Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED311B
Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior na Comunidade Autónoma de Galicia.
Alumnado que realizou e que rematou os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2025 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo
Servizo de Avaliación do Sistema Educativo
Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 2, 1.º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546527 / 881996569 / 881996509
Email: premios@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
11/07/2026 00:00 - 10/08/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo cardinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2024/25 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou ben na modalidade á distancia, e ter rematados os seus estudos, e estar expedido o título, no ano 2025.
b) Acadar unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50, nos termos establecidos na normativa vixente. Esta cualificación expresarase con dúas cifras decimais redondeada á centésima máis próxima, e en caso de equidistancia, á superior.
c) Non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos tres anos anteriores ao 1 de setembro de 2026.
Solicitudes
1. As solicitudes de participación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.
De acordo co previsto nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (DOG núm. 141, do 26 de xullo), as persoas aspirantes, con base nos requisitos establecidos nas letras a) e b) do artigo 3 da presente orde, presuponse que posúen a capacidade técnica suficiente para o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios para tramitar a súa solicitude.
En caso de que unha mesma persoa candidata presente máis dunha solicitude, terase en conta unicamente a última solicitude, presentada cos méritos alegados nesa última solicitude e indicados no seu anexo II. Considerarase que desiste das demais solicitudes previas, así como dos méritos presentados exclusivamente nesas solicitudes anteriores e indicados nos seus respectivos anexos II.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, non se admitirán melloras da solicitude referidas a novos méritos non indicados no anexo II que acompañe a solicitude.
A publicación dos formularios da solicitude no DOG faise unicamente para efectos informativos.
Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Unha vez formalizada a solicitude, deberá asinala a persoa interesada mediante calquera dos sistemas de sinatura admitidos pola sede electrónica e enviala polo procedemento electrónico establecido; quedará así presentada para todos os efectos. Non se terán en conta aquelas solicitudes cubertas por vía telemática que non completen o proceso de presentación establecido e non obteñan o xustificante de solicitude, que deberá conservar a persoa solicitante para acreditar, en caso de que resulte necesario, a presentación da súa solicitude no prazo e forma establecidos.
2. As solicitudes subscribiranas electronicamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se for o caso, os/as representantes legais das persoas solicitantes.
3. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal
Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico premios@edu.xunta.gal
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar canda a solicitude a seguinte documentación:
a) Listaxe dos méritos que se desexen alegar relacionados co título de técnica ou técnico superior de formación profesional, de acordo co previsto no artigo 12.1.b) desta convocatoria e segundo o modelo do anexo II.
b) Documentación xustificativa dos méritos segundo o establecido no anexo V da presente orde, onde consten expresamente a actividade desenvolvida, o número de horas de duración, a data de inicio e de finalización, ou o período de contratación, e mais o organismo que convoca.
c) Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito no caso de actuar mediante representante.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, a non ser que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, de non se poderen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación presencial dentro dos prazos previstos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fora efectuada a emenda.
A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, bardante que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Expediente dos estudos de formación profesional de grao superior cursados pola persoa solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
e) Certificado de estar ao día respecto do pagamento á Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
h) Consulta de non ter a condición de persoal docente que desenvolva ou desenvolvese a súa actividade laboral na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos tres anos anteriores a esta convocatoria.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar con posterioridade ao inicio do expediente deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 26 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2024/25 (DOG nº 128 do 10 de xullo de 2026).
-
Extracto da Orde do 26 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2024/25 (DOG nº 128 do 10 de xullo de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Adxudicación de prazas de residencia nos centros residenciais docentes
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 20/06/2026 00:00 - 05/08/2026 23:59
Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes
Prazo aberto: 20/06/2026 00:00 - 07/08/2026 23:59
Premios extraordinarios de bacharelato
Prazo aberto: 17/07/2026 00:00 - 17/08/2026 23:59
Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico
Prazo aberto: 23/07/2026 00:00 - 24/08/2026 23:59