Novidade | Thu Nov 10 08:00:00 CET 2016

Os centros de saúde da provincia de Lugo xestionan a alta en Chave365

O xoves 10 de novembro incorpóranse 75 centros de saúde a provincia de Lugo á relación de lugares nos que é posible solicitar a alta no servizo de identificación e sinatura fácil Chave365.

En total, existen xa 201 puntos distribuídos por toda Galicia habilitados como centros acreditadores do servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico. En http://www.xunta.gal/chave365/solicitude pode localizar as oficinas no mapa. Ademais, a alta pode realizarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Actualmente o sistema pode usarse en máis de 1.000 procedementos da sede electrónica da Xunta de Galicia e na plataforma é-Saúde.

Para a súa utilización en é-Saúde e independentemente da canle utilizada para a alta no servizo Chave365 (sede electrónica, rexistros da Xunta de Galicia ou centros de saúde), será necesario acudir a calquera dos centros de saúde e hospitais habilitados do Servizo Galego de Saúde.

Novidade