Mellora de equipamentos
A adecuación das instalacións e equipamentos a novas necesidades é fundamental tanto para as administracións públicas como para entidades privadas, como asociacións e empresas. Existen varias liñas dirixidas a este fin. Os concellos atoparán nesta sede convocatorias para a mellora, en particular, de instalacións culturais, infraestruturas turísticas, equipamentos de emerxencia, instalacións de enerxías renovables e camiños municipais; e, en xeral, para dotacións destinadas á prestación de servizos municipais.
Outras liñas de axudas están dirixidas de maneira específica a asociacións sen ánimo de lucro ou a mellora de equipamentos e instalacións no ámbito rural.
