Guía de procedementos e servizos

IN639A

Inscrición no Rexistro de Control Metrolóxico de Fabricantes, Importadores, Comercializadores ou Arrendadores.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
O Rexistro de Control Metrolóxico é de carácter público. Deberán ser inscritos os datos relativos ás persoas ou entidades que actúan no ámbito do control metrolóxico do Estado entre os cales encóntranse as que fabriquen, importen, comercialicen, reparen ou cedan en arrendamento os instrumentos ou sistemas sometidos ao control metrolóxico do Estado e as súas modificacións.

Na Comunidade Autónoma de Galicia o Rexistro de Control Metrolóxico xestionarase dende á dirección xeral con competencias en materia de industria.

A inscrición no Rexistro de Control Metrolóxico realizarase de oficio pola Administración a partir da información achegada ao solicitar calquera operación substantiva de carácter metrolóxico.

A Administración pública competente emitirá un certificado acreditativo da inscrición cando así sexa solicitado polo inscrito.

O período de vixencia das inscricións será indefinido. As Administracións públicas competentes velarán periodicamente, e como máximo cada dous anos, o mantemento das condicións que deron lugar á inscrición.

Toda inscrición no Rexistro de Control Metrolóxico se lle asignará unha identificación alfanumérica na forma seguinte:

XX-E-ZZZZ / MM

Onde: XX representan os dous díxitos que identifican á Administración pública que efectúe a inscrición, E é a letra que serve para identificar o sector de actividade, ZZZZ son os catro díxitos correspondentes ao número correlativo de rexistro dentro de cada sector de actividade, asignados pola Administración pública que leve a cabo a inscrición.

MM son os dous díxitos correspondentes ao ordinal correspondente á modificación de datos cando esta se leve a cabo.

Persoas ou entidades que actúan no ámbito do control metrolóxico do Estado entre os os cales encóntranse as que fabriquen, importen, comercialicen, reparen ou cedan en arrendamento os instrumentos ou sistemas sometidos ao control metrolóxico do Estado e as súas modificacións.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Servizo de Seguridade Industrial

Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957789

Fax: 981957192

Servizo de Seguridade Industrial
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Xustificante de liquidación de taxas.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    • Decreto 78/2011, do 14 de abril, polo que se establece a ordenación das funcións do control metrolóxico do Estado que corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia, e se aproba o regulamento de vixilancia e inspección de instrumentos sometidos a control metrolóxico (DOG nº 91 do 11 de maio de 2011).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía. (BOE nº 309 do 23 de decembro de 2014).

    • Real decreto 244/2016, do 3 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía (BOE nº 137 do 7 de xuño de 2016).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG500A

Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano