Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia

Protección de datos

A visita a esta sede electrónica realízase de forma totalmente anónima, e só é necesario subministrar datos persoais no caso de realizar a través dela algún trámite que requira desta información.

En calquera caso, a política de privacidade da Xunta de Galicia baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle aos/ás usuarios/as desta sede os servizos que ten dispoñibles.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación. Aqueles que se recollan, trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento do/a cidadán/á, que ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa e solicitar que estes sexan exactos e que se utilicen para o fin para o cal foron requiridos, coas excepcións previstas na lexislación vixente.

As persoas cuxos datos persoais consten nun ficheiro da Xunta de Galicia, poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, no xeito previsto na devandita Lei, ante o órgano responsable do ficheiro.

Acceda á carpeta do cidadán para coñecer ...

  • O estado de tramitación dos seus expedientes
  • Os avisos da sede electrónica aos que está subscrito/a
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional