Guía de procedementos e servizos

VI406E

Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025 - Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59

Convocar o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas, previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, coa finalidade de financiar actuacións ou obras de mellora da eficiencia enerxética nas vivendas, para a anualidade 2025, con carácter plurianual.

Persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas, sempre que constitúan o seu domicilio habitual e permanente no momento de solicitar a axuda. Dita circunstancia acreditarase mediante certificación ou volante de empadroamento.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central, s/n - Polígono de Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881045897

Email: rehabilitacionenerxetica@xunta.gal

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: ABERTO

08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, o cal comeza a contar unha vez transcorridos cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día en que se inicie a presentación de solicitudes. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Non obstante o anterior, se antes da finalización do devandito prazo se esgota o crédito orzamentario previsto nesta convocatoria, terase por rematado o prazo de presentación de solicitudes nesa data. O dito esgotamento será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

1. Ao abeiro dos artigos 41 e 42 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas, sempre que constitúan o seu domicilio habitual e permanente no momento de solicitar a axuda. Esta circunstancia acreditarase mediante certificación ou volante de empadroamento.

2. As persoas beneficiarias das axudas poderán facultar e autorizar, mediante o correspondente acordo, que un axente ou xestor da rehabilitación actúe por conta delas. O axente ou xestor da rehabilitación é aquela persoa física ou xurídica, ou entidade pública ou privada, que poida realizar actuacións de impulso, seguimento, xestión e percepción de axudas públicas, mediante mecanismos de cesión do dereito de cobramento ou similares, acceso ao financiamento, elaboración de documentación ou proxectos técnicos ou outras actuacións necesarias para o desenvolvemento das actuacións subvencionables, ao abeiro do artigo 8 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

3. As persoas beneficiarias e, de ser o caso, o axente ou xestor da rehabilitación que actúe por conta delas destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que se incorpora na presente resolución como anexo I.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. No modelo de solicitude constan como de obrigada consignación os seguintes campos: os datos da vivenda onde se realizan as actuacións de mellora de eficiencia enerxética, a referencia catastral, os datos dos certificados de eficiencia enerxética no seu estado actual e o previsto tras a realización das actuacións, o investimento total, o custo subvencionable, a contía da axuda solicitada, así como a anualidade prevista de finalización da execución.

3. No modelo de solicitude deberán realizarse as seguintes declaracións:

a) Declaración responsable de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales é a súa contía.

b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que solicite ou lle sexa concedida para esa mesma finalidade, con indicación da súa contía e do organismo concedente.

c) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, agás a da letra e) dos ditos artigos, relativa á obriga de encontrarse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social.

d) Declaración responsable de que están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade cos artigos 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

e) Que as obras non se iniciaron antes do 1 de febreiro de 2020 nin están rematadas no momento da publicación desta convocatoria no DOG.

f) Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nas bases reguladoras e na convocatoria deste programa.

g) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe en nome da persoa física solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos

b) Escritura pública, certificado, nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade da propiedade ou do usufruto da vivenda, no caso de que a solicitante sexa una persoa física que non conste como titular catastral.

c) Contrato de alugamento da vivenda, no caso de que a vivenda non sexa o domicilio habitual e permanente da persoa propietaria ou usufrutuaria solicitante.

d) Contrato de alugamento da vivenda e autorización da persoa arrendadora para realizar as actuacións, no caso de que a persoa solicitante sexa arrendataria.

e) Proxecto da actuación que se vai realizar, subscrito por persoa técnica titulada competente ou, de ser o caso, memoria xustificativa da actuación, que deberán contar coa conformidade da persoa beneficiaria. A documentación mínima desta memoria será a descrición e a xustificación do cumprimento dos requisitos, orzamento desagregado e planos que definan completamente a actuación. Así mesmo, incluirá a contía da actuación subvencionada e da axuda solicitada.

f) Certificado de eficiencia enerxética da vivenda do seu estado final, considerando executadas as actuacións previstas, realizado co mesmo programa recoñecido de certificación que o utilizado para o Certificado de eficiencia enerxética do seu estado actual ou previo á intervención, subscrito por técnico/a competente, en que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos para a obtención da axuda. Con este certificado xuntaranse os arquivos de cálculo (.xml, .cee ou .hee, etc.) xerados polo programa utilizado para a súa elaboración.

g) Licenza, solicitude de licenza ou comunicación previa, segundo proceda, onde se describa a actuación para a cal se solicita a axuda.

h) No suposto de que o importe correspondente aos custos elixibles da actuación supere a contía de 40.000 euros en obras e/ou 15.000 euros en servizos ou subministracións para o mesmo contratista ou provedor, copia de tres orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 31.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme os criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

i) Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, de todos os elementos obxecto da axuda antes da actuación.

j) Anexo II, comprobación de datos da persoa que ten o seu domicilio habitual e permanente na vivenda obxecto das actuacións subvencionables, no suposto de que sexa distinta da persoa solicitante da subvención.

k) Documento acreditativo do correspondente acordo coa persoa propietaria, usufrutuaria ou arrendataria interesada na subvención, no suposto de actuar por medio dun axente ou xestor de rehabilitación.

l) Anexo III, de declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido establecido no número 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

m) Anexo IV, de declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puideren afectar o obxecto de xestión e de cesión e tratamento de datos en relación coa execución e actuacións do PRTR.

n) Anexo V, de declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI) en relación coa execución e actuacións do PRTR.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, excepto que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

3. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

Forma de presentación da documentación complementaria

1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa ou entidade interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número do expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento e para cumprir coa obriga da identificación do perceptor final prevista no artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, excepto que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (en diante, NIE) da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa usufrutuaria e/ou arrendataria.

b) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) Número de identificación fiscal (en diante, NIF) da entidade representante, de ser o caso.

d) Estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) para subvencións e axudas, coa Seguridade Social e/ou coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante, no momento do pagamento da subvención.

e) Consulta de datos de residencia con data da última variación do padrón da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa usufrutuaria e/ou arrendataria.

f) Certificado catastral de titularidade correspondente á persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa usufrutuaria.

g) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda en que se van levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso.

h) Consulta de bens inmobles.

i) Certificado de eficiencia enerxética da vivenda no seu estado actual, co contido requirido no Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, asinado por un/unha técnico/a competente e inscrito no RGEEE.

j) Consulta de subvencións e axudas.

k) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas ou ás entidades interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de abril de 2025 pola que se convoca o Programa de axudas ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025, con carácter plurianual (DOG nº 81 do 29 de abril de 2025).

    • Extracto da Resolución do 22 de abril de 2025 pola que se convoca o Programa de axudas ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025, con carácter plurianual (DOG nº 81 do 29 de abril de 2025).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE nº 61, do 10 de marzo de 2018).

    • Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 239 de 6 de outubro de 2021).

    • Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Aluguer Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 (BOE nº 16, do 19 de xaneiro de 2022).

    • Corrección de erros do Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Aluguer Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 (BOE nº 72, do 25 de marzo de 2022).

    • Real Decreto 903/2022, do 25 de outubro, polo que se modifican o Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Aluguer Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, así como o Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e o Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 257 do 26 de outubro de 2022).

    • Corrección de erros do Real Decreto 903/2022, do 25 de outubro, polo que se modifican o Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Alugueiro Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, así como o Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e o Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 276, do 17 de novembro de 2022).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI402B

Programa "Avais para a adquisición de vivenda".

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59

VI406I

Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción

Tramitar en liña

Prazo aberto: 02/06/2025 00:00 - 15/10/2025 23:59