Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR627D
Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Aprobar, segundo o disposto no artigo 78 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, que conteñen os principios reitores, os criterios, requisitos, fins, a estrutura e os contidos mínimos que deberán cumprir todos os instrumentos de ordenación e de xestión dos montes situados na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco da xestión forestal sustentable.
Así mesmo, o presente decreto ten por obxecto regular:
a) A elaboración dos instrumentos de ordenación e xestión forestal.
b) A comunicación de documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos (MR627D).
O ámbito de aplicación serán os montes ou terreos forestais existentes dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán dotarse dun documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos:
a) Os montes veciñais en man común, as agrupacións forestais formalmente constituídas e os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo cunha superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo.
b) As persoas propietarias, sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, de montes particulares de superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo para unha mesma propiedade.
De existir un plan de ordenación de recursos forestais no ámbito territorial da superficie obxecto de adhesión, os referentes de boas prácticas e os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos aparecerán contidos no dito plan. Na súa falta, e logo de aprobación mediante unha orde, a consellería competente en materia de montes poderá elaborar modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas para os efectos de permitir ás ditas persoas propietarias e titulares de montes a comunicación de adhesión aos modelos e referentes.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Fax: 981184672
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Fax: 982294874
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Avda. da Habana, 79-3º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Fax: 988386697
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Segundo o Decreto 76/2018, o prazo de presentación de solicitudes empezará o día 22 de agosto de 2018.
1. Conforme o artigo 8.18 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, os instrumentos de ordenación e xestión forestal elaborados para os montes ou terreos forestais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán corresponderse con algunha das seguintes categorías:
a) Como instrumento de ordenación forestal: o proxecto de ordenación (PO).
b) Como instrumentos de xestión forestal:
a. Documento simple de xestión (DSX).
b. Documento compartido de xestión (DCX).
c. Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos (MS).
2. Todos os instrumentos citados no número anterior terán a natureza de instrumentos de ordenación e xestión forestal a unha escala operativa.
Comunicación segundo o Anexo IV, acompañada da seguinte documentación:
Documentos acreditativos da propiedade sobre o monte (se é o caso).
Documentos acreditativos da titularidade de dereitos sobre o monte (se é o caso).
Documentos acreditativos de que a persoa, física ou xurídica, ten a responsabilidade da xestión do monte (se é o caso).
Acreditación da condición de representante e dos poderes que ten recoñecidos para poder actuar en nome da persoa solicitante (se é o caso).
Documento no que quede constancia da conformidade expresa da persoa propietaria ou titular dos dereitos sobre o monte.
Acordo da asamblea xeral da comunidade propietaria, ben por medio da copia da acta da asamblea ou ben por medio de certificación expedida polo/a secretario/a da comunidade (se é o caso).
Listaxe completa de persoas solicitantes segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (se é o caso).
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas:
DNI/NIE da persoa comunicante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade comunicante.
As comunicacións de documentos de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos (procedemento MR627D) presentaranse de conformidade e cos requisitos xenéricos establecidos no artigo 14 que lle sexan de aplicación, coas peculiaridades que se expresan nos apartados seguintes.
No caso de querer adherir un elevado número de referencias catastrais de montes ou terreos forestais dun único propietario ou titular poderase realizar unha precarga a través do programa Xorfor, dispoñible na seguinte dirección: http://mediorural.xunta.gal/es/institucional/oficina_virtual/servizos_de_montes/.
Este programa permite que a persoa interesada cargue unha folla de cálculo (segundo a plantilla dispoñible en Xorfor) na que se asocien os modelos silvícolas orientativos que correspondan a cada unha das referencias catastrais que se pretenden adherir.
Esta precarga dará como resultado un número de expediente que deberá introducirse no formulario MR627D que se utilice para realizar a comunicación.
No caso de varias comunicacións do mesmo titular que afecten a unha referencia catastral, só será válida a última, debendo incluír nesta todos os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos aos que se quere adherir, substituíndo esta última comunicacion ás realizadas con anterioridade.
A comunicación implica o compromiso do propietario ou do titular de dereitos, así como da persoa xestora no seu caso, de realizar as actuacións programadas nos modelos selvícolas ou de xestión forestal orientativos aos que expresamente se adheriron, aplicándoas de acordo cos referentes de boas prácticas forestais establecidos por orde da consellería competente en materia forestal ou ao contido no plan de ordenación dos recursos forestais de aplicación, de existir este.
- Inicio
- Solicitude (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
-
Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG nº 87 do 8 de maio de 2014).
-
Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia (DOG nº 106 do 5 de xuño de 2014).
-
Decreto 76/2018, do 19 de xullo, polo que se modifica o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG nº 147 do 2 de agosto de 2018).
-
Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se modifica o anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.(DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2021).
-
Corrección de erros. Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se modifica o anexo I da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia (DOG nº 115 do 18 de xuño de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano