Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE001A
Integración na Escala Operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Este decreto ten por obxecto a ordenación e a regulación do funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia, ao cal lle corresponde o exercicio das funcións inspectoras, preventivas e paliativas previstas na Lei 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia, e desenvolvidas no presente regulamento, consonte o réxime competencial constitucional e estatutariamente establecido.
De conformidade co previsto na disposición transitoria única da Lei 10/2010, do 11 de novembro, poderá solicitar a súa integración na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia o persoal funcionario de carreira da Administración autonómica pertencente á escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, subgrupo C1, que no momento da entrada en vigor da citada lei.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar
Edif. espellos 2º andar. San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544057
Email: persoal.mar.santiago@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
05/07/2018 00:00 - 06/08/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da entrada en vigor do Decreto 136/2017, do 17 de novembro.
a) Para a especialidade de patróns/patroas: estar en posesión do título profesional de patrón de pesca de altura ou patrón maior de cabotaxe ou patrón de altura ou equivalente ou superior.
b) Para a especialidade de mecánicos/as: estar en posesión do título profesional de mecánico naval maior ou mecánico maior naval ou equivalente ou superior.
O persoal funcionario interesado que desexe integrarse na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia deberá presentar a correspondente solicitude (anexo I) dirixida á consellería competente en materia de pesca, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
No caso de que a persoa solicitante considere que reúne os requisitos para poder integrarse nas dúas especialidades da escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, poderá indicalo na mesma solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Para a integración na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade patrón/patroas:
Título profesional de patrón de pesca de altura ou patrón maior de cabotaxe ou patrón de altura ou equivalente ou superior.
b) Para a integración na escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade mecánico/a:
Título profesional de mecánico naval maior ou mecánico maior naval ou equivalente ou superior.
c) Poder de representación da persoa representante, no caso de que non sexa outorgado ante notario.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Xunto co anterior e para os efectos de declaración da súa ulterior situación administrativa, os/as solicitantes sinalarán no dito modelo de solicitude a súa opción de prestar servizos na escala en que solicitan integrarse ou de continuar prestándoos na escala de procedencia.
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos:
a) DNI da persoa solicitante.
b) Poder de representación da persoa representante, só no caso de poder outorgado ante notario mediante documento público.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 136/2017, do 17 de novembro, de ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia (DOG nº 113 do 14 de xuño de 2018).
-
Corrección de erros. Decreto 136/2017, do 17 de novembro, de ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia (DOG nº 126 do 3 de xullo de 2018)
-
Outros procedementos relacionados
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.
Aberto todo o ano
Concurso de méritos para a selección da dirección dos centro de formación náutico e marítimo pesqueira.
Prazo pechado: 28/08/2018 00:00 - 17/09/2018 23:59
Axudas para accións formativas que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro
Prazo pechado: 13/08/2024 00:00 - 12/09/2024 23:59