Guía de procedementos e servizos

TR812A

Conciliación previa á xurisdición laboral

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

 Actualizar o modelo da papeleta de conciliación para presentar nas seccións de mediación, arbitraxe e conciliación (SMAC) da Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de celebrar o acto de conciliación previo á tramitación de calquera procedemento laboral sobre un conflito individual 

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.) - A Coruña

Rúa Mª Victoria Fernández-España, 1baixo

15002  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182393

Email: smac.coruna.traballo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.) - Ferrol

R/Real, 1-1º

15402  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 881930301/881930302

Email: smac.ferrol.traballo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.) - Santiago

Edif. Admvo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957685

Email: smac.santiago.traballo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.) - Lugo

Ronda de Fingoi, 170

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294292/982294291

Email: esindicais.traballo.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.) - Ourense

Concepción Arenal, 1

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988788408/988788410

Email: smac.traballo.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.) - Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-4º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206532/886206533

Email: smac.pontevedra@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.) - Vigo

R/Teófilo Llorente, 6 baixo

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 886111104

Email: smac.vigo@xunta.gal

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Solicitudes

1. A papeleta de conciliación presentarase preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O devandito anexo I de solicitude de conciliación previa fará as veces de papeleta de conciliación.

Naqueles casos en que haxa varios demandantes cubrirase tamén o anexo II.

Naqueles casos en que haxa varios demandados cubrirase tamén o anexo III.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as persoas traballadoras autónomas e as persoas representantes dunha das anteriores, así como para aquelas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da dita actividade profesional.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas obrigadas a presentar a solicitude electronicamente a presenta presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (http://sede.xunta.gal/chave365)

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– Documento acreditativo da representación, no caso de que a persoa solicitante actúe por medio de representante.

– Anexo II, naqueles casos en que haxa varios demandantes.

– Anexo III, naqueles casos en que haxa varios demandados.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa demandante.

– NIF da entidade demandante

– DNI/NIE da persoa representante.

– NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de agosto de 2025 pola que se actualiza o modelo de papeleta de conciliación para presentar nas seccións de mediación, arbitraxe e conciliación (SMAC) da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 158 do 20 de agosto de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701C

Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701D

Inicio de cursos para o personal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outras prácticas de decoración persoal que impliquen a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e manexo de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA850A

Solicitude de acreditación de actividades no sistema acreditador da formación continuada das profesións sanitarias a través de Saga.

Aberto todo o ano