Calendario e hora oficiais 2020

Data e hora oficiais

A sede electrónica da Xunta de Galicia réxese pola data e hora oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Á súa vez, o rexistro electrónico da Xunta de Galicia réxese, para os efectos do cómputo dos prazos, pola data e hora oficiais desta sede electrónica.

A sincronización da data e a hora da sede realízase co Real Instituto e Observatorio da Armada (ROA). Para calquera trámite que se realice desde esta sede, serán a data e hora oficiais que aquí se sinalan as que teñan validez legal, e non as do equipo desde o cal se efectúa o trámite. É necesario actualizalas cando se queira ter certeza da data e da hora nun momento dado.

Calendario de días inhábiles

Considéranse inhábiles, para os efectos do cómputo de prazos, os sábados, os domingos e os días declarados como festas laborais.

Para o 2020, na Comunidade Autónoma de Galicia, son os que figuran no artigo 1 do Decreto 81/2019, do 27 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2020 e na columna "Galicia" do anexo da Resolución do 3 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2020:

  • Aninovo: 1/1/2020
  • Día de Reis: 6/1/2020
  • Día de San Xosé: 19/3/2020
  • Xoves Santo: 9/4/2020
  • Venres Santo: 10/4/2020
  • Festa do Traballo: 1/5/2020
  • San Xoán: 24/6/2020
  • Día Nacional de Galicia: 25/7/2020
  • Asunción da Virxe: 15/8/2020
  • Festa Nacional de España: 12/10/2020
  • Inmaculada Concepción: 8/12/2020
  • Nadal: 25/12/2020