Sistemas de identificación e sinatura admitidos na sede electrónica

Para realizar trámites na sede electrónica da Xunta de Galicia pódense utilizar os seguintes sistemas de identificación e sinatura.

Certificados electrónicos

A sede electrónica da Xunta de Galicia acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación.

Chave365

Chave365 permítelles aos cidadáns maiores de idade identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. Con Chave365, a persoa identifícase co seu NIF e clave de acceso persoal e asina electronicamente cun código único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.

Máis información sobre Chave365