Axuda
Debe identificarse de xeito seguro para poder consultar a súa información, ler notificacións, asinar e enviar solicitudes ou realizar outros trámites. Para isto, pode utilizar calquera dos seguintes sistemas: Chave365, DNIe, certificado dixital ou Cl@ve (este último non está dispoñible para todos os trámites)
Se non dispón de ningún deles, pode consultar como darse de alta nas seguintes ligazóns:
Chave365 é un sistema de usuario e contrasinal que permite ás persoas maiores de idade, ou menores emancipados/as, identificarse e asinar documentos en múltiples organismos da comunidade autónoma galega. Chave365 ten como obxectivo facilitar o acceso electrónico, evitando dificultades técnicas, á sede electrónica da Xunta de Galicia, eSaúde, Notifica.gal, sede electrónica do Parlamento de Galicia e moitos máis.
Ten máis información na seguinte ligazón:
Axuda ChaveCl@ve é un sistema orientado a unificar e simplificar o acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos e á Administración mediante claves concertadas (usuario máis contrasinal). Ten dúas modalidades, Cl@ve Pin e Cl@ve Permanente. Lembre que se quere firmar os seus trámites precisa utilizar sempre Cl@ve Permanente.
Ten máis información na seguinte ligazón:
Axuda Cl@veTamén pode identificarse e asinar documentos empregando o seu DNI electrónico (DNIe) ou mediante un certificado dixital (por exemplo o certificado da Fábrica de Moeda e Timbre - FNMT).
Ten máis información sobre o DNIe na seguinte ligazón:
Axuda DNIeUn exemplo de certificado dixital é o que pode atopar nesta ligazón:
Axuda Certificado