Guía de procedementos e servizos

MT201Z

Modificación substancial da autorización ambiental integrada

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

Unha modificación realizada na instalación é substancial cando, en opinión do órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada e de acordo cos criterios establecidos no artigo 10.4 e 5 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, poida ter repercusións prexudiciais ou importantes para as persoas e o medio ambiente.

No caso de que o titular proxecte realizar unha modificación de carácter substancial, esta non poderá levar a cabo ata que a autorización ambiental integrada non sexa modificada polo procedemento simplificado regulado no artigo 15 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

Os titulares das instalacións onde se desenvolva algunha das actividades industriais incluídas no ámbito de aplicación do Real Decreto Lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, deberán comunicar ao órgano competente para outorgar a autorización ambiental integrada calquera modificación, substancial ou non, que se propoña realizar na instalación.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental

San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541040/ 981957290

Email: avaliacion-ambiental.cmot@xunta.gal

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. A solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada regúlase na Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación), no artigo 10 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, no artigo 14 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia. Afecta as actividades industriais incluídas nas categorías enumeradas no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación.

2. O modelo para a súa solicitude é o que consta no anexo XXVI desta orde co código de procedemento MT201Z.

3. Neste procedemento a persoa solicitante deberá declarar que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

  • Expedición, renovación e modificación substancial da autorización ambiental integrada ( 32.57.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Presentación de solicitudes

Nos procedementos regulados nesta orde que se detallan a seguir, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

- De conformidade co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, a presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria e os traballadores autónomos e as traballadoras autónomas para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores.

- Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación

A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo XXVI; isto é:

• Solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada, co seguinte contido mínimo (artigo 10 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, e artigos 14 e 15 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación):

◦ Os documentos que xustifiquen o carácter substancial da modificación que se vai realizar. Para a xustificación da modificación substancial terase en conta:

▪ A maior incidencia desta sobre a seguridade, a saúde das persoas e o ambiente nos aspectos especificados no artigo 10.4 do citado Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

▪ Os criterios recollidos no artigo 14 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro.

◦ Un proxecto básico que inclúa, segundo corresponda:

▪ A parte ou partes da instalación afectada pola modificación.

▪ O estado ambiental do lugar en que se localiza a instalación e os posibles impactos que se prevexan coa modificación substancial que se pretende, abranguendo aqueles que poidan orixinarse ao cesar a explotación desta.

▪ Medidas previstas para controlar as emisións ao ambiente.

◦ A documentación exixida pola normativa de augas, de acordo co disposto no artigo 9 do Regulamento de emisións industriais e no artigo 12.1.c) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

◦ Aquela documentación que conteña os datos que permitan comparar o funcionamento e as emisións da instalación cos niveis de emisión asociados ás mellores técnicas dispoñibles descritos nas conclusións sobre as MTD.

◦ Calquera outra información e documentación acreditativa do cumprimento de requirimentos establecidos na lexislación aplicable, incluída, se for o caso, a referida a fianzas ou seguros obrigatorios que sexan exixibles.

◦ No caso de que varíen as circunstancias urbanísticas sobre as cales se informou, achegarase un informe urbanístico do concello en cuxo territorio se localice a instalación, acreditativo da compatibilidade da modificación substancial co planeamento urbanístico, de acordo co establecido no artigo 15 do Real decreto lexislativo, do 16 de decembro, e co artigo 7 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro.

◦ Outra documentación referida a feitos, situacións ou demais circunstancias e características técnicas da instalación, do proceso produtivo e da localización, no caso de que non tivese sido achegada con motivo da solicitude da autorización orixinal.

• A determinación dos datos que, a xuízo do solicitante, gocen de confidencialidade de acordo coas disposicións vixentes.

• Documentación acreditativa da presentación do informe de situación de solos por modificación substancial.

• Resumo non técnico.

• Taxa administrativa (código 32.57.01).

• Escrituras de constitución ou modificación da sociedade inscrita no rexistro mercantil, sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

• Acreditación da representación con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil, sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.

- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica da documentación complementaria será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Nos procedementos regulados nesta orde con presentación electrónica e presencial, a documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

- No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para isto, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos previstos na presente orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Resolución do órgano ambiental competente pola que se formula informe favorable de avaliación ambiental do proxecto.

f) Informe favorable do órgano competente en materia de minas nos casos de reenchemento con fins de rehabilitación de terreos afectados por industrias extractivas.

g) Inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

h) Autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano