Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT420B
Probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
1. As probas que deben superarse para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento administrativo: MT420B) rexeranse pola bases contidas neste anexo.
2. As probas para obter o certificado de capacitación consitirán na realización dun exercicio teórico escrito e dun exame práctico con cans.
Realización das probas.
1. A data ou datas da realización das probas, así como os cadros de horarios, serán acordados polo tribunal cualificador e publicados no Diario Oficial de Galicia cunha antelación mínima de quince días naturais á data ou datas elixidas.
Nesta publicación o tribunal cualificador completará, se así o considera conveniente, as instrucións de funcionamento e desenvolvemento das probas coas indicacións que resulten axeitadas para garantir a súa correcta operatividade, sen prexuízo das que, para o mesmo fin, poida adoptar no mesmo momento da súa realización.
2. As persoas aspirantes serán convocadas en chamamento único e perderá o dereito a realizar a proba quen non compareza.
3. As persoas aspirantes deberán presentarse para facer as probas co documento nacional de identidade orixinal e en vigor, ou con outro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal cualificador. De non facelo así, non serán admitidas á realización das probas.
Persoas físicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas
Servizo de Conservación da Biodiversidade
Edificio Administrativo San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957893/ 981547213
Fax: 981546102
Email: animaisdomesticos.conservacion@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
19/09/2017 00:00 - 09/10/2017 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
En consonancia co disposto no artigo 14.2 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deben reunir no momento da presentación da solicitude, os seguintes requisitos:
a) Ser maiores de idade.
b) Non estar incapacitadas física nin psiquicamente.
c) Ausencia de antecedentes penais por delictos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade, ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico.
d) Ausencia de sancións por infraccións en materia de protección animal ou en materia de tenza de animais potencialmente perigosos.
e) Antecedentes e experiencia acreditada durante un mínimo de 5 anos no adestramento de cans.
As persoas aspirantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificado de capacidade física e aptitude psicolóxica, expedido para a tenza de animais potencialmente perigosos, por un centro médico-psicotécnico homologado cunha vixencia non superior a un (1) ano desde a data de expedición.
b) Curriculum vitae onde se detalle a experiencia profesional e a formación académica, relacionada en ambos os casos co adestramento de cans, cos correspondentes certificados de formación e experiencia profesional que os demostren.
Comprobación dos datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) Ausencia de sancións por infraccións en materia de protección animal ou en materia de tenza de animais potencialmente perigosos.
c) Ausencia de antecedentes penais por delictos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade, ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, de asociación con banda armada ou de narcotráfico emitido polo Ministerio de Xustiza en data posterior á data de publicación desta convocatoria.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes para a realización das probas para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia axustarase ao modelo normalizado que se recolle como anexo III desta resolución, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código MT420B.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude inclúe a declaración da persoa solicitante de que todos os datos contidos nela e os documentos que achegan son certos.
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente e se atopen en prazo de vixencia. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta está autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75 do 22 de abril de 1993).
-
Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos (DOG nº 63 do 2 de abril de 2002).
-
Corrección de erros.-Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de animais de compañía e potencialmente perigosos e de adestradores caninos (DOG nº 75 do 18 de abril de 2002).
-
Resolución do 4 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán a realización das probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 177 do 18 de septiembre de 2017).
-
Resolución do 7 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se nomea o tribunal cualificador e se fixan o lugar e a data de realización da proba teórica dirixida á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 58 do 22 de marzo de 2018).
-
Acordo do 25 de maio de 2018, do tribunal cualificador designado para a realización das probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que se fai pública a data, a hora e o lugar do exame práctico (DOG nº 105 do 4 de xuño de 2018).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o Réxime Xurídico da Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos (BOE nº 307 de 24 de decembro de 1999).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano