Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR961A - Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN).
Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a apoiar aos/ás deportistas galegos/as que participaron nos XX.OO./XX.PP. de Río 2016 e ao resto de deportistas con recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas Galegos/as de Alto Nivel (DGAN) nos anos 2015, 2016 ou 2017, que acadaran os resultados requiridos no apartado 6 destas bases, nas competicións internacionais e/ou nacionais das súas respectivas especialidades e probas deportivas.
Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria os/as deportistas que cumpran os requisitos establecidos neste apartado, así como os criterios establecidos no apartado 6.4 destas bases, podendo acollerse a unha das seguintes dúas liñas das axudas:
1. Axudas Olímpicos/as-Paralímpicos/as en Río 2016
a) Ter participado representando ao equipo olímpico/paralímpico español nos pasados XXOO/XXPP de Río 2016.
b) Estar recoñecido/a pola Secretaría Xeral para o Deporte, coma Deportista Galego/a de Alto Nivel nos anos 2015, 2016 ou 2017. En caso contrario, deberá acreditarse algún dos tres supostos seguintes: ter nado en Galicia ou ter residido durante a súa etapa de formación deportiva en Galicia ou ter veciñanza administrativa en Galicia dende alomenos o 1 de xaneiro do ano anterior ao ano de valoración de resultados.
c) Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.
2. Axudas DGAN:
a) Estar recoñecido/a pola Secretaría Xeral para o Deporte, coma Deportista Galego/a de Alto Nivel nos anos 2015, 2016 ou 2017.
b) Acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade practicada conforme o apartado 6.4.1. e/ou acadar a puntuación necesaria na aplicación do baremo establecido no punto 6.4.2. destas bases, no caso de que se lle aplique.
c) Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.
Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria os/as solicitantes nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Fundación Deporte Galego
Rúa Madrid 2-4. Edificio EGAP 2ª pranta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996373
Fundación Deporte Galego
Anuncio do 10 de outubro de 2017 sobre a convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, axudas DGAN 2017 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2017).
BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS DE ALTO NIVEL “AXUDAS DGAN 2019”
Resolución do 1 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos/as como deportistas galegos/as de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2017, así como as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 52 do 14 de marzo de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
21/10/2017 00:00 - 30/10/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
As bases poderanse consultar na sede da Fundación Deporte Galego, ou na web deporte.xunta.gal.
-
As persoas interesadas deberán achegar tamén obrigatoriamente en todos os casos coa solicitude (Anexo I), a seguinte documentación:
-
Anexo II. Certificado da Federación. Obrigatorio en tódolos casos. Non serán admitidos aqueles anexos 2-certificado da federación que aínda sendo orixinais ou escaneados veñan coas casiñas de verificación e resultados cubertos de forma manual ou non sexan asinados pola/o secretaria/o e presidenta/e ou carezan do cuño oficial da federación.
-
Anexo III. Autorización de representación. Unicamente nos casos nos que a persoa solicitante outorgue facultades de representación a outra persoa inicialmente allea á solicitude. No caso de persoas menores de idade, documento acreditativo da patria potestade ou tutela (copia do libro de familia ou calquera outro documento que o acredite).
-
Naqueles solicitantes que opten á liña 1. Axudas Olímpicos/as-Paralímpicos/as en Río 2016 e non
tiveran o recoñecemento DGAN en vigor nos anos 2015, 2016 ou 2017, tamén deberán presentar
algún dos seguintes documentos complementarios, segundo sexa o caso:
-
Documento acreditativo de ter nado en Galicia: Partida de nacemento, copia do libro de familia ou calquera outro documento oficial que o acredite.
-
Certificado de ter residido en Galicia durante a súa etapa de formación deportiva.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
A documentación complementaria presentarase preferentemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Fundación poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no Rexistro da Fundación Deporte Galego (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 (Planta 2ª). 15781. Santiago de Compostela. A Coruña). Ademais de no rexistro da Fundación, tamén se poderá realizar por correo, de acordo co disposto no artigo 16.4.b. (da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas). A presentación da documentación complementaria en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código PR961A e o órgano responsable do procedemento (FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
-
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
DNI/NIE da persoa solicitante.
-
DNI/NIE da persoa representante.
-
Certificado de empadroamento. Só naquelas solicitudes que se acollan á liña 1. Axudas Olímpicos/as-Paralímpicos/as en Río 2016, nos que se teña que acreditar a veciñanza administrativa en Galicia por non ter o recoñecemento DGAN en vigor en 2015, 2016 e 2017.
-
Certificación positiva expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social correspondente, acreditativa de que a persoa solicitante se atopa ao corrente do cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.
-
Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) que acredita que a persoa solicitante se atopa ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias.
-
Certificación positiva expedida polo órgano competente da Consellería de Facenda (Xunta de Galicia) na que se teña constancia que non ten débedas pendentes de natureza tributaria coa Facenda Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro
correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados
datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
As/os deportistas solicitantes interesadas/os presentarán a solicitude (Anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4. Planta 2ª. 15781. Santiago de Compostela. A Coruña). Ademais de no rexistro da Fundación, tamén se poderá realizar por correo, de acordo co disposto no artigo 16.4.b. (da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas). A presentación das solicitudes en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.
Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Ata o 31 de decembro de 2017
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"