Guía de procedementos e servizos

ED305B

Licenza por formación para o profesorado.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 22/06/2016 00:00 - 21/07/2016 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras polas que se rexerá tanto a convocatoria pública como a execución das licenzas por formación para o curso académico 2016/17, dirixidas ao persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2016/17 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte prelación:

a) Persoal docente funcionario que non gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2014/15 e 2015/16).

b) Persoal docente funcionario que gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2014/15 e 2015/16).

c) Persoal interino.

2. A distribución da duración das licenzas por modalidades, expresada en meses, é a que se recolle no anexo I desta orde de convocatoria.

Modalidades de licenzas por formación.

As licenzas por formación, todas elas retribuídas, poden solicitarse para as seguintes modalidades:

Modalidade 1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.

Ten por obxecto a creación de materiais dixitais para o programa de educación dixital en niveis obrigatorios e segundo ciclo de educación infantil. Valorarase preferentemente a creación de secuencias didácticas das materias de libre configuración autonómica para os niveis indicados, así como materiais vinculados á atención á diversidade nestes niveis. Terán especial consideración aqueles materiais dixitais que permitan o visionamento en calquera tipo de dispositivo, incluídos os móbiles, é dicir, HTML5, HTML ou Javascript. A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.

A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 2. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.

Ten por obxecto a creación de materiais dixitais para o programa de educación dixital en niveis obrigatorios e segundo ciclo de educación infantil. Valorarase preferentemente a creación de secuencias didácticas para as materias de libre configuración autonómica dos niveis indicados, así como materiais vinculados á atención á diversidade nestes niveis. Terán especial consideración aqueles materiais dixitais que permitan o visionamento en calquera tipo de dispositivo, incluídos os móbiles, é dicir, HTML5, HTML ou Javascript. A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.

A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

Ten por obxecto a elaboración ou adaptación de materiais plurilingües que desenvolvan actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación ás cales se refire o punto 2 do artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:

- Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.

- Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.

Con carácter xeral, serán obxecto de elaboración de materiais os módulos profesionais de formación profesional establecidos ao abeiro da LOE.

No anexo IX relaciónanse os módulos profesionais que xa foron obxecto de elaboración de materiais noutras convocatorias, coa indicación do número de horas pendentes de elaborar e o número de horas pendentes de adaptación.

Está dirixida preferentemente ao profesorado que fose formado pola Consellería no procedemento de elaboración de programación de módulos da LOE (cursos, proxectos de formación profesional, grupos de traballo, etc.).

A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 4. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.

Ten por obxecto a elaboración de materiais plurilingües inéditos que desenvolvan actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación ás cales se refire o punto 2 do artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Os materiais poderán ser redactados nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.

Con carácter xeral, serán obxecto de elaboración de materiais os módulos profesionais establecidos ao abeiro da LOE.

No anexo IX relaciónanse os módulos profesionais que xa foron obxecto de elaboración de materiais noutras convocatorias, coa indicación do número de horas pendentes de elaborar.

Está dirixida preferentemente ao profesorado que fose formado pola Consellería no procedemento de elaboración de programación de módulos da LOE (cursos, proxectos de formación profesional, grupos de traballo, etc.).

A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 5. Proxecto individual ou en grupos de dous a tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.

Ten por obxecto a creación de cursos non presenciais de formación do profesorado que poderán impartirse na Plataforma de teleformación galega (Platega). A presentación do proxecto versará sobre algunha das temáticas preferentes propostas no anexo VIII, con mención expresa das subcompetencias profesionais correspondentes, e segundo as instrucións proporcionadas polo departamento correspondente do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), que coordinará o curso. O obxectivo desta modalidade é a creación e, de ser o caso, a posterior titoría dos cursos, segundo o compromiso recollido no anexo V e nas condicións normativas establecidas no desenvolvemento de actividades de formación permanente do profesorado. A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.

A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, dentro do período comprendido entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2016.

Modalidade 6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

Ten por obxecto o perfeccionamento da lingua estranxeira correspondente e a consecución da cualificación necesaria para promover a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües, segundo o compromiso recollido no anexo VI. Está dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario que acredite como mínimo o nivel B2 en lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) ou teña coñecemento equivalente acreditable segundo a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas polo profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería, agás o establecido para o profesorado actualmente en seccións bilingües, na disposición adicional primeira.

A adxudicación de licenzas realizarase consonte a seguinte orde de preferencia: en primeiro lugar, o profesorado non especialista de segundo ciclo de educación infantil, ensino primario e secundario e o profesorado que imparta docencia na formación profesional e, en segundo lugar, o profesorado especialista en linguas estranxeiras.

A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV. O proxecto centrarase na presentación do plan de perfeccionamento da lingua que se desenvolverá durante o período da licenza.

As licenzas desta modalidade terán unha duración mínima dun mes e máxima de tres meses.

Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2016/17 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obrigas das persoas beneficiarias.

1. Nas modalidades 1, 2 e 5, unha persoa asesora do CAFI e, nas modalidades 3 e 4, unha persoa asesora do Servizo de Ordenación e Formación Profesional ou das estruturas de formación do profesorado porase en contacto coas persoas beneficiarias co fin de lles transmitir as instrucións para a elaboración dos materiais. Durante o período de duración da licenza, as persoas beneficiarias asumen a obriga de entregar os documentos precisos para lle facilitar o labor de seguimento correspondente e de seguir, de ser o caso, as súas indicacións técnicas.

2. En caso de que durante o seguimento da licenza se observase algún incumprimento por parte dos beneficiarios, estes poderán perder o dereito de continuar gozando dela.

3. As persoas beneficiarias das licenzas poderán ser convocadas ás reunións que sexan necesarias, de carácter obrigatorio, para establecer as pautas de coordinación e indicacións técnicas xerais.

4. Nun prazo máximo de dous meses desde a finalización da licenza, as persoas beneficiarias presentarán a correspondente documentación xustificativa do cumprimento dos obxectivos previstos. Así mesmo, realizarase unha valoración final que será comunicada aos beneficiarios.

A citada documentación enviarase á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Servizo de Formación do Profesorado), e constará dos seguintes elementos:

a) Para as modalidades 1 a 5, os seguintes elementos comúns:

a.1) Unha declaración xurada ou promesa (de cada membro do equipo ou do representante da entidade) de posuír, como responsables da autoría, plenos dereitos de divulgación e publicación, reprodución, distribución, comunicación pública e transformación sobre a totalidade dos materiais presentados –incluídos sons, vídeos, animacións, flash, textos... que forman parte dos obxectos dixitais educativos (ODE)–, e de que estes non estean comercializados. A autoría deberá aparecer expresada na portada do traballo obxecto da licenza. Esta declaración deberá axustarse ao modelo que se recolle no anexo XI.

a.2) No caso de que se inclúan imaxes de menores, en aplicación da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, achegaranse as correspondentes autorizacións de pais, nais ou persoas responsables da súa titoría legal, en soporte impreso e electrónico (PDF), debidamente cubertas e asinadas.

a.3) Poderanse incluír outros materiais complementarios que os autores e as autoras consideren de interese.

b) Elementos específicos para cada modalidade:

b.1) Para as modalidades 1 e 2:

b.1.1) Unha guía didáctica (en formato PDF ou RTF) en que se expoñan os obxectivos educativos pretendidos, os aspectos curriculares en que se incida, a metodoloxía e as orientacións didácticas, as actividades que se propoñan e os recursos de avaliación para o alumnado, con mención dos medios para achegar retroalimentación ás aprendizaxes no proceso avaliativo.

b.1.2) Orixinal en soporte dixital dos materiais elaborados, preparado para a súa publicación na internet, preferentemente con empaquetaxe SCORM. Para isto último deberanse seguir as recomendacións sobre creación e estrutura de contidos dixitais dispoñibles no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/web/ODEs

b.1.3) Un manual de uso (en formato PDF ou RTF) en que se expliquen, cunha linguaxe axeitada para o nivel do alumnado, as pautas de utilización do material. Cando, por razóns especiais, non se xulgue necesario este documento, deberase razoar a decisión nun documento específico de igual título.

b.1.4) Un documento técnico en galego e castelán (en formato PDF ou RTF) en que se especifiquen os pasos que haxa que seguir para a instalación e os parámetros de configuración e execución da aplicación desde a internet e no servidor cliente.

b.2) Para as modalidades 3 e 4:

Orixinal en soporte dixital dos materiais elaborados, no cal constará:

1. Programación dos módulos profesionais dos cales se elaboran materiais, realizada mediante a aplicación informática de elaboración de programacións da Consellería.

2. As actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación elaboradas que desenvolvan algunha das relacionadas no punto 4.a) da correspondente programación. Estas actividades deben ser entregadas en soporte dixital editable.

Os materiais elaboraranse seguindo o formato e as instrucións que especifique o Servizo de Ordenación e Formación Profesional.

b.3) Para a modalidade 5:

b.3.1) Unha guía didáctica (en formato PDF ou RTF) en que se expoñan os obxectivos educativos pretendidos, os aspectos curriculares en que se incida, a metodoloxía e as orientacións didácticas, as actividades que se propoñan e os recursos de avaliación para o alumnado, con mención dos medios para achegar retroalimentación ás aprendizaxes no proceso avaliativo.

b.3.2) Orixinal en soporte dixital editable dos materiais elaborados para o curso que estean embebidos na Platega e aloxados en servizos externos (Youtube, Slideshare, Issuu, etc.).

b.4) Para a modalidade 6:

b.4.1) Memoria final segundo o guión que figura no anexo VII.

b.4.2) Certificación orixinal ou unha fotocopia compulsada expedida polo centro ou a institución onde se realizou o perfeccionamento na lingua estranxeira, con expresión da duración en datas e número total de horas da formación recibida, así como unha tradución desa certificación.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo

Servizo de Ordenación Educativa

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997635

Fax: 981546550

Email: licenzas.fprofe@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es

Servizo de Ordenación Educativa
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

22/06/2016 00:00 - 21/07/2016 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

1. As persoas candidatas a calquera das modalidades de licenza reguladas nesta orde deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Persoal docente funcionario.

1º. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2014/15 e 2015/16, e no 2016/17 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da Consellería.

2º. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2016/17, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores, o persoal das escolas oficiais de idiomas e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

3º. Cando os participantes fosen beneficiarios dunha licenza por formación no curso 2015/16, a valoración positiva do traballo desenvolvido considerarase unicamente para efectos de desempate.

b) Persoal interino.

Para estes efectos entenderase como profesorado interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tal ata o remate do curso académico correspondente.

2. Ademais, nas modalidades 3 e 4:

O profesorado solicitante deberá ter atribución docente no módulo ou módulos solicitados, agás na modalidade 4, tal como se recolle no parágrafo seguinte.

No caso de elaborar ou adaptar materiais nalgunha lingua estranxeira, acreditar a competencia lingüística nesta lingua no nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas. Na modalidade 4, cumprirá que polo menos un membro do grupo de traballo teña acreditada esta competencia lingüística ou que un membro sexa da especialidade en que se vaian elaborar ou adaptar materiais.

Na submodalidade 3.a e na modalidade 4, a suma da duración das actividades elaboradas será dun mínimo de 15 horas por persoa e mes de duración da licenza.

Na submodalidade 3.b a suma da duración das actividades adaptadas será dun mínimo de 45 horas por persoa e mes de duración da licenza.

3. Obteren os mínimos previstos nesta convocatoria.

  • As solicitudes presentaranse utilizando o modelo do anexo II. A solicitude será única e para unha soa modalidade.

  • Á solicitude achegaráselle a seguinte documentación:

    • a) Para as modalidades 1, 3 e 6: acreditación dos meritos academicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo III desta orde. As modalidades 2, 4 e 5, ao seren de grupo, quedan exentas.

      No caso da formación academica non exixida para o ingreso no corpo e que non figure no expediente do solicitante, este poderá optar por presentar fotocopia compulsada da documentación acreditativa ou ben autorizar a Administración para a súa consulta a traves da páxina web http://intranet.xunta.es/interoperabilidade

      A indicada autorización deberá axustarse ao modelo que figura no anexo II desta orde de convocatoria.

    • b) Ademais, para as modalidades 1 e 2, unha demostración ou exemplo desenvolvido, elaborado coa/s ferramenta/s que utilizará segundo o seu proxecto.

    • c) Ademais, nas modalidades 3 e 4, no caso de elaborar ou adaptar materiais nalgunha lingua estranxeira, para acreditar a competencia lingüística nesta lingua no nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas deberán presentar orixinal ou copia compulsada da documentación que acredite esta circunstancia.

    • d) Ademais, para a modalidade 5, unha maqueta do curso na plataforma dixital Platega 2 (Moodle 2.6), especificando a descrición de cada bloque (obxectivos, contidos, espazos de comunicación e interacción, tarefas...) e o anexo V debidamente cuberto.

    • e) Ademais, na modalidade 6, o anexo VI debidamente cuberto e, de ser o caso, orixinal ou copia compulsada da documentación que acredite a competencia lingüística na lingua correspondente no nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas.

    • f) Para todas as modalidades, proxecto de traballo segundo o contido do anexo IV. A persoa que solicite a modalidade 3.b non cubrirá a alínea d) do proxecto.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992, do 26 de novembro), utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Esta documentación tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

  • As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número de código único de rexistro.

  • Todas as persoas participantes deberán presentar relación numerada e asinada da documentación entregada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo III. Non se terán en conta nin se valorarán os meritos nin os servizos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire este artigo.

    Cómpre salientar que non terán que presentarse os documentos xustificativos de meritos alegados que xa fosen achegados polo profesorado para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a traves do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2016/17 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión (DOG nº117 do 21 de xuño de 2016).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano