Pago de taxas

A Axencia Tributaria de Galicia permítelle realizar a autoliquidación de taxas e prezos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Pode realizar esta xestión de forma electrónica ou presencial.

Algún dos procedementos desta sede electrónica require o pago dunha taxa asociado ao proceso de presentación da solicitude.

Para saber se un determinado procedemento inclúe o pago de taxas pode consultar a páxina deste na sede, onde se atopa o código específico da taxa que debe aboar.

O pago desta taxa poderá facelo, a través da Oficina Virtual Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia:

  • De forma electrónica, introducindo os datos da taxa e efectuando o pago
  • De forma presencial, obtendo un modelo en branco para cubrilo en papel ou ben introducindo os datos da taxa na aplicación e imprimindo posteriormente.

Cando sexa obrigatorio iniciar o pago de taxas desde esta sede indicaranse no propio formulario os pasos que debe seguir.