Intervención programada
|
Publicado o 17/04/2024 ás 08:00 h.
Programado un mantemento que afectará o sábado 20 de abril entre as 08:00 e as 14:00 horas ao uso de certificados emitidos pola FNMT
Programado un mantemento que afectará o sábado 20 de abril entre as 08:00 e as 14:00 horas ao uso de certificados emitidos pola FNMT
Con motivo das tarefas de mantemento que o provedor de servizos de certificación FNMT (Fábrica Nacional de Moneda y Timbre) realizará o sábado 20 de abril entre as 08:00 e as 14:00 horas, pode verse afectado o acceso aos servizos desta sede empregando eses certificados dixitais.
Non se verá afectada a utilización de certificados emitidos por outros provedores de servizo de certificación nin tampouco a utilización de Chave365 para o acceso aos servizos dispoñibles nesta sede.