Guía de procedementos e servizos

TR353D

Bono remuda das persoas traballadoras autónomas.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

A concesión das axudas do Bono Remuda para o fomento do traspaso de negocios por remuda xeracional.

1. Poderán ser beneficiarias do Bono Remuda as persoas traballadoras autónomas, as persoas profesionais que estean dadas de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as persoas mutualistas, e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, segundo alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelos 036 ou 037, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social e fiscal e o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e un mínimo de antigüidade de 5 anos.

b) Non teñan transcorrido más de 12 meses entre a publicación desta orde e a baixa no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade, e no IAE, da persoa titular do negocio, que se trate da mesma actividade do negocio que se remuda e que se desenvolva no mesmo local, se a actividade require a existencia do mesmo, salvo que causas de forza maior, imprevisibles e inevitables, imposibiliten que a actividade se poida desenvolver no mesmo local. A estes efectos enténdese por mesma actividade a que coincida polo menos a nivel de 3 díxitos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE) ou cunha actividade equivalente.

c) O negocio ou actividade obxecto de remuda estea inscrito na Bolsa de remuda da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia (poderá inscribirse de maneira presencial en calquera dos Polos activos na Comunidade Autónoma de Galicia ou a través da páxina web: https://polosemprendemento.gal/remuda-de-negocios. Exceptúanse deste requisito os negocios que foran obxecto de remuda antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

d) A transmisión se materialice mediante contrato de traspaso ou venda do negocio ou actividade, elevado a escritura pública, no que necesariamente deberá constar o prezo total e a indicación expresa da remuda como obxecto do devandito contrato; Para os efectos da concesión de axudas abondará cun acordo de transmisión asinado entre as partes implicadas no que figure igualmente o prezo total e o obxecto do devandito acordo. O contrato conterá unha descrición detallada dos elementos que forman parte do traspaso.

e) No caso de transmisión de persoas autónomas societarias, estas deben posuír, con anterioridade á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, máis do 50 % do porcentaxe de accións ou participacións da sociedade que se traspasa. Neste caso, detallarase a porcentaxe de accións ou participacións da sociedade que a persoa ou sociedade adquirinte pasa a posuír, que necesariamente debe ser superior ao 50 % para obter a condición de beneficiaria, e sempre que se cumpran o resto de requisitos deste programa.

f) Se realice o cambio de titularidade da licencia de apertura e/ou actividade no concello correspondente, ou de ser o caso, a comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento, nos casos en que así o requira a lexislación vixente.

g) As persoas que remudan o negocio non poden estar en ningunha situación de xubilación activa cando se produza a remuda.

h) As persoas ou entidades beneficiarias deberán ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións desta axuda.

2. Tamén poden ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas que transmitan o negocio e sexan identificadas como tal na solicitude realizada pola persoa remudista, quedando vinculadas ambas persoas para a concesión da subvención.

As persoas que transmitan o negocio deben cumprir algún dos seguintes requisitos:

a) Ter unha idade próxima a xubilación (62 anos ou máis).

b) Foran declaradas en situación de incapacidade total ou absoluta ou grande invalidez recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.

c) Foran herdeiras da persoa titular do negocio, no caso de falecemento desta.

3. Quedan excluídas do programa regulado neste capítulo:

a) As persoas/entidades que foran beneficiarias e percibiran a axuda do bono remuda, procedemento TR353D na pasada convocatoria (2024).

b) As persoas autónomas que á súa vez sexan autónomas societarias e soliciten para o mesmo negocio as axudas recollidas neste programa, tanto a título individual como a través da sociedade da que forman parte. No caso de realizar máis dunha solicitude, ambas quedarán excluídas.

c) Os traspasos (cesión, venda, alugueiro) de negocios realizados coa persoa cónxuxe ou parella de feito da persoa titular.

d) Os traspasos (cesión, venda, alugueiro) de negocios realizados entre persoas cunha relación de parentesco ata o primeiro grao de consanguinidade cando as persoas ascendentes manteñan a súa alta en vida laboral con actividade no mesmo negocio que se remuda.

Requisitos xerais.

As persoas traballadoras autónomas deberán cumprir os seguintes requisitos xerais á hora de solicitar as axudas:

a) Ter cumpridos os 18 anos.

As persoas beneficiarias das axudas do Programa I e do Programa II deben figurar inscritas como demandantes de emprego desempregadas no Servicio Público de Emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de Vida Laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social, e manterse nesa situación ata o momento en que se produza a alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou, no seu caso, na mutualidade correspondente.

b) As persoas beneficiarias das axudas de todos os programas deberán desenvolver a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

A efectos das presentes axudas de todos os programas, entenderase que a persoa beneficiaria desenvolve a sua actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, cando o domicilio da actividade e o centro de traballo estean situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para determinar onde se desenvolve a actividade económica, a efectos desta orde, considerarase:

– Se a actividade se desenvolve nun establecemento físico, no domicilio deste.

– Se a actividade se desenvolve sen establecemento físico, no domicilio fiscal do beneficiario ou causante, no seu caso.

Para a comprobación do cumprimento do requisito de desenvolver a sua actividade de persoa traballadora autónoma na Comunidade Autónoma de Galicia, consideraranse os datos recollidos no Censo de Empresarios, Profesionais e Retenedores e os datos de domicilio fiscal, ambos rexistrados pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, e o Informe de Vida Laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

San Lázaro, s/n

15708  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957729/ 981957590/ 981957725/ 981957728/ 981545612

Email: autonomos.emprego@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: ABERTO

24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o 24 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025.

Solicitudes.

1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde nos modelos de solicitude que figuran como anexos xunto coa documentación e no prazo establecido para cada tipo de programa.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do formulario normalizado dispoñible na dita sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

5. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención de ser persoa beneficiaria dela.

6. Ao ser válida unha única solicitude por persoa en cada un dos programas que recolle esta convocatoria, no caso de que algunha persoa presentara unha nova solicitude entenderase que desiste da anterior, salvo que xa estivese resolta favorablemente. No caso das sociedades só se poderá presentar unha única solicitude por sociedade, e igualmente, no caso de que se presenten dúas ou máis solicitudes, entenderase que desiste da anterior, salvo que xa estivese resolta favorablemente.

7. De ser o caso, no anexo I de cada procedemento vén recollida unha declaración responsable da persoa solicitante, de obrigatorio cumprimento, onde manifestará:

a) Declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis. Ou, de ser o caso, de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.

b) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Que non foi excluído/a do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46.2 do texto refundido da lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba a o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións no orde social.

g) Que coñece que as axudas solicitadas no Programa I desta orde están cofinanciadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 nun 60 %.

h) Que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

i) Que coa presentación da axuda acepta a subvención e as obrigas reguladas nesta orde.

j) Que cumpre todos os requisitos necesarios para a concesión e o pagamento destas axudas e que no caso de ser beneficiaria das axudas aplicará esta aos gastos subvencionables.

k) De ser o caso, que ten presentado ante o rexistro correspondente ou ben aprobadas pola Asemblea Xeral, segundo corresponda as contas anuais do último exercicio.

l) De ser o caso, que a entidade solicitante cumpre cos criterios de definición de PEME, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

8. Enténdese que a persoa solicitante desiste da solicitude cando causa baixa no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade, en data anterior á resolución de concesión da axuda. A persoa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano ao que solicitou a axuda.

Documentación complementaria para o Programa IV.

1. As persoas ou entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I.4) a seguinte documentación complementaria:

a) Cando se actúe mediante representación, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada. Quedan excepcionadas de dita representación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia.

b) Información da persoa que transmite o negocio (anexo III.4).

c) Plan de negocio segundo o modelo do anexo IV.4, acompañado dun informe de valoración emitido por calquera das asociacións de persoas profesionais autónomas máis representativas de Galicia con as que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración establecera o correspondente acordo de colaboración a tal efecto, ou por calquera dos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Galicia.

d) Cando estea formalizada a transmisión, contrato de remuda elevado a escritura pública, no que figure descrición detallada dos elementos que forman parte do traspaso.

e) No caso de que non estivese formalizada a transmisión mediante contrato de remuda elevado a escritura pública, acordo de transmisión do negocio ou actividade asinado polas dúas partes implicadas, con indicación do prezo total do traspaso e descrición detallada dos elementos que forman parte do traspaso así como que o traspaso ve derivado de remuda xeracional, incapacidade ou falecemento, segundo o caso.

f) Censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037).

g) Certificado de situación censal do negocio que se traspasa ou calquera outro documento que acredite a antigüidade do negocio.

h) Se for o caso, resolución da incapacidade total ou absoluta, ou gran invalidez, ditada polo órgano competente, no caso de remuda por incapacidade da persoa traballadora transmisora.

i) Se for o caso, documentación xustificativa da herdanza, no caso da transmisión do negocio por parte das persoas herdeiras por falecemento da persoa traballadora autónoma dona do negocio:

j) Se for o caso, documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e, ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.

k) Se for o caso, certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.

l) Se for o caso, contrato ou documento de creación da comunidade de bens, sociedade civil ou entidades sen personalidade xurídica, onde conste a porcentaxe de participación das persoas socias ou comuneiros.

m) Se for o caso, documento cos compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarias, para agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica.

n) Se for o caso, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio, con indicación dos períodos de alta na mutualidade, que presupoña ou non, o exercicio de actividade, para as persoas mutualistas.

ñ) No caso de que o negocio que se traspasa teña máis de 5 persoas traballadoras, Informe de vida laboral do código de cotización correspondente ao mes anterior á transmisión do negocio.

o) Documentación xustificativa da axuda sinalada no artigo 54, cando se dispoña dela.

p) Documentos acreditativos das condicións necesarias para que o contrato sexa subvencionable, no caso de que as persoas solicitantes se opuxeran á comprobación dos datos.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento o órgano xestor da axuda consultará automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa ou entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, se é o caso.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante, se é o caso.

e) Datos de residencia con data da última variación padroal da persoa solicitante, se é o caso.

f) Inscrición na Bolsa de remuda da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego .

g) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Tesourería Xeral da Seguridade Social, para os efectos de obter subvencións.

h) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia para os efectos de obter subvencións.

i) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, para os efectos de obter subvencións.

j) Consulta concesións pola regra de minimis.

k) Consulta concesións de subvencións e axudas.

l) Consulta inhabilitación para obter subvencións e axudas.

m) Certificado do domicilio fiscal e centro de traballo en Galicia.

n) Consulta da alta no imposto de actividades económicas da persoa solicitante (IAE).

ñ) Consulta de alta no RETA.

Igualmente, comprobaranse os seguintes datos da persoa que transmite o negocio:

a) DNI ou NIE da persoa que transmite o negocio.

b) Vida laboral dos últimos 12 meses da persoa que transmite o negocio.

c) Informe de vida laboral do código de cotización correspondente ao mes da transmisión do negocio e o seguinte, no caso de que o negocio que se traspasa teña máis de 5 persoas traballadoras.

d) Baixa no IAE (Imposto de Actividades Económicas).

2. No caso de que as persoas ou entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa ou entidade interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas ou entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R) (DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2025).

    • Extracto da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R) (DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2025).

    • Corrección de erros. Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R) (DOG nº 28 do 11 de febreiro de 2025).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE621F

Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano