Modificación de prazo | Thu Jan 24 18:30:00 CET 2019

Amplíase ata o 11 de febreiro o prazo para presentar solicitudes dos procedementos TR301P e TR310A

Queda ampliado ata o luns 11 de febreiro deste ano o prazo de presentación de solicitudes dos seguintes procedementos:

  • TR301P - Accións formativas con compromiso de contratación dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas
  • TR310A - Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo
Modificación de prazo