Guía de procedementos e servizos

TR340E

Programa II: axudas e subvencións ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 26/01/2019 00:00 - 30/09/2019 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

1. Coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2019 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

2. As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan neste programa para cada modalidade.

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.

c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego por Conta Allea

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544610 / 981957731

Fax: 981957748

Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

26/01/2019 00:00 - 30/09/2019 23:59

O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 30 de setembro de 2019. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

1.Para poder acceder ás distintas liñas de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.

2. Non poderán obter a condición de beneficiario das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, agás que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día do pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentación común

  • Poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar en nome da persoa solicitante, no caso de actuar por medio de representante.

  • Escritura de constitución e incrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas, no caso de persoas xurídicas.

  • Memoria económica e descritiva do proxecto empresarial, asinada pola persoas representante da empresa (anexo V-A).

  • Alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Documentación específica

  • Subvención á creación directa de emprego estable:

    • Declaración do número de empregos estables creados polos que se solicita subvención, indicando se son ocupados ou non por persoas tituladas universitarias (anexo II-A).

    • Declaración da empresa na que se faga constar os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita a subvención (anexo II-A).

  • Documentación acreditativa do colectivo polo cal se opta (para os caos de exclusión social ou discapacidade recoñecida fóra de Galicia).

    • Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persona nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.

    • Certificado de emigrante retornado, expedido polas delegacións ou subdelegacións do goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.

    • Documentación xustificativa de ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer,de ser o caso.

  • Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.

    • Memoria descritiva da necesidade de contratación de técnicos/as de alta cualificación, número, perfís profesionais e funcións que se van realizar e custos laborais totais.

    • Declaración da empresa na que se faga constar os custos salariais totais de cada persoa traballadora por conta allea pola que se solicita a subvención (anexo II-A).

  • Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade:

    • Memoria descritiva da actividade e relación detallada dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade, con indicación daqueles aos que se vai destinar a subvención.

    • Listaxe asinada coa relación de investimentos realizados ( anexo IV-A).

    • Facturas e , no caso de estar efectivamente pagadas, o correspondente xustificante bancario do seu pagamento ou, na súa falta, facturas proforma ou orzamentos dos provedores e acredores dos gastos obxecto da subvención.

    • Declaración do número de empregos estables creados e relación nominal de traballadores (anexo II-A).

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • DNI ou NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante, de ser o caso.

  • Alta no Imposto de Actividades Económicas.

  • Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.

  • Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Administración Tributaria de Galicia.

  • Certificación de estar ao día coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    • Extracto da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (Programa II) (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    • Corrección de erros. Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2019).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN608B

Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE621F

Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR485A

Inscrición no rexistro de plans de autoprotección da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aberto todo o ano

PR805B

Modificación da inscrición no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano