Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN412B - Axuda do Plan Renove de Fiestras.
Obxecto
O plan entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 29 de setembro de 2017.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario axustado e suficiente no momento da resolución de concesión e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no Diario Oficial de Galicia e tamén na páxina web da DXEM a dita circunstancia, o que levará consigo a non admisión das solicitudes posteriores.
Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.
1. Será subvencionable a renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras que cumpran coas seguintes especificacións técnicas:
a) Dispor de marcación CE conforme a norma UNE EN 14351-1:2006+A1:2011.
b) Exixencias mínimas de eficiencia enerxética:
1ª. Opción A: carpintaría de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:
A.1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais.
A.2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).
2ª. Opción B: carpintaría metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con acristalamento baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).
En todo caso, a instalación destas carpinterías deberá cumprir coa exixencia mínima establecida no Código técnico da edificación que corresponda e segundo o disposto na Orde FOM/1635/2013, do 10 de setembro, pola que se actualiza o Documento básico DB-HE «Aforro de enerxía», do Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.
A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño.
Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.
Tamén será subvencionable a renovación de portas que separen estadías calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro.
Considéranse custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.
2. Non son subvencionables:
a) Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros), por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.
b) Ocos acristalados non situados na fachada como, por exemplo, as fiestras tipo velux.
c) As fiestras que estean nas particións interiores das vivendas (fiestras interiores, fiestras de cuartos de baño interiores...), é dicir, aquelas que non separan estadías calefactadas do exterior.
d) En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa fosen obxecto de subvención nas anteriores campañas do «Plan Renove de fiestras».
3. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.
4. Non se considerarán subvencionables:
a) Os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento.
b) Os gastos realizados en bens usados.
5. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día seguinte da reserva de fondos e o derradeiro día do prazo de xustificación.
6. O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para os particulares, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, para o cal será necesario realizar unha declaración responsable (opción establecida na solicitude-anexo IV) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional ou, no caso de ser Administración pública, que non pode repercutir o IVE.
7. A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 /m2 de oco, cuns límites de 3.000 por vivenda unifamiliar/piso ou edificios de vivendas. Para o caso de comunidades de propietarios, a axuda máxima será de 3.000 por vivenda unifamiliar/piso, co máximo de 50.000 por edificio.
En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do custo total da obra.
8. Soamente se admitirá unha solicitude de axuda por solicitante e vivenda ou edificio de vivendas, con excepción da renovación de fiestras que fosen obxecto de axuda na convocatoria do Plan Renove de fiestras 2016 (Orde do 28 de decembro de 2015, DOG núm. 249, do 31 de decembro), sempre que o solicitante execute unha actuación non subvencionada anteriormente. Neste caso, a nova actuación si poderá ser subvencionable.
9. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
A quen vai dirixido?
Requisitos
- As beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS
SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA
SERVIZO DE ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
Edificio Advo. San Caetano, s/n - bloque 5 - 4ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545573 / 981545464
Fax: 981545515
Email: cei.dxem.axudasenerxía@xunta.es
Órgano responsable
SERVIZO DE ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017(DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2017).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
01/03/2017 - 29/09/2017
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 1 de marzo e finalizará o 29 de setembro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.
Documentación para a presentación
- Solicitude segundo o Anexo IV desta orde, acompañada da seguinte documentación:
- Documentación adicional obrigatoria para persoas físicas:
- Copia da escritura da vivenda a nome do solicitante, recibo do imposto de bens inmobles (IBI) a nome do solicitante.
- Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f) das bases reguladoras da orde.
- Anexo VI, de ser o caso.
- Documentación adicional obrigatoria para agrupacións de persoas físicas:
- Copia do documento que acredite a constitución da agrupación.
- Copia do nomeamento do representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
- Documento en que consten os compromisos de execución asumidos, así como o importe da subvención que se aplicará a cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios (anexo V).
- Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f) das bases reguladoras da orde.
- Anexo VI, de ser o caso.
- Documentación adicional obrigatoria para comunidades de vecinos:
- Copia da acta de constitución da comunidade de propietarios coa relación de propietarios e a determinación da cota de participación respectiva.
- Copia da certificación do acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios en que se aceptan as bases da convocatoria, se compromete á execución das respectivas obras e se faculta o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención.
- Copia da acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto, ou certificación do administrador de predios que xestione a comunidade.
- Anexo V debidamente cuberto.
- Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios, no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f) das bases reguladoras da orde.
- Anexo VI, de ser o caso.
- A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
- As solicitudes, deberán presentalas as entidades colaboradoras exclusivamente por vía electrónica, a traves do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben dende as páxinas web: https://entidadescolaboradoras.xunta.gal, https://planrenovefiestras.xunta.gal, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 39/2016, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Como podo?
+Como podo? Presentar unha solicitude
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico e identifíquese
Cubra o formulario
Anexe os documentos
Asine a solicitude
Descargue o xustificante
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Como podo? Presentar documentación de gran tamaño
Prepare a documentación a achegar
Comprobe o tamaño dos arquivos electrónicos
Presente electronicamente os documentos de tamaño inferior a 50 MB
Presente presencialmente os arquivos que superen os 50 MB
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx e .xml.
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 50 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 50 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 50 MB separe os arquivos de máis de 50 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 50 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 50 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 50 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 50 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Como podo? Responder a un requirimento de emenda
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario de emenda
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Como podo? Achegar documentación xustificativa
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Como podo? Consultar e xestionar os meus expedientes
Acceda ao seu espazo persoal
Os seus procedementos e borradores
Que podo facer?
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"