Guía de procedementos e servizos

MR516A

Autorización e rexistro de explotación apícola.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

É obxecto deste decreto:

a) A creación do Rexistro Galego de Explotacións Apícolas.

b) A determinación dos requisitos do libro de explotación apícola.

Tamén é obxecto deste decreto regular:

a) A codificación do sistema de identificación das colmeas.

b) Os asentamentos apícolas nas explotacións de autoconsumo.

c) O establecemento de requisitos adicionais para a realización da transhumancia na comunidade autónoma.

d) A determinación das actuacións sanitarias na loita contra a varroose.

Este decreto será de aplicación a todas as explotacións apícolas de Galicia, así como aos asentamentos de explotacións que realizan a transhumancia nesta comunidade.

Para os efectos do establecido neste decreto, serán de aplicación as definicións establecidas no artigo 2 do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, coas modificacións introducidas polo Real decreto 448/2005, do 22 de abril.

Ademais, establécense as seguintes definicións unicamente para os efectos do disposto neste decreto:

a) Vivenda rural habitada: aquela vivenda que estea permanente ou periodicamente habitada e situada nunha área rural.

b) Camiño veciñal: as vías de comunicación de dominio e uso público, destinadas basicamente ao servizo de vivendas e explotacións e instalacións agropecuarias, e que, por non reunir as características técnicas e requisitos para o tráfico xeral de vehículos automóbiles, non se poidan clasificar como estradas.

c) Pista forestal: aquela que dá acceso a terreos forestais no treito que discorre por solo rústico de uso forestal.

d) Núcleo de poboación: conxunto de 5 ou máis vivendas xeograficamente conxuntas conformando rúas, prazas ou vías urbanas.

Integrado no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) creado polo Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, créase o Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Rgeap), no cal figurarán inscritas a totalidade das explotacións apícolas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os órganos competentes para o mantemento do Rgeap son os departamentos territoriais da consellería competente en materia de sanidade e produción animal.

No Rgeap figurarán cando menos os seguintes datos:

a) Código de identificación da explotación asignado pola consellería competente en materia de sanidade e produción animal.

b) Datos da persoa titular da explotación: apelidos e nome ou razón social, NIF ou CIF, enderezo completo e teléfono.

c) Datos doutras persoas titulares relacionadas coa explotación ou cotitulares: nome e apelidos ou razón social, NIF ou CIF, e relación coa explotación.

d) Clasificación ou clasificacións que correspondan á explotación de conformidade co establecido no artigo 3 do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.

e) Datos do asentamento principal da explotación: enderezo completo ou lugar e coordenadas xeográficas (lonxitude e latitude).

f) Datos dos asentamentos secundarios: enderezos completos ou lugares e coordenadas xeográficas (lonxitude e latitude).

g) Censo de colmeas, desagRegado por asentamentos e data da súa actualización.

h) Categoría da explotación segundo o número de colmeas (autoconsumo, non profesional, profesional).

i) Estado no Rgeap (alta, baixa ou inactiva), de conformidade co establecido no artigo 3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rega.

j) Clasificación segundo o sistema produtivo: estante ou transhumante.

k) Clasificación segundo criterios de sustentabilidade ou autocontrol: ecolóxico, integrado, convencional.

l) Cando proceda, razón social, enderezo completo e NIF da agrupación de defensa sanitaria.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

R/Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184569

Fax: 981184653

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

Ronda da Muralla,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294534

Fax: 982294425

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

R/ Florentino López Cuevillas,4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386525

Fax: 988386524

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206569

Fax: 886206590

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Comprobación de datos, Anexo.

  • Acreditación da representatividade, se procede.

  • Declaración de asentamentos apícolas (solicitude normalizada).

  • Para cada asentamento, croquis de situación e distancias a estradas, camiños, colmeas (no caso de asentamentos con máis de 26 colmeas), pistas, vivendas, núcleos de poboación e establecementos colectivos.

  • Autorización da persoa propietaria do terreo para a utilización das parcelas.

  • Xustificante de ter aboada a taxa correspondente.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No casono recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • NIF da entidade solicitante.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).

    • Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 126 de 30 de xuño de 2009).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas (BOE nº 62 do 13 de marzo de 2002).

    • Real Decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (BOE núm. 89 do 13.04.2004).

    • Corrección de erros do Real Decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (BOE nº 108 do 4 de maio de 2004).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano