Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT236A
Subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das subvencións dirixidas ás entidades locais de Galicia para a realización de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023, no marco do programa Ler conta moito (código de procedemento CT236A).
Normas de aplicación.
No desenvolvemento desta orde, observarase o disposto nas seguintes disposicións:
a) Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.
b) Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas.
c) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia.
f) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma.
g) Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
E, suplementariamente:
h) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, reguladora dos requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que resultan de aplicación á normativa desta comunidade autónoma, e consecuentemente, a esta orde de convocatoria.
i) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
j) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
k) Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas.
Entidades locais de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Servizo de Bibliotecas
Cidade da Cultura. Monte Gaias
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957278/ 881999773
Email: servizo.bibliotecas@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
26/01/2023 00:00 - 27/02/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
1. Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais de Galicia que:
a) Sexan titulares de bibliotecas públicas ou axencias de lectura integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.
b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
2. Tamén poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. A dita agrupación deberá estar debidamente acreditada e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos nesta orde.
3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Requisitos de participación
As bibliotecas públicas e axencias de lectura municipais para as que se solicita a subvención deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar integradas na Rede de bibliotecas de Galicia (capítulo V do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas) antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
b) Ter un horario de apertura ao público dun mínimo de 15 horas semanais.
c) Ter cuberta e remitida ao Servizo do Sistema de Bibliotecas a estatística de bibliotecas do ano 2021.
Quedan excluídas do cumprimento deste requisito as bibliotecas públicas ou axencias de lectura que fosen creadas ou reactivasen os seus servizos durante 2022 ou 2023, antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
d) Ter informatizada a xestión da biblioteca ou da axencia de lectura.
Presentación de solicitudes.
1. As solicitudes de subvención ao abeiro desta orde dirixiranse á Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa representante.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa AEAT.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de Xustificación
- Declaración responsable de atoparse ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa administración pública da comunidade autónoma (Anexo III)
- Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para os proxectos e conceptos para os que se solicita esta subvención (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 19 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 17 do 25 de xaneiro de 2023).
-
Extracto da Orde do 19 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 17 do 25 de xaneiro de 2023).
-
Resolución do 10 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 76 do 20 de abril de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro de Bibliotecas de Galicia.
Aberto todo o ano
Integración na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Aberto todo o ano
Creación de novos servizos de lectura.
Aberto todo o ano
Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano