Guía de procedementos e servizos

CT110B

Bolsas de formación en materia de museos

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 13/01/2026 00:00 - 12/02/2026 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

Convocar bolsas de formación en centros museísticos que formen parte do Sistema Galego de Centros Museísticos.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Tener grado universitario o equivalente, según el Espacio Europeo de Educación Superior, con una configuración curricular (expediente académico) en la que se acredite un mínimo de 75 créditos en las materias siguientes:

a) Historia del arte.

b) Historia.

c) Arqueología.

d) Conservación y restauración.

2. Acreditar conocimiento de la lengua gallega, nivel perfeccionamiento, mediante certificado oficial Celga 4 o equivalente.

3. No haber disfrutado, con anterioridad a la publicación de esta convocatoria de becas, de un período de tiempo igual o superior a 6 meses de estas mismas becas, ni haber renunciado a ellas sin una causa de fuerza mayor, a juicio de la Dirección General de Cultura, una vez adjudicada la beca.

4. No tener empleo remunerado ni disfrutar de otra beca o ayuda durante el período de duración de las reguladas por medio de esta orden.

5. No haber sido sancionadas por infracción, cometida durante el disfrute de una beca concedida para la formación en materia de museos.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Cidade da Cultura, Monte Gaias s/n. Edificio da Biblioteca. 2º andar

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981-545934

Email: servizo.museos.cultura@xunta.gal

https://www.cultura.gal/gl/servizos

Dirección Xeral de Cultura
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

13/01/2026 00:00 - 12/02/2026 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun(1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Solicitudes.

1.  As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I), na medida en que as persoas físicas potencialmente beneficiarias destas axudas dispoñen da formación e capacidade técnica que lles permite o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios para relacionarse por esta vía co sector público autonómico.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación académica oficial completa, na cal deberá constar a nota media simple do expediente académico da titulación na escala numérica 0-10.

b) Certificado de Celga 4 ou equivalente, cando non estea expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

c) Copia dos documentos acreditativos dos méritos alegados. Só contabilizarán aqueles méritos dos que se achegue proba documental.

d) Xustificante de pagamento das taxas para a expedición de título universitario, de non estar en posesión do título universitario.

e) Título estranxeiro e declaración de equivalencia da titulación e das notas medias.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración.

Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega (Celga 4 ou equivalente), cando fose expedido pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística).

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

h) Consulta da condición de bolseira/o da persoa beneficiaria destas bolsas en anteriores convocatorias

i) Consulta do título universitario.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2026-2027(DOG nº 06 do 12 de xaneiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2026-2027(DOG nº 06 do 12 de xaneiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT110C

Axudas destinadas a Centros Museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2026 00:00 - 16/02/2026 23:59

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano