Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
Estás en: Inicio > Axudámoslle > Requirimentos técnicos > Documentación de gran tamaño ou noutros formatos

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Documentación de gran tamaño

Esta sede electrónica permite a presentación de documentación anexa a unha solicitude; o tamaño máximo para a suma de todos os documentos é de 50 MB.

No caso en que a documentación que se presenta de forma electrónica superase o tamaño límite establecido, atenderase ás seguintes instrucións:

1. Presentar a través da sede electrónica a solicitude de inicio do procedemento xunto coa documentación complementaria que no supere o límite de 50 MB previsto.

2. Cubrir o modelo normalizado de achega de documentación separada coa referencia ao documento ou documentos que superan os 50 MB e mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

3. Presentar o modelo indicado, xunto coa documentación de gran tamaño en formato electrónico (CD, DVD, USB...) e de forma presencial, en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, dentro dos prazos previstos. 

Documentos en formatos non admitidos pola sede electrónica

A sede electrónica admite os seguintes formatos para a presentación de documentación: pdf, .odt, .ods, .doc, .xls, .docx, .xlsx, .jpg, .png, .tiff, .bmp, .txt, .cex, .ce3, .cte, .xml, .inp, .pd2, .pdl, .dwg, .dxfn.

Se o solicitante desexa presentar calquera documentación noutros formatos distintos a estes, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados, empregando o modelo normalizado de achega de documentación separada e indicando o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

 

Para coñecer en todo momento o tamaño máximo permitido e que formatos están admitidos recoméndase consultar o seguinte enderezo: https://sede.xunta.es/requirimentos-tecnicos.

 

Acceda á carpeta do cidadán para coñecer ...

  • O estado de tramitación dos seus expedientes
  • Os avisos da sede electrónica aos que está subscrito/a
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional