Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR207A
Prazas de residencia nos centros de formación e experimentación agraria dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería do Medio Rural
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
O obxecto do procedemento é a adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria (CFEA) da Axencia Galega da Calidade Alimentaria para o curso académico 2026-2027 nos CFEA de Lourizán (Pontevedra), Sergude (Boqueixón), Pedro Murias (Ribadeo) e Becerreá (código de procedemento MR207A).
O obxectivo da posta a disposición de prazas de residencia e de comedor é o de prestar un servizo complementario ao desenvolvemento educativo da poboación do medio rural, que permite potenciar o acceso á formación continua e aos ciclos de formación profesional agraria de grao medio e grao superior que se imparten nos centros anteditos.
O número de prazas ofertadas para o logro deste obxectivo e a súa distribución por centros é a seguinte:
CFEA de Lourizán (Pontevedra) --- 32 prazas en réxime de pensión completa --- 28 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo
CFEA de Sergude (A Coruña) --- 30 prazas en réxime de pensión completa --- 70 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo
CFEA "Pedro Murias" (Ribadeo) --- 21 prazas en réxime de pensión completa --- 23 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo
CFEA de Becerreá (Lugo) --- 0 prazas en réxime de pensión completa --- 45 prazas de comedor (só xantar)-para curso completo
Estudantes nos centros de formación e experimentación agraria (CFEA) da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Área de Formación, Innovación e Investigación
Departamento de Formación
Avenida do Camiño Francés, nº 10
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546679/ 981546664
Email: formacion.cmrm@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Área de Formación, Innovación e Investigación
Departamento de Formación
Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude
Lugar de Quián
15881 Boqueixón (Coruña, A)
Teléfono: 881 867 325
Email: cfea.sergude@xunta.gal
https://agacal.xunta.gal/es/formacion/centros-de-formacion-experimentacion-agraria
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Área de Formación, Innovación e Investigación
Departamento de Formación
Centro de Formación e Experimentación Agraria de Becerreá
Pena do Pico
27695 Becerreá (Lugo)
Teléfono: 982 82 83 67
Email: cfea.becerrea@xunta.gal
https://agacal.xunta.gal/es/formacion/centros-de-formacion-experimentacion-agraria
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Área de Formación, Innovación e Investigación
Departamento de Formación
Centro de Formación e Experimentación Agraria de Pedro Murias
El Pinar 15 Vilaframil
27797 Ribadeo (Lugo)
Teléfono: 982 828 550
Email: cfearibadeo@xunta.gal
https://agacal.xunta.gal/es/formacion/centros-de-formacion-experimentacion-agraria
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega Da Calidade Alimentaria (AGACAL)
Área de Formación, Innovación e Investigación
Departamento de Formación
Centro de Formación e Experimentación Agraria de Lourizán
R/ Igrexa, 19
36153 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986 805 088
Email: cfea.lourizan@edu.xunta.es
https://agacal.xunta.gal/es/formacion/centros-de-formacion-experimentacion-agraria
Prazo de presentación: ABERTO
09/07/2026 00:00 - 29/07/2026 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será do 9 ao 29 de xullo de 2026.
1. Serán requisitos para ser adxudicatario/a da praza de residencia nos centros de formación e experimentación agraria dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria:
a) Ser cidadán/á de calquera país da Unión Europea ou estranxeiro/a que acredite a residencia ou estea dentro dun programa de cooperación internacional.
b) Ter feitos os 16 anos de idade no ano da publicación da convocatoria.
c) Estar matriculado, en calquera dos CFEA adscritos á Agacal nun ciclo de formación profesional durante o curso escolar.
2. Non terán dereito á reserva de praza de residencia en pensión completa as persoas que, no curso académico inmediatamente anterior, tivesen adxudicada a dita praza e que, durante ese período, acumulasen máis de 3 faltas graves de convivencia, segundo o establecido no regulamento interno do CFEA, ou acumulasen máis de 10 días de ausencia continuada sen xustificar, ou 20 días de ausencia non continuada sen xustificar.
3. Os residentes perderán o dereito de residencia durante o curso escolar cando acumulen 3 faltas graves de convivencia segundo o establecido no regulamento interno do CFEA, ou acumulen máis de 10 días de ausencia continuada ou 20 días de ausencia non continuada sen xustificar.
Solicitudes
1. As persoas que no curso académico anterior tivesen praza de residencia conservarana para o curso seguinte dun ciclo formativo, logo da presentación da correspondente solicitude, sempre que acrediten o cumprimento dos requisitos académicos para o dito curso e non sexan repetidores/as deste.
As solicitudes para a renovación de praza do alumnado escolarizado durante o curso 2025/26 e as solicitudes de novo ingreso presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado MR207A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
2. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente as solicitudes en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. Para o novo ingreso. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II. Comprobación dos datos doutras persoas que compoñen a unidade familiar, de ser o caso.
b) Documentación acreditativa da condición de orfandade, de ser o caso.
c) Documentación acreditativa dos estudos de bacharelato, formación profesional específica ou universitaria que estean cursando os irmáns ou as irmás das persoas solicitantes, fóra do domicilio habitual, de ser o caso.
d) Contrato de alugamento ou matrícula nunha residencia de estudantes ou establecemento de similares características dos irmáns ou as irmás das persoas solicitantes que estean cursando estudos fóra da súa residencia habitual, de ser o caso.
e) Certificación académica na cal figuren as notas correspondentes ao curso escolar inmediatamente anterior a esta convocatoria para aquelas persoas solicitantes que procedan doutro centro formativo.
f) Copia do título de familia numerosa, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.
g) Documentación acreditativa do grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma.
h) Documentación acreditativa de familia monoparental, no caso de ser expedido por outra comunidade autónoma, mediante certificado de familia monoparental, convenio regulador ou resolución de medidas paterno/maternofiliais.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos por separado da solicitude, deberase indicar o código e órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.
c) DNI ou NIE do resto das persoas da unidade familiar, de ser o caso.
d) Datos de convivencia actual.
2. Para solicitudes de novo ingreso, consultaranse, ademais, os seguintes datos:
a) Certificado da renda, tanto da persoa solicitante como dos demais membros que compoñen a unidade familiar obrigados a declarar (anexo I, no caso da persoa solicitante, e anexo II, para os demais membros que compoñen a unidade familiar).
3. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso, consultarase ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Título de familia numerosa da persoa solicitante, no caso de ser expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.
b) Grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % da persoa solicitante e de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar, cando sexa expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.
c) Certificado de familia monoparental da persoa solicitante, no caso de ser expedido pola Xunta de Galicia.
4. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
5. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería (DOG nº 176 do 16 de setembro de 2013).
-
Resolución do 11 de xuño 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria, e se convocan para o curso académico 2026/27 (DOG nº 117 do 25 de xuño de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Adxudicación de prazas de residencia nos centros residenciais docentes
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 20/06/2026 00:00 - 05/08/2026 23:59
Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes
Prazo aberto: 20/06/2026 00:00 - 07/08/2026 23:59
Premios extraordinarios de bacharelato
Prazo aberto: 17/07/2026 00:00 - 17/08/2026 23:59
Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior
Prazo aberto: 11/07/2026 00:00 - 10/08/2026 23:59