Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED330G
Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de textos e axudas para adquir libros de texto e material escolar
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2026/27, o procedemento:
ED330G - Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de textos e axudas para adquir libros de texto e material escolar
Centros concertados que participen como entidades colaboradoras.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546517/ 881997385/ 881996512/ 881996513/ 981547301/ 981546524
Email: xecocentros@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
19/05/2026 00:00 - 19/06/2026 23:59
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2026 (este incluído).
Presentación de solicitudes.
1. As solicitudes dos centros docentes privados concertados de aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED330G (anexo V) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración publicas, se algunha das persoas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que aemende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 (DOG nº 90 do 18 de Maio de 2026).
-
Extracto da Orde do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 (DOG nº 90 do 18 de Maio de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano