Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS213W
Concerto Social para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Política Social e Igualdade
Facer fronte á privación material das familias máis desfavorecidas con menores a cargo, a través dun sistema de tarxetas e/ou vales físicos ou electrónicos intercambiables por alimentos e outros produtos de asistencia material básica, así como apoiar a súa inclusión social, a través das medidas de acompañamento que se establezan.
1. Poderán participar nesta convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia (en diante, RUEPSS).
b) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.
c) Acreditar a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional e unha experiencia mínima de atención ao colectivo destinatario do obxecto do concerto, segundo se establece na cláusula novena desta convocatoria.
d) Contar cun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura non inferior aos 150.000 euros, para garantir a obriga de indemnizar as persoas usuarias polos danos que se lles poidan ocasionar como consecuencia da execución do concerto.
e) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto desta convocatoria.
Os requisitos das alíneas a) e b) serán comprobados de oficio polo órgano competente para a formalización do concerto social, agás que a entidade se opoña ou non autorice a súa consulta.
Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
2. Non poderán concorrer a esta convocatoria as entidades que estean nalgún dos supostos de prohibición para concertar a que se refire o artigo 7 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
Complexo Administrativo de San Caetano. Edificio 8B
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544653
Email: sxinclusion.dxis@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
30/10/2025 00:00 - 01/12/2025 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade, para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais.
b) Unha relación de todos os documentos que presentan.
c) Documentación xustificativa da solvencia económica e financeira de acordo cos medios establecidos na base novena desta convocatoria.
d) Documentación xustificativa da solvencia técnica ou profesional de acordo cos medios establecidos na base novena desta convocatoria.
e) Documentación acreditativa da experiencia mínima na atención ao colectivo destinatario do obxecto do concerto exixida na base novena da convocatoria. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. Neste caso, a entidade presentará unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.
f) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia recollidos na base décimo sétima desta concertación.
g) Declaración responsable sobre a exención do imposto sobre o valor engadido.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse a través de medios electrónicos.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Inscrición no RUEPSS da entidade solicitante.
d) Certificado de que a entidade solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
30 días hábiles contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 22 de outubro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea (DOG nº 209 do 29 de outubro de 2025).
-
Resolución do 10 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 9 de decembro de 2025 pola que se selecciona a unha entidade privada de iniciativa social, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea (DOG nº 241 do 15 de decembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano