Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN613D
Expedición directa do carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Poderán obter directamente o carné profesional as persoas que cumpran algún dos requisitos seguintes:
a)Dispoñer dun título universitario cuxo plan de estudos cubra as materias obxecto do regulamento.
b)Estar en posesión dun título de formación profesional ou dun certificado de profesionalidade cuxo contido formativo cubra as materias obxecto do regulamento
c)Ter recoñecida unha competencia profesional adquirida por experiencia laboral, de acordo co estipulado no Real decreto 1224/2009, que cubra as materias obxecto do regulamento.
d)Posuír unha certificación outorgada por unha entidade acreditada para a certificación de persoas, segundo o establecido no Real decreto 2200/1995, que cubra as materias obxecto do regulamento.
Poderán obter o carné profesional as persoas que superen un exame ante o órgano competente da comunidade autónoma e que ademais cumpran os dous requisitos seguintes:
a)Ter superado un curso teórico e práctico de coñecementos básicos e outro sobre coñecementos específicos en instalacións térmicas de edificios, impartido por unha entidade recoñecida polo órgano competente da comunidade autónoma, coa duración e o contido indicados nos apartados 3.1 e 3.2 do apéndice 3 do regulamento.
b)Acreditar unha experiencia laboral de, polo menos, tres anos nunha empresa instaladora ou mantenedora como técnico/a.
En abril do ano 2010 a Consellería de Economía, Emprego e Industria asinou un acordo de coordinación coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para establecer un marco de actuación no proceso de obtención de carnés profesionais. Como consecuencia dese acordo, Educación está a asumir de forma progresiva a xestión dos distintos carnés e habilitacións profesionais.
Debido o cal as solicitudes para obter o carne profesional debe obterse do procedemento ED527A.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña
Servizo de Industria da Coruña
Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184906/ 981184904
Fax: 981184790
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo
Servizo de Industria de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294659/ 982294814
Fax: 982294681
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense
Servizo de Industria de Ourense
Curros Enríquez, 1º-4º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386748/ 988386744
Fax: 988386727
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra
Servizo de Industria de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-5º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805240
Fax: 986817580
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra
Servizo de Coordinación Industrial de Vigo
Praza da Estrela, 9-6º
36203 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986805255
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Documento que acredite o coñecemento do Regulamento de instalacións termicas nos edificios (título universitario, título de FP, ), só no caso de documentación acreditativa distinta dun título universitario ou de FP ou no suposto de non autorizar a súa consulta.
Etiqueta de recollida de sinatura.
Xustificante do pagamento das taxas administrativas (Código: 32.07.01).
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (BOE nº 207 do 29 de agosto de 2007).
-
Corrección de erros do Real Decreto 1027/2007, de 20 de xullo, polo que se aproba o Reglamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (BOE nº 51, de 28 de febreiro de 2008).
-
Real Decreto 1826/2009, de 27 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, de 20 de xullo (BOE nº 298, de 11 de decembro de 2009).
-
Corrección de erros do Real Decreto 1826/2009, de 27 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, de 20 de xullo (BOE nº 38, de 12 de febreiro de 2010).
-
Corrección de erros do Real Decreto 1826/2009, de 27 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, de 20 de xullo (BOE nº 127, de 25 de maio de 2010).
-
Real Decreto 238/2013, de 5 de abril, polo que se modifican determinados artigos e instrucións técnicas do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, de 20 de xullo (BOE nº 89, de 13 de abril de 2013).
-
Corrección de erros do Real Decreto 238/2013, de 5 de abril, polo que se modifican determinados artigos e instrucións técnicas do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, de 20 de xullo (BOE nº 213, de 5 de setembro de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Comunicación da información estatístico-contable anual dos corredores de seguros e reaseguros e dos axentes de seguros vinculados e dos operadores de banca-seguros vinculados.
Prazo aberto: 01/03/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano