Chave365

Chave365 é o sistema que permite aos cidadáns maiores de idade identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código, único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.

Imaxe Destacada

Alta de usuario

Para empregar Chave365, o cidadán ten que darse antes de alta. Pode facelo por dúas vías:

  • De maneira electrónica a través desta sede, mediante o procedemento de alta en Chave365. Neste caso a alta é inmediata. Para solicitala necesita ter instalado no navegador un certificado electrónico válido para ese mesmo NIF, ou o DNI electrónico.
  • De maneira presencial, dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365, que pode consultar nesta relación. Debe acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando o DNI ou TIE. Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.

 Durante o estado de alarma a alta de Chave365 pode realizarse de forma presencial solicitando cita previa

A alta en Chave365 pode realizarse de forma presencial solicitando cita previa Durante a vixencia do estado de alarma pode realizar a alta en Chave365 presencialmente nos rexistros xerais localizados nos edificios administrativos da Xunta de Galicia nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol.

Para isto, debe solicitar cita previa en https://www.xunta.gal/solicitude-cita-previa

A atención ao público nos devanditos rexistros será en horario de 9.00 a 14.00 horas e as citas previas deberán solicitarse cun mínimo de 24 horas de antelación.

 

Antes de empregar Chave365 por primeira vez, debe cambiar obrigatoriamente a clave de acceso provisional (ou contrasinal) recibido por SMS por unha elixida por vostede. Consulte aquí como modificar a clave. Por razóns de seguridade, é necesario actualizar o contrasinal polo menos unha vez ao ano.

Se non recibe a mensaxe SMS coa clave de acceso en poucos minutos, póñase en contacto co servizo de atención cidadá 012 para confirmar que se enviou. En caso de que fose enviada pero non recibida, deberá contactar co seu provedor de telefonía e/ou revisar a configuración do seu terminal.

A validez do usuario de Chave365 é de catro anos desde a alta. Nos 60 días anteriores á caducidade do usuario de Chave365, será necesario solicitar a renovación a través do procedemiento de alta. Consulte aquí cando e como renovar o seu usuario de Chave365.

 Amplíase o período de validez de Chave365 durante a vixencia do estado de alarma

Durante a vixencia do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo ante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 suspéndese a caducidade das contas de usuario e das claves de acceso ao sistema Chave365.  Desta forma, ampliarase automaticamente o período de validez das claves concertadas para aquelas persoas ás que este período lles remate durante o estado de alarma e polo tempo de duración deste. Máis información aquí.

 Modificación de datos e baixa en Chave365

Para modificar os datos persoais asociados ao seu usuario de Chave365, debe empregar o formulario do procedemento de modificación dos datos que constan en Chave365. Se quere darse de baixa do sistema, pode facelo a través do procedemento de baixa en Chave365.

A modificación de datos e a baixa tamén se poden facer de maneira presencial nos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365.

Onde xestionar presencialmente Chave365

Consulte a relación de órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365.

Procedementos e servizos relacionados

Tramitar en liña Aberto todo o ano
Tramitar en liña Aberto todo o ano
Tramitar en liña Aberto todo o ano
Tramitar en liña Aberto todo o ano
Tramitar en liña Aberto todo o ano
Tramitar en liña Aberto todo o ano