Guía de procedementos e servizos

PR960A

Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Tempada 2024/2025, 2ª fase - Prazo pechado: 03/06/2025 00:00 - 09/06/2025 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

A posta en marcha da XVI edición do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia. Tempada 2024/2025 – 2ª fase

Entidades galegas que contan con equipos que compiten en modalidades/especialidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta/senior e/ou previa á absoluta.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

Rúa Madrid, nº 2-4 - 2º andar (Fontiñas)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996377/ 881996373

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/plan-patrocinio-equipos-alta-competicion-tempada-20242025-2a-fase

Fundación Deporte Galego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

03/06/2025 00:00 - 09/06/2025 23:59

O prazo máximo para presentar as solicitudes será de 7 días naturais, contados desde a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente á sinalada será causa de rexeitamento ou exclusión.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio, ao email correspondente facilitado pola respectiva Federación Deportiva Galega, cursando invitación para a presentación da solicitude de patrocinio acompañando o texto do Plan. A Entidade invitada a tomar parte no procedemento PR960A, presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR960A.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Plan de Patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia. Tempada 2024/2025 – 2ª fase.

    • Anuncio do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia, tempada 2024/25, segunda fase (DOG nº 103 do 2 de xuño de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR946A

Inscrición no rexistro de entidades deportivas

Tramitar en liña

Aberto todo o ano