Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN329A
Presentación do Plan de labores de actividades mineiras.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Regular a presentación do plan de labores de actividades mineiras, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que os titulares de dereitos mineiros das seccións A), C) e D) teñen a obriga de presentar anualmente para a súa aprobación polo órgano mineiro competente.
Estes procedementos están dirixidos ás persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares de dereitos mineiros das seccións A), C) e D) reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 1º e 2º andar
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184961
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294654
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense
Curros Enriquez, 1, 4º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386716
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra
Fernández Ladreda, 43, 5º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805247
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O procedemento IN329A é un procedemento administrativo de prazo aberto e pódese empregar o modelo de comunicación desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría, o plan de labores presentarase anualmente nos seguintes prazos: dentro do mes de xaneiro de cada ano para o caso de explotacións das seccións C) e D), e antes do 1 de marzo para o caso de dereitos da sección A).
Forma de presentación do Plan de labores de actividades mineiras.
O Plan de labores de actividades mineiras presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Trámites administrativos posteriores á presentación da comunicación.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Especificidades do procedemento.
1. O procedemento IN329A regula a presentación do Plan de labores de actividades mineiras, segundo o formulario recollido no anexo I desta resolución.
Segundo dispón o artigo 34 da Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galicia, as persoas titulares de dereitos mineiros das seccións A), C) e D) deberán presentar anualmente un plan de labores para a súa aprobación polo órgano mineiro competente. O plan de labores deberá ser cuberto e asinado pola persoa que exerza a dirección facultativa.
2. O procedemento IN329A de presentación do plan de labores é un procedemento electrónico de prazo aberto. A presentación do plan de labores realizarase anualmente e este será dirixido á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (en diante, a Xefatura Territorial) onde se localicen as explotacións ou establecementos de beneficio obxecto do plan de labores, nos seguintes prazos:
– Dentro do mes de xaneiro para o caso de dereitos das seccións C) e D).
– Antes do 1 de marzo para o caso de dereitos da sección A).
3. Xunto coa presentación do plan de labores (procedemento IN329A) deberase achegar a seguinte documentación:
3.1 Para o caso de autorizacións de aproveitamento da sección A) e concesións de explotación de recursos das seccións C) e D):
1) Informe da persoa directora facultativa.
2) Informe sobre os investimentos realizados no ano anterior e os previstos para o ano actual.
3) Memoria descritiva dos investimentos financiados con cargo ás dotacións do factor de esgotamento, se procede.
4) Descrición xeolóxica do terreo, ou actualización desta como consecuencia do labor de investigación.
5) Informe sobre a variación producida nas reservas, se procede.
6) Informe sobre os labores de investigación.
7) Medición de partículas en suspensión e sedimentables.
8) Avaliación do nivel de presión acústica no contorno.
9) Avaliación do nivel de emisións gasosas de maquinaria e vehículos.
10) Medición dos parámetros de vertedura.
11) Xestión de residuos.
12) Documento de seguridade e saúde segundo o índice de contido mínimo establecido na ITC 02.1.01 «Documento sobre seguridade e saúde» ou, de ser o caso, a actualización do dito documento.
13) Outra documentación.
14) Planos:
(a) Plano de situación. Escala 1:50.000 ou 1:25.000.
(b) Plano de dereitos. Incluirá o perímetro das concesións para o caso das seccións C) e D) e o perímetro dos terreos autorizados, propios e/ou arrendados, para o caso das seccións A). Así mesmo, incluirá os perímetros de explotación autorizados, instalacións, entulleiras, etc. Escala 1:5.000 ou a que corresponda segundo o estipulado no artigo 70.4 do Regulamento xeral para o réxime da minaría.
(c) Plano de labores actualizado, en que se detallen os labores efectuados durante o ano anterior e os previstos para o ano en curso. Indicará, ademais, os límites das concesións (seccións C) e D), os perímetros dos predios autorizados (sección A), así como os perímetros de explotación autorizados. Escala 1:500, 1:1.000 ou 1:2.000. Conterá unha base topográfica con curvas de nivel cada metro, agás que excepcionalmente se autorice expresamente un intervalo maior. Mostrará captacións e verteduras de augas, liñas de transporte e distribución de enerxía eléctrica, de telefonía, etc.
(d) Perfís xerais.
(e) Perfís de cubicación, con indicación da superficie de referencia empregada para esta.
(f) Plano de restauración.
(g) Plano de conxunto. Incluirá balsas, depósitos de lodos, entulleiras e instalacións. Poderase considerar como plano de conxunto o descrito na alínea (c) se inclúe os elementos aquí descritos e non afecta a escala de representación do plano de labores.
(h) Plano de instalacións de preparación mecánica, naves de elaboración ou outros establecementos de beneficio. Diagrama de fluxo de materiais e produtos.
(i) Esquema de ventilación.
(j) Esquema de instalación eléctrica.
(k) Outros.
3.2 Para o caso de permisos de investigación de recursos das seccións C) e D):
- Informe da persoa directora facultativa.
- Informe sobre os investimentos realizados no ano anterior e os previstos para o ano actual.
- Descrición xeolóxica do terreo, ou actualización desta como consecuencia do labor de investigación
- Informe sobre os labores de investigación.
- Xestión de residuos.
- Documento de seguridade e saúde segundo o índice de contido mínimo establecido na ITC 02.1.01 «Documento sobre seguridade e saúde» ou, de ser o caso, a actualización do dito documento.
- Outra documentación.
- Planos:
(a) Plano de situación
(b) Plano de dereitos.
(c) Plano de labores actualizado, en que se detallen os labores efectuados durante o ano anterior e os previstos para o ano en curso.
(f) Plano de restauración.
k) Outros.
A documentación indicada presentarase en formato pdf ou similar, excepto os planos correspondentes ás alíneas c), f) e g), que serán presentados en formato shapefile ou dwg, sen prexuízo de que o órgano mineiro competente, de forma motivada, poida solicitar este ou outro formato para calquera dos planos presentados.
A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da comunicación e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4. A este procedemento seralle de aplicación o pagamento da taxa 32.23.00 «Comprobación do plan de labores e documento de seguridade e saúde de actividades mineiras», establecida na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa contía virá determinada polo orzamento consignado no referido plan de labores.
5. Comprobación de datos. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa comunicante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade comunicante.
d) NIF da entidade representante.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
6. Presentadas as comunicacións, a Xefatura Territorial correspondente poderá requirir emenda da documentación presentada, se o considera necesario, ou solicitar a modificación do plan de labores nos termos expostos no Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría. As citadas notificacións efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 22 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se aproba e se fai público o modelo de presentación do Plan de labores de actividades mineiras (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00