Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR301V
Bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B ou C, ou de especialidades formativas do Catálogo de Especialidades Formativas do Servicio Público de Emprego Estatal, financiadas por esta consellería (código de procedemento TR301V).
Non se inclúe no ámbito de aplicación desta orde a formación impartida nos programas integrados de emprego, nos obradoiros de emprego, nas accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo para a Recuperación e Resiliencia ou con fondos provenientes da Unión Europea.
1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos para cada tipo de bolsa ou axuda.
Para os efectos desta orde, terán a consideración de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia con situación laboral como non ocupada na data de inicio da acción formativa.
2. Poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas, adquiran posteriormente a condición de persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia con situación laboral como non ocupada durante o período de desenvolvemento da acción formativa.
Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.
A persoa beneficiaria debe comprometerse a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que, se deixase de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.
3. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A xustificación polas persoas solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase, de acordo co disposto no artigo 16 desta orde, mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude do anexo I, cuxo contido estará suxeito ao disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sobre declaración responsable e comunicación.
4. As referencias que nesta orde se recollen con respecto ao momento a partir do cal se ten dereito a percibir a bolsa ou axuda refírense aos efectos do cómputo, pois a percepción do importe correspondente á subvención efectuarase logo da instrución, tramitación, proposta e resolución, nos termos desta norma, e tendo en conta, especialmente, tal como se establece no artigo 4.4, a necesidade de que exista un mínimo acumulado de 100 € ou fracción.
Prazo de presentación: ABERTO
02/11/2026 00:00 - 02/11/2027 23:59
1. A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.
2. A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión sen máis trámites, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día 1 de novembro de 2026.
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do anexo I, código de procedemento TR301V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A persoa interesada deberá presentar debidamente cuberto e asinado o formulario de solicitude do anexo I, con indicación expresa das bolsas e axudas que solicite.
3. No suposto de que a persoa solicitante non teña capacidade técnica ou económica, ou que, por outros motivos, non teña garantido o acceso e dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, a presentación electrónica da solicitude e da documentación complementaria poderá ser validamente realizada por unha persoa representante que si cumpra cos anteditos requisitos.
Neste senso, as correspondentes entidades e centros beneficiarios colaborarán coas persoas solicitantes, utilizando os seus recursos e medios humanos e técnicos, sempre que aquelas lles outorguen a súa autorización para presentar no seu nome a solicitude e a documentación complementaria.
4. A solicitude dirixirase á Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego ou aos departamentos territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, con base en la acción formativa en que se participa e de conformidade co seguinte criterio:
a) As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras ocupadas, procedementos TR302A e TR301X, ou nas accións formativas impartidas polo Centro de Novas Tecnoloxías, dirixiranse á Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.
b) As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas distintas ás citadas no número 4.a) deste artigo dirixiranse aos correspondentes departamentos territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, segundo a provincia ou ámbito territorial a que corresponda a competencia.
Inclúense nesta letra b) as derivadas da participación nas seguintes accións formativas:
• As dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas e as dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas con compromiso de contratación, procedementos TR301K e TR301P, respectivamente.
• As propias da oferta formativa do Sistema de formación profesional, ou de formación para o traballo, impartidas nos centros de formación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
• As solicitudes das persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas impartidas nos centros da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, respecto das accións formativas incluídas nos acordos de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para a impartición de ofertas do Sistema de formación profesional nos centros educativos.
No suposto de que no acordo de colaboración entre ambas as consellerías se estableza outro procedemento para a presentación e tramitación das solicitudes de bolsas e axudas, será de aplicación o disposto no dito acordo.
c) Caso de que durante o período de vixencia desta orde se habiliten novas liñas de formación para o emprego non citadas nas anteriores letras a) e b), atenderase, para os efectos de determinar o órgano a que debe dirixirse a solicitude, ao que nelas se estableza.
5. A solicitude deberá presentarse acompañada da documentación complementaria relacionada no artigo 17 desta orde, de ser o caso.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) As persoas peticionarias das bolsas de asistencia destinadas a persoas con discapacidade e membros integrantes de familias numerosas ou monoparentais, así como as peticionarias de axudas por conciliación deberán achegar xunto coa solicitude o anexo II, de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas.
b) No suposto de solicitar a bolsa de asistencia para membros integrantes de familias monoparentais, certificado emitido pola Consellería de Política Social e Igualdade acreditativo de que reúnen os requisitos para ser persoa beneficiaria da bolsa.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse, automaticamente, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
I) DNI/NIE da persoa solicitante.
II) DNI/NIE da persoa representante.
III) DNI/NIE das persoas conviventes.
IV) NIF da entidade representante.
V) Estar inscrito como demandante de emprego na data actual.
VI) Estar inscrito como demandante de emprego en data concreta.
VII) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
VIII) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
IX) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
X) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
XI) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
XII) Certificado da discapacidade da persoa solicitante recoñecida pola Xunta de Galicia, para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas con discapacidade.
XIII) Consulta de prestacións e datos económicos da tarxeta social dixital (TSD).
XIV) Título de familia numerosa da persoa solicitante e dos terceiros conviventes, para o caso concreto das bolsas de asistencia para persoas membros de familias numerosas.
XV) Consulta de datos de residencia con data da última variación padroal da persoa solicitante e dos terceiros conviventes, para os casos concretos de solicitudes de bolsas de asistencia ou axudas por conciliación.
XVI) Consulta do enderezo de intermediación laboral da persoa solicitante, para o caso de solicitar a axuda por transporte público urbano ou interurbano, ou por transporte en vehículo propio, ou a axuda por manutención.
XVII) Certificado do grao e nivel de dependencia da persoa que motiva a conciliación emitido pola Administración pública competente, para o caso específico de axudas á conciliación.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro pertinente habilitado no formulario correspondente, anexos I e/ou II, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dalgún dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Anexos
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (Anexo II)
Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?
Seis meses
Que ocorre se non recibes resposta?
Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.
Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.
A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.
A resolución pode ser:
- Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
- Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).
Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña
Rúa Gregorio Hernández, nº 2-4
15011 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881566/ 881881578
Email: axudas.emprego.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Centro de Novas Tecnoloxías
Rúa Airas Nunes, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997803
Email: administracion.cnt@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 886218165/ 986817765
Email: xestioneconomica.formacion.vigo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386837/ 988386105/ 988386824
Email: bolsasformacion.emprego.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294275/ 982294241/ 982294285
Email: formacionecolocacion.emprego.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral de Formación para o Emprego
Servizo de Planificación da Formación para o Emprego
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999124/ 981999602
Email: sx.formacionemprego@xunta.gal
Órgano responsable
-
Orde do 23 de outubro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, competencia deste departamento, ou de formación no traballo do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal correspondentes aos exercicios 2026 e 2027 (DOG nº 207 do 29 de outubro de 2026). Ligazón á normativa
-
Extracto da Orde do 23 de outubro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, competencia deste departamento, ou de formación no traballo do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal correspondentes aos exercicios 2026 e 2027 (DOG nº 207 do 29 de outubro de 2026). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Inscrición no proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais.
Aberto todo o ano
Accións formativas do sistema de formación profesional dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.
Prazo aberto: 20/01/2026 09:00 - 30/11/2026 20:00
Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.
Aberto todo o ano
Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.
Aberto todo o ano