documento achegado garante a integridade e non repudio de cada documento, así como a súa relación coa entrada no rexistro electrónico.
Pode comprobar que o resumo electrónico de cada documento achegado coincide co incluído no recibo seguindo estas indicacións.