Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR301K
Accións formativas para o emprego dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as convocatorias públicas para a execución das accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas xestionadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (procedemento TR301K), a través dos seus departamentos territoriais.
As bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2025-2027. Coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para os anos 2025-2026.
1. Poderán solicitar e obter a condición de beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases as entidades e centros de formación que, con anterioridade á data de presentación da solicitude, estean acreditados para impartiren no ámbito da Comunidade Autónoma as ofertas formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial ou virtual, entendida esta última como modalidade de teleformación.
As entidades solicitantes deberán estar acreditadas para impartir as ofertas de formación profesional dos graos A, B e C, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, de ser o caso, que a formación se imparta na modalidade virtual, no correspondente rexistro estatal.
2. As entidades deberán dispor, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, das instalacións debidamente acreditadas que permitan a impartición das actividades presenciais das accións formativas solicitadas.
3. As entidades que soliciten impartir a formación na modalidade virtual deberán contar con autorización previa para a impartición das mesmas ofertas na modalidade presencial.
Caso de contar coa autorización para impartir a oferta presencial, deberá garantirse que se dispón dos espazos e recursos necesarios para a súa realización ou, de ser o caso, deberá formalizarse un convenio ou acordo público cun centro de formación profesional localizado na Comunidade Autónoma de Galicia que, estando acreditado na data de presentación da solicitude para impartir as referidas ofertas na modalidade presencial, garanta a realización das actividades de carácter presencial durante todo o tempo de duración da acción formativa, incluídas as probas finais de cada módulo profesional. Os ditos centros non se poderán modificar durante o desenvolvemento da acción formativa.
O convenio ou acordo de vinculación deberá estar formalizado, vixente e dado de alta no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia, logo de resolución favorable da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
4. O incumprimento por parte da entidade solicitante do requisito de acreditación en prazo para impartir algún certificado profesional dará lugar á exclusión das accións formativas afectadas da solicitude.
5. As entidades beneficiarias poderán facer uso da aula virtual, nos termos establecidos nesta orde e nas instrucións que, ao respecto, publique a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
6. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 7.6 da Orde EFP/942/2022, do 23 de setembro.
A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude definido no anexo I de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Tampouco poderán ser beneficiarias, en aplicación do disposto no artigo 82 da Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, aquelas entidades que cometan, inciten ou promocionen LGTBIfobia, incluíndo a promoción ou a realización de terapias de conversión.
7. Se así o determina a correspondente convocatoria, será requisito para ser beneficiaria da subvención que, con relación á ultima convocatoria regulada por estas bases para a que rematou o prazo de execución das accións formativas:
• Non se incorrese nun incumprimento total do expediente.
• Non abandonase máis do 50 % do alumnado con respecto ao total dos comunicados e iniciados do conxunto das accións formativas financiadas. Para o cómputo desta epígrafe non se entenderán como abandonos os considerados xustificados de acordo co disposto no artigo 38.2 desta orde.
• A entidade teña comunicado e iniciado máis do 60 % das prazas financiadas con respecto ao total das accións formativas financiadas. Para efectos do cálculo do tanto por cento, non serán computables as renuncias xustificadas ás cales se refire o artigo 16 desta orde.
8. Para poder seren beneficiarias da subvención, as entidades deberán contar co compromiso de participación do número mínimo de persoas traballadoras desempregadas que en cada convocatoria se determine para poder iniciar a acción formativa, así como do persoal docente encargado da súa impartición.
O compromiso de participación do alumnado acreditarase, de acordo co disposto no artigo 27 desta orde, mediante acta de selección previa á presentación da solicitude de subvención validada pola oficina de emprego.
9. De establecerse na convocatoria, para poder solicitar a subvención as entidades deberán ter implementado no centro de formación un sistema de xestión de calidade, vixente e certificado por entidades certificadoras acreditadas, Norma ISO 9001 ou certificado de calidade e excelencia EFQM, relativo á súa actividade de formación.
A documentación acreditativa da implantación e vixencia das certificacións relacionadas nesta epígrafe deberá estar incorporada pola entidade ao sistema informático con anterioridade á data de presentación da solicitude. Esta achega deberá efectuarse a través da páxina web https://emprego.xunta.es/forman
10. As entidades deberán dispor e manter durante todo o período de execución da formación solicitada, a capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, e de aulas, talleres e instalacións e equipamento en xeral, para asumir a xestión e a impartición da totalidade das accións formativas que solicita.
Para estes efectos, deberán dispor da documentación acreditativa do cumprimento dos citados requisitos; documentación que porá á disposición da Administración cando esta llelo demande.
11. Será requisito para conceder subvencións a entidades locais titulares de entidades ou centros de formación que teñan cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
12. De acordo co disposto no artigo 210 do Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, non será compatible a condición de centro asociado beneficiario, coa participación en convocatorias de outorgamento de subvencións destinadas ao desenvolvemento de accións formativas, destinadas a centros e entidades autorizados e non catalogados como centros asociados, naquelas especialidades ou familias profesionais comprendidas na súa condición de centro asociado.
A condición de centro asociado beneficiario requirirá da existencia dunha relación contractual ou convenio formalizado e da asignación dunha consignación orzamentaria para impartir accións formativas do Sistema de formación profesional.
Caso de que o centro asociado xa sexa, no momento de adquirir esta condición, beneficiario dunha subvención ou adxudicatario dunha licitación para impartir accións formativas do Sistema de formación profesional, deberá renunciar a impartir aquelas especialidades incluídas na súa condición de centro asociado cuxa realización aínda non comezase. A dita renuncia terá a consideración de xustificada.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña
Rúa Gregorio Hernández, 2-4 Espazo Amizar
15011 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881564
Email: orientacionlaboral.traballo.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294887
Email: formacionecolocacion.emprego.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense
Avenida da Habana, nº 79, 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386104/ 988687325
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo
Rúa Concepción Arenal 8, 2º
36201 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986817064
Email: servizo-formacion.ctb.vigo@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
16/07/2025 00:00 - 01/12/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes, contado desde o día da entrada en vigor da orde establecido na disposición derradeira segunda, estará aberto ata o día 30 de novembro de 2025 ou, de ser o caso, ata que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.
Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo I, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude ou a documentación presencialmente, requiriráselle para que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras e/ou a correspondente convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo da resolución que así o declare.
Caso de que o requirimento afecte só a algunha das accións formativas da solicitude, entenderanse como desistidas unicamente tales accións, continuándose coa tramitación do resto do expediente.
Non se admitirán a trámite e, por conseguinte, non existirá a posibilidade de emenda, as solicitudes presentadas fóra de prazo.
3. As solicitudes dirixiranse ao departamento territorial en cuxa provincia se imparta a correspondente acción formativa.
No suposto de que a formación se imparta na modalidade virtual, a solicitude deberá dirixirse ao departamento territorial da provincia en que estea localizado o centro de formación en que se impartirá a parte presencial da acción formativa.
Sen prexuízo do disposto no artigo 45 desta orde, as entidades de formación poderán presentar en cada provincia solicitudes de subvención para cada unha das liñas formativas que, de ser o caso, se establezan en cada convocatoria, e incluirán nelas, dentro da súa capacidade real de execución e con respecto aos límites e requisitos que se determinan nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria, todas e cada unha das accións formativas a impartir nos censos de formación para os que solicita subvención.
Para os posibles efectos de superación, de ser o caso, do límite máximo do importe de subvención para conceder que se estableza en cada convocatoria, ou de esgotamento do orzamento dispoñible, as accións formativas para as que se solicita subvención deberán ir ordenadas en función da prioridade de impartición que lles outorgue a entidade solicitante, de xeito que estas figuren ordenadas segundo criterio de maior a menor preferencia.
Non poderán formularse solicitudes de subvencións para impartir accións formativas que teñan previsto comezar nunha data anterior ao prazo ou data que para cada convocatoria se estableza.
4. A solicitude, que incluirá a ficha das accións formativas que se pretende impartir (anexo II), deberá presentarse acompañada da documentación complementaria relacionada no artigo 8 desta orde.
Declaración responsable que forma parte da solicitude
1. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:
a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
• Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención.
• De se solicitar e/ou conceder outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención, deberán relacionarse estas.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos establecidos nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.
d) Que cumpre os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria, que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións e que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e no artigo 7 da Orde EFP/942/2022, do 23 de setembro.
e) Que as dotacións, os equipamentos, os medios materiais, as instalacións, os lugares e as modalidades de impartición das accións formativas serán aquelas para as que están acreditadas e inscritas para tal fin, e que son aptas e que cumpren e manterán durante todo o período de impartición das accións formativas as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable.
f) Que conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, así como, de ser o caso, de aulas, talleres e instalacións en xeral, para asumir na súa totalidade a execución completa das accións formativas que solicita.
g) Que para cada acción formativa que solicita conta co compromiso de participación do número mínimo de persoas traballadoras que para cada convocatoria se determine, así como do persoal docente encargado de impartir a acción formativa.
h) Que dispón da documentación que acredita o cumprimento das anteriores epígrafes e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida.
2. A presentación dunha declaración responsable que falsee ou oculte circunstancias que impidan ou limiten a concesión da subvención ou o seu pagamento terá a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Coa finalidade de garantir a veracidade das declaracións responsables contidas neste artigo, poderán realizarse comprobacións durante calquera das fases do procedemento por parte do persoal técnico dos departamentos territoriais, das cales poderán derivarse, de ser o caso, as consecuencias sinaladas nesta epígrafe para os supostos de falseamento do contido das declaracións responsables.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo I, a seguinte documentación:
a) Ficha das accións formativas que se solicitan, anexo II.
b) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poder ou calquera outro medio válido en dereito).
c) De ser o caso, cando as accións formativas que se solicitan se correspondan con ofertas formativas do grao C, compromiso de subscrición dun convenio ou acordo coa empresa ou empresas en que terá lugar a formación en empresa incluída no certificado profesional.
d) De ser o caso, naquelas accións formativas en que estea previsto o uso de aula virtual como medio complementario e adicional para desenvolver o proceso formativo, memoria explicativa detallada que acredite a viabilidade de impartir mediante aula virtual aqueles contidos formativos que estea previsto realizar utilizando este medio.
A memoria deberá indicar expresamente que contidos se impartirán mediante aula virtual, a súa duración e datas de realización, así como o calendario de sesións presenciais e de exames para realizar.
e) De ser o caso de tratarse de entidades locais, xustificación documental de ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas segundo o establecido no artigo 223 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
f) De ser o caso, as entidades de formación que soliciten impartir ofertas formativas na modalidade virtual deberán acreditar que contan con autorización previa para impartilas na modalidade presencial. Esta acreditación non será necesaria caso de estar dada de alta no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia para impartir as ofertas solicitadas na modalidade presencial.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior.
A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. De existir discrepancia entre a información contida na solicitude (anexo I) e/ou na ficha da acción formativa (anexo II), en relación coa información achegada no resto de documentación que se vai presentar, será considerada como correcta, para os efectos de tramitar e revisar a solicitude, a alegada nos citados anexos I e II, con independencia de que para ter validez esta deba acreditarse documentalmente.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
g) Concesión de subvencións e axudas.
h) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os correspondentes documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban efectuar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática SIFO, debendo adecuarse a presentación da documentación derivada das notificacións practicadas pola administración ao disposto no artigo 12.6 desta orde.
Prazo de resolución:
Un mes
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025-2026 (DOG nº 130 do 9 de xullo de 2025).
-
Extracto da Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025-2026 (DOG nº 130 do 9 de xullo de 2025).
-
Resolución do 9 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da anualidade 2026 do código de procedemento TR301K, da Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025 e 2026 (DOG nº 200 do 16 de outubro de 2025).
-
Resolución do 9 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025 e 2026 (DOG nº 202 do 20 de outubro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais.
Aberto todo o ano
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano
Accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, non financiadas con fondos públicos.
Aberto todo o ano