Guía de procedementos e servizos

MR408D

Declaración responsable anual de acreditación do mantemento das condicións de cualificación das explotacións prioritarias establecidas no decreto 200/2012.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 01/01/2016 00:00 - 31/03/2016 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
Establecer o procedemento de presentación da declaración responsable anual que acredite que se manteñen as condicións de cualificación das explotacións prioritarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia establecidas no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (en diante Reaga).

Publicar as novas marxes produtivas netas e brutas correspondentes ás diversas actividades produtivas, para o cálculo da RUT, de acordo co artigo 13 do Decreto 200/2012 e co artigo 3.2.e) da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se establecen disposicións para a xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, creado polo Decreto 253/2008, do 30 de outubro, e para a cualificación e acreditación das explotacións agrarias prioritarias (Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 28 de xaneiro de 2009).

Titulares das explotacións agrarias prioritarias.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO, S/N

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546959

Fax: 981546892

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña

R/ VICENTE FERRER, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182579

Fax: 981184474

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982889248

Fax: 982294808

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6 BAIXO

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386692

Fax: 988386482

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra

R/FERNÁNDEZ LADRERA 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805446

Fax: 986805406

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/01/2016 00:00 - 31/03/2016 23:59

* Consultar os dous últimos parágrafos do apartado documentación.

1. Mediante esta declaración deberase acreditar anualmente que se manteñen as condicións do recoñecemento e inscrición como tales das explotacións agrarias prioritarias conforme o previsto no capítulo III do Decreto 200/2012.

2. Están na obriga de presentar a declaración responsable ante o órgano encargado da xestión dese rexistro no prazo establecido no artigo 5 desta orde:

a) As persoas titulares das explotacións agrarias prioritarias inscritas no Reaga, para o cal deberán presentar o anexo I desta orde.

b) No caso de explotacións agrarias prioritarias con titular persoa xurídica, xunto coa declaración responsable, deberase acreditar o nome e a porcentaxe de participación dos seus socios, para o cal deberá presentar o anexo II. Así mesmo, coa declaración responsable deberase acreditar o nome das unidades de traballo agrario (UTA) da explotación e o tipo de UTA (man de obra familiar, man de obra asalariada), para o cal deberá presentar o anexo III.

3. A falta de presentación da declaración no prazo indicado suporá o inicio de oficio dun expediente de baixa segundo o establecido no artigo 11 do Decreto 200/2012, agás que o titular da explotación prioritaria presentase as autorizacións incluídas nos números 3 e 4 do artigo 3 en anos precedentes. Neste último caso non se está obrigado a presentar a dita declaración responsable.

4. Sen prexuízo do indicado no artigo 2 desta orde, e de acordo co que se establece no artigo 9 da Orde do 22 de xaneiro de 2009, as persoas titulares de explotacións agrarias prioritarias deberán comunicar todos os cambios que afecten a condición de prioritarias, especialmente os relativos á titularidade, dimensión produtiva da explotación e man de obra ocupada nela. Estes cambios terán que ser notificados no prazo máximo dun mes desde que se produzan. No caso de cambios de titularidade, deberá acreditarse se o novo titular desexa manter a condición de prioritaria, para o cal deberá presentar a documentación indicada nos artigos 14 a 18 do Decreto 200/2012. Para o resto das modificacións substanciais na explotación, terase en conta o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 200/2012.

  • A documentación que se debe achegar xunto ao anexo I e a seguinte:

    • a) Anexo II, só no caso de explotacións agrarias prioritarias con titular persoa xurídica.

    • b) Anexo III.

    • c) Para acreditar a condición de agricultor profesional, última declaración do IRPF no caso de explotacións agrarias prioritarias con titular persoa física. No caso de que os titulares sexan entidades asociativas en rexime de atribución de rendas, os socios deberán presentar a última declaración do IRPF e o certificado de ingresos e retencións de cada un dos socios. No caso de que os titulares sexan entidades asociativas que non estean en rexime de atribución de rendas, presentarán a última declaración do imposto de sociedades e a última declaración do IRPF de cada un dos socios. Esta documentación só se ten que presentar no caso de non autorizar a consellería con competencia en materia agraria para consultala.

    • d) Para acreditar as UTA e a condición de agricultor profesional, informe de vida laboral no caso de explotacións prioritarias con titular persoa física. No caso de que os titulares sexan entidades asociativas, deberase presentar informe de vida laboral dos socios que sexan agricultores profesionais. E no caso de man de obra asalariada, deberase presentar informe de vida laboral da empresa. Esta documentación só se ten que presentar no caso de non autorizar a consellería con competencia en materia agraria a consultar eses datos.

    • e) Para acreditar que reside na comarca onde radica a explotación ou noutra limítrofe, os datos de residencia que constan no Instituto Nacional de Estatística. No caso de entidades asociativas, teranse en conta os datos de residencia dos socios agricultores profesionais. Esta documentación só se ten que presentar no caso de non autorizar a consellería con competencia en materia agraria para consultar eses datos.

    • f) Copia do NIF da persoa física solicitante ou do seu representante legal no caso de non autorizar a consellería con competencia en materia agraria para consultar eses datos.

  • A declaración responsable poñerá de manifesto que se manteñen as condicións da inscrición como prioritaria das explotacións das persoas titulares, segundo o establecido no capítulo III do Decreto 200/2012.

  • Na dita declaración e nos anexos II e III figurará a autorización ao órgano xestor da consellería con competencia en materia agraria para solicitar os informes ou a información que figuran no artigo 4 da presente orde e que xustifican que se manteñen as condicións da inscrición como prioritaria, agás denegación expresa por parte da persoa, que deberá presentar nese caso as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

  • Tamen deberán presentar no caso de persoas xurídicas copia do NIF e copia do DNI do seu representante e dos seus socios e, no caso das persoas físicas, copia do DNI do titular e das UTA. As copias do DNI deberanse achegar no caso de non autorizar a consellería competente en materia agraria para a consulta de datos do DNI no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da declaración responsable, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación e de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

  • * A declaración responsable correspondente ao ano 2014 presentarase no prazo de dous meses a contar desde o día de publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, se entenderá prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, se entenderá que o prazo expira o último do mes.

  • * Os titulares das explotacións agrarias prioritarias deberán presentar dentro do primeiro trimestre de cada ano natural unha declaración responsable segundo o referido no artigo 2º desta orde. As declaracións responsables deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 , 2 de decembro polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación da declaración responsable será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Alternativamente, tamen se poderán presentar declaracións responsables en soporte papel por calquera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Estas declaracións presentaranse preferentemente nas Oficinas Agrarias Comarcais.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (DOG nº 196 do 15 de outubro de 2012).

    • Orde do 6 de novembro de 2014 pola que se establecen disposicións de xestión do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, regulado polo Decreto 200/2012, do 4 de outubro, para a acreditación anual das explotacións agrarias prioritarias inscritas nel (DOG nº 221 do 18 de novembro de 2014).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano