Novidade | Thu Sep 07 12:34:00 CEST 2017
Cambios nos formularios dos procedementos TR349A e TR349D
O 7 de setembro publicouse no Diario Oficial de Galicia unha corrección de erros que afecta á Orde do 19 de xullo de 2017, que regula a presentación dos procedementos TR349A e TR349D, ambos os dous relacionados co programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral.
Debido a esta publicación, os formularios de ditos procedementos foron modificados, polo que os borradores gardados antes da publicación no DOG non poderán ser presentados.
Para realizar a presentación electrónica nesta sede débese iniciar novamente a solicitude descartando o borrador anterior.
Novidade