Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SI427D
Subvencións a entidades locais para a mellora do equipamento dos Centros de Información ás Mulleres (CIM).
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Política Social e Igualdade
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Axudas para o equipamento dos Centros de Información ás Mulleres (CIM).
- Serán subvencionables a realización de investimentos nos CIM para a adquisición de equipamento informático (ordenadores, monitores, impresoras e similares), para a adquisición de equipamento de oficina (fotocopiadora, fax e similares) e mobiliario (mesas, cadeiras e similares).
- Non serán subvencionables os gastos de material para o normal funcionamento dos equipamentos informáticos, ofimáticos, transmisión e outros, a adquisición de soportes e memorias externas e de gravación en xeral, os paquetes estándar de software e similares.
Só serán subvencionables os investimentos realizados entre o 1 de xaneiro de 2015 ata o 30 outubro de 2015.
As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e coas obrigas exixidas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación, en particular, as seguintes:
1. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal fosen concedidos.
2. Acreditar ante o órgano concedente a realización da actividade subvencionada, así como o cumprimento dos requisitos e das condicións que determinen a concesión ou desfrute da axuda.
3. Manter o investimento durante cinco anos, segundo o previsto no artigo 57 do Regulamento (CE) 1083/2006.
4. Levar un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro desta resolución e deberán conservar a documentación xustificativa dos ditos gastos por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, de acordo co disposto nos artigos 60 e 90 do Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo de 2006.
5. Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e das obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente público nacional ou internacional.
6. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
7. Someterse ás actuacións de supervisión e control dos órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e da Secretaría Xeral da Igualdade, para realizar as comprobacións e verificacións que se consideren precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta resolución e demais normas vixentes que resulten de aplicación. En particular, queda sometida ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
8. Dar cumprimento á obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto no Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión. Na publicidade deberan figurar todas as especificacións exixidas na normativa indicada e, neste caso, deberá colocarse unha placa ou un adhesivo nos equipamentos subvencionados cos logos e lendas de obrigada inclusión (emblema da Unión Europea, referencia ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), declaración do fondo: «Unha maneira de facer Europa» e imaxe corporativa da Xunta de Galicia), segundo o modelo que se estableza na páxina web do órgano concedente.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Promoción da Igualdade
Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade
Servizo de Programación, Cooperación Institucional e Planificación
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957783
Fax: 981957690
Email: promocion.igualdade@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
11/07/2015 00:00 - 10/08/2015 23:59
Comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 10 de agosto de 2015.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
a) Anexo I: solicitude debidamente cuberta e asinada pola persoa que teña a representación da entidade local solicitante.
b) Anexo II: memoria e orzamento desagregado do proxecto de investimento para o equipamento do CIM, asinada pola persoa que teña a representación da solicitante.
c) Anexo III: certificado do órgano competente en que se faga constar o compromiso de achegar o importe do orzamento necesario para completar a realización do proxecto de investimento para o que se solicita subvención.
d) Calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que e pertinente para unha mellor valoración da solicitude.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- Solicitude
- Anexo III
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 8 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia para a mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 182/2004, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria no ano 2015 (DOG nº 129 do 10 de xullo de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Informe de usos especiais da estrada
Aberto todo o ano
Acceso, modificación e baixa, ás instalacións portuarias controladas por barreiras físicas e para uso de puntos de fornecemento de auga e electricidade.
Aberto todo o ano
Outorgamento de licenzas para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais.
Aberto todo o ano
Subvencións para a prestación de servizos bancarios básicos.
Prazo pechado: 23/06/2021 00:00 - 22/07/2021 23:59