Inclusión social
"Recoñecer o dereito fundamental das persoas que se atopan en situación de pobreza e exclusión social a vivir con dignidade e a desempeñar un papel activo na sociedade" foi o primeiro dos obxectivos establecidos na decisión conxunta 1098/2008/CE do Parlamento-Consello Europeo, relativa ao 2010-Ano Europeo de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social.
Para cumprir este obxectivo, a Administración autonómica establece unha serie de prestacións dirixidas ás persoas máis desfavorecidas: renda de inclusión social de Galicia (Risga), axudas de inclusión social de carácter non periódico, pensións non contributivas de invalidez e de xubilación, axudas a entidades de iniciativa social, complemento por alugueiro de vivenda a persoas titulares de pensión non contributiva.
Estas axudas complétanse con medidas ofrecidas en ámbitos concretos: incentivos á contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social, axudas para evitar os cortes de subministración eléctrica, apoio a programas de loita contra a pobreza feminina, exencións no canon da auga e do lixo etc.
