Guía de procedementos e servizos

PE130B

Axudas directas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sostibilidade das entidades asociativas.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 13/08/2024 00:00 - 27/08/2024 23:59

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

Regular a aceptación das axudas de concesión directa de carácter extraordinario destinadas a garantir a sostibilidade das entidades asociativas do sector, mediante a achega de fondos para manter a operatividade destas entidades

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores de Galicia, así como as súas federacións; tamén poderán ser persoas beneficiarias as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector do mar, sempre que sexan entidades titulares de plans de xestión para recursos marisqueiros xerais no ano 2024 con sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Non poderán obter a condición de beneficiario aquelas entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

3. O incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 do capítulo VI ou das obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións 3ª e 4ª co capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, impedirá ás confrarías de pescadores de Galicia e ás súas federacións ser beneficiarias de axudas, subvencións, indemnizacións ou beneficios de calquera tipo.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546177

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

13/08/2024 00:00 - 27/08/2024 23:59

1. As persoas beneficiarias incluídas na relación provisional do anexo e aquelas outras entidades que non figuren nela, no caso de non estar de acordo co nel reflectido, disporán dun prazo de 5 días naturais, contados desde o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para achegar as alegacións e documentación que xulguen oportunas.

2. A unidade tramitadora procederá á revisión das alegacións e/ou documentación presentada e procederá á resolución destas nun prazo máximo de 10 días hábiles desde a finalización do prazo sinalado no punto anterior.

3. Transcorrido o prazo sinalado no punto 2, unha vez resoltas as correspondentes alegacións á listaxe provisional, emitirase unha lista definitiva que se fará pública no seguinte enderezo https://mar.xunta.gal/gl/de-interese/novidades

4. As persoas beneficiarias incluídas nesta relación definitiva disporán dun prazo de 10 días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta relación definitiva, para aceptar a axuda.

5. A non aceptación da axuda no prazo indicado suporá a renuncia a ela.

 Forma e lugar de presentación da aceptación.

As persoas beneficiarias incluídas na lista definitiva deberán presentar por escrito esta aceptación, segundo o formulario que acompaña a esta resolución (anexo I) e no que se indicará o número de conta para o aboamento da axuda. A aceptación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do devandito formulario normalizado do anexo I e dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa aceptación presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos por sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

1. As persoas interesadas deberán achegar co formulario de aceptación da axuda (anexo I) a seguinte documentación:

a. Nomeamento de representante, cando proceda.

b. Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais da entidade e da escritura de constitución, con excepción das confrarías e das súas federacións que permitan a consulta establecida na letra h) do punto décimo primeiro desta resolución.

c. Copia do poder de representación do representante legal da persoa solicitante para os efectos da aceptación desta axuda, no caso de que tal poder non figure na certificación rexistral.

d. De ser o caso, certificación do secretario da entidade do acordo do órgano de goberno respecto á aceptación da axuda ou, dependendo do tipo de entidade, documentación equivalente que permita realizar a comprobación deste aspecto.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesa ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. Formará parte do formulario de aceptación da axuda a declaración de outras axudas de minimis recibidas durante o exercicio fiscal en curso e os dous exercicios anteriores ao da presente solicitude.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario de aceptación deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para tramitar estas axudas consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

a. DNI/NIE/NIF da persoa ou entidade representante.

b. NIF da entidade solicitante.

c. Consulta de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d. Consulta de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.

e. Consulta de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

f. Consulta de concesións pola regra de minimis.

g. Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

h. No caso das confrarías de pescadores e das súas federacións, consulta dos estatutos depositados no Servizo de Apoio e Relación coas Organizacións Sectoriais da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

i. No caso das confrarías de pescadores e das súas federacións, consulta do cumprimento das obrigas establecidas nos artigos 55 e 58 do capítulo VI ou das obrigas de constitución dos órganos reitores recollidas nas seccións 3ª e 4ª co capítulo IX do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso das persoas interesadas para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación do formulario de aceptación.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación do formulario de aceptación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

As resolucións de concesión ou denegación da axuda poderán ditarse sucesivamente a medida que se vaia verificando que toda a documentación que exixe o punto décimo desta resolución é correcta e está completa.

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de xullo de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario ás entidades asociativas do sector pesqueiro destinadas a garantir a súa sustentabilidade (DOG nº 142 do 23 de xullo de 2024).

    • Extracto da Resolución do 22 de xullo de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario ás entidades asociativas do sector pesqueiro destinadas a garantir a súa sustentabilidade (DOG nº 142 do 23 de xullo de 2024).

    • Resolución do 6 de novembro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de xullo de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario ás entidades asociativas do sector pesqueiro destinadas a garantir a súa sustentabilidade (código de procedemento PE130B) (Diario Oficial de Galicia número 142, do 23 de xullo) (DOG nº 221 do 15 de novembro de 2024).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE155D

Axudas destinadas á creación e consolidación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/08/2026 00:00 - 21/09/2026 23:59

PE209Q

Axudas a proxectos que permitan paliar as perdas por mortalidade de moluscos tras a afectación polos episodios de choivas de 2026.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 14/08/2026 00:00 - 14/09/2026 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano